Pasar al contenido principal

Seminario 'Itinerarios Culturais e Contornas Inmersivas. Fronteiras para a Innovación Tecnolóxica, Psicoambiental e Turístico-Patrimonial'

24.11.2025 | 11.00h

Santiago de Compostela
Sala de Profesorado

Detalle do cartel
Detalle do cartel

Nun contexto de crecente dixitalización e demanda por experiencias máis inmersivas, o turismo cultural atópase ante a oportunidade de integrar tecnoloxías emerxentes e realidade virtual para enriquecer os seus itinerarios. Incorporando elementos lúdicos, psicolóxicos, educativos e de participación, estes novos modelos atraen a públicos novos, presentando un alto potencial para transformar a experiencia turística e a súa relación e interpretación co patrimonio.  

Desta premisa parte unha proposta de investigación interdisciplinar na USC que se presentará o vindeiro luns 24 de novembro na Facultade de Xeografía e Historia: “Itinerarios Culturais e Contornas Inmersivas. Fronteiras para a Innovación Tecnolóxica, Psicoambiental e Turístico-Patrimonial”. A conversa xirará arredor do fusionamento do patrimonio territorial e as contornas virtuais, co obxectivo de explorar e avaliar o uso das tecnoloxías inmersivas e as súas posibilidades como ferramenta innovadora para o deseño, a comunicación, a promoción e a difusión de Itinerarios Culturais Virtuais (ICV), con énfase no seu impacto experiencial e comunicativo.  

O seminario será presentado pola secretaria do departamento de Xeografía, María de los Ángeles Piñeiro, e nel intervirán os principais investigadores: a directora do Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR) e investigadora do Grupo de Análise Territorial (ANTE), Lucrezia López; o director técnico de VIRTUS (Plataforma para a Investigación Virtual da USC), Roi Méndez; e a coordinadora do grupo de investigación ULTRAMAR da USC, María del Mar Durán.

Pola tarde e tralas conferencias, realizarase un workshop sobre platós virtuais e experiencias inmersivas. A inscrición para asistir ao seminario realizarase na seguinte ligazón: 
https://forms.cloud.microsoft/e/mCknCBwTFm?origin=lprLink

 

Cartel do seminario
Cartel do seminario
Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.11.2025.