Pasar al contenido principal

Sesión informativa sobre as axudas do programa Principia para a contratación de profesionais en actividades de I+D+i

O vindeiro 6 de xuño na Escola Técnica Superior de Enxeñaría terá lugar un obradoiro informativo sobre o programa Principia de axudas para a contratación de profesionais en actividades de I+D+i, impulsado pola Consellaría de Economía, Emprego e Industria.

O obxectivo do encontro é dar a coñecer ás empresas, universidades, centros de coñecemento e titulados/doutorados universitarios os requisitos e características deste programa, resolver as dúbidas e establecer un espazo de networking para o contacto entre profesionais e entidades co obxecto de estimular a contratación no eido da investigación, o desenvolvemento e a innovación en Galicia.

As persoas interesadas deberán confirmar a súa asistencia antes do 2 de xuño vía enderezo electrónico (nuria.rey [at] usc.es (nuria[dot]rey[at]usc[dot]es) ou charo.garcia [at] usc.es (charo[dot]garcia[at]usc[dot]es)) ou por teléfono (881812839, 881812851 ou 881812838).

O obradoiro comezará ás 10.00 horas e nel intervirán a xefa do departamento de Servizos e Observatorio da Innovación (GAIN), Teresa Bernal Cortegoso, e a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, Mª Dolores Álvarez Pérez. A continuación terá lugar un café de traballo en equipo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.05.2016.