Pasar al contenido principal

‘Biografías lingüísticas e transmisión do galego: unha mirada crítica’

29.11.2025 | 10.00h-20.00h
Detalle do cartel
Detalle do cartel

O Instituto de Lingua Galega (ILG) da USC organiza o 29 de novembro, na Facultade de Filoloxía, o curso ‘Biografías lingüísticas e transmisión do galego: unha mirada crítica’, dirixido a profesorado de primaria e secundaria, así como ao público interesado na educación lingüística e na realidade sociolingüística galega. Organizado tamén polo grupo de investigación MetalingüísTICa da USC, o curso desenvolverase ao longo de toda a xornada, de 10.00 a 20.00 horas, e propón un espazo de reflexión crítica e traballo colaborativo centrado na análise da transmisión interxeracional do galego e na incorporación da lingua ás biografías lingüísticas do estudantado. 

Gabriela Prego Vázquez e Luz Zas Varela da USC, así como Celtia Rey Brandón do IES Antón Alonso Ríos, abordarán diversos enfoques teóricos e presentarán materiais didácticos e actividades prácticas orientadas á valorización dos repertorios lingüísticos e ao desenvolvemento dunha docencia inclusiva e transformadora. Inscricións Esta actividade forma parte da oferta formativa do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) para o curso académico 2025/2026. O profesorado pode formalizar a súa inscrición no web de edu.xunta, mentres que o público xeral pode facelo a través dun formulario en liña

Cartel do certame
Cartel do certame
Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.11.2025.