Pasar al contenido principal

Seminario de Futuros Urbanos

Relatorio 'Cartografías emocionais para un deseño inclusivo', a cargo de Núria Font Casaseca

23.10.2025 | 19.30h
Estudantado diante da Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite
Estudantado diante da Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite

A primeira sesión deste primeiro semestre do curso 2025-2026 do Seminario de Futuros Urbanos desenvolverase este xoves 23 de outubro, ás 19.30, na Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Xeografía e Historia. Nesta ocasión, contarase coa presenza de Núria Font Casaseca, que pronunciará a conferencia 'Cartografías emocionais para un deseño inclusivo'. A seguir, terá lugar un debate aberto arredor do relatorio. 

Núria Font Casaseca é profesora leitora no Departamento de Xeografía de la Universitat de Girona. Licenciada en Xeografía (UB) e Arquitectura (UPC), ontivo un mestrado en Arquitectura e Patrimonio Histórico (Universidad de Sevilla-IAPH) e é doutora en Xeografía pola Universitat de Barcelona. A súa traxectoria como urbanista e investigadora centrouse no estudo das desigualdades urbanas, así como no desenvolvemento dun enfoque cualitativo, interseccional e multiescalar aplicado ás prácticas cartográficas e aos Sistemas de Información Xeográfica (SIX), onde aborda tanto a súa dimensión teórica como metodolóxica. 
 

Cartel do relatorio
Cartel do relatorio
Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.10.2025.