Pasar al contenido principal

A USC é a sétima mellor universidade de España pola súa contribución á ciencia interdisciplinaria

A ciencia interdisciplinaria refírese á integración de coñecementos, tradicións e procesos de múltiples disciplinas científicas. FOTO: Santi Alvite
A ciencia interdisciplinaria refírese á integración de coñecementos, tradicións e procesos de múltiples disciplinas científicas. FOTO: Santi Alvite
O Interdisciplinary Science Rankings (ISR) 2026 sitúa tamén a Universidade de Santiago de Compostela no intervalo 201-250 do mundo
Lugo, Santiago de Compostela

A edición 2026 do Interdisciplinary Science Rankings (ISR) que por segundo ano elabora Times Higher Education (THE) destaca a contribución da USC á ciencia interdisciplinaria. Deste xeito, a Universidade de Santiago de Compostela ocupa o sétimo posto a nivel estatal, de entre as 24 institucións académicas de España que lograron entrar na clasificación, e o 201-250 de entre as 911 universidades do mundo presentes neste ránking. 

A ciencia interdisciplinaria refírese á integración de coñecementos, tradicións e procesos de múltiples disciplinas científicas. Pode involucrar a múltiples especialistas que colaboran entre si en diferentes disciplinas pero tamén pode referirse a unha única persoa que aborda unha cuestión científica dende múltiples disciplinas. 

O ISR obtén as puntuacións en base a tres piares: inputs (ingresos recibidos por investigación realizada en ciencia interdisciplinaria, 19%), proceso (as facilidades que cada institución outorga para o desenvolvemento deste tipo de investigación, 16%), e outputs (o impacto deste tipo de ciencia en base a publicacións, utilidade ou reputación, entre outros aspectos, 65%). A edición 2026 desta listaxe incorpora institucións dun total de 94 países ou territorios. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.11.2025.