Pasar al contenido principal

IV Convocatoria de Premios a Teses de Doutoramento en Educación 2025

Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Co obxectivo de contribuír ao recoñecemento daquelas teses de doutoramento en Educación feitas no marco dos programas nos que participa profesorado e/ou grupos de investigación do departamento de Pedagoxía e Didáctica, o 18 de novembro foi publicada a convocatoria dos IV Premios a Teses de Doutoramento en Educación 2025, dirixida a todos os traballos que foron presentados entre o día 11 de decembro de 2024 e o 10 de decembro de 2025.
Todas as persoas que cumpran cos seguintes requisitos: tese defendida na USC entre o día 11 de decembro de 2024 e o 10 de decembro de 2025, cualificación da tese de “sobresaliente Cum Laude”, director/a adscrito/a as áreas do Departamento de pedagoxía e Didáctica, poden presentar as súas solicitudes para o premio ata o día 15 de decembro de 2025.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.11.2025.