Pasar al contenido principal

Conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

25.11.2025

12.00 horas. Edificio Intercentros (Lugo)
13.00 horas. Praza do Obradoiro (Santiago)

A USC, coas vítimas da violencia de xénero
A USC, coas vítimas da violencia de xénero

A Universidade de Santiago de Compostela conmemorará o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres o 25 de novembro nun acto que se desenvolverá nos campus de Lugo e Santiago.

En Lugo, ás 12.00 horas no Edificio Intercentros terá lugar a lectura do Manifesto 25N da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU) e a representación da performance ‘Demasiado’.

No Campus de Santiago, o acto será ás 13.00 horas na Praza do Obradoiro coa lectura do mesmo manifesto, tras a que a estudante de doutoramento da Facultade de Filosofía Cruz Fernández González dará conta das vítimas de violencia de xénero e de violencia vicaria deste último ano. A continuación gardarase un minuto de silencio.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.11.2025.