Pasar al contenido principal

Solidariedade Galega co Pobo Saharauí ofrece este martes un relatorio na Facultade de Humanidades

Cartaz da sesión
Cartaz da sesión

O educador social e colaborador da organización non gobernamental Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Jorge Rodríguez Doutón, ofrecerá este martes, ás 11.30 horas, no salón de graos da Facultade de Humanidades, un relatorio co título ‘40 anos de esquecemento nos campamentos de refuxiados de Tindouf (1976-2016)’.

O obxectivo desta actividade de divulgación, promovida polo Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC a través da súa Oficina de Voluntariado, pasa por dar a coñecer á comunidade universitaria a preocupación existente polo futuro do Sáhara Occidental. Incrementar o número de familias de acollida adheridas ao programa ‘Vacacións en Paz’, unha iniciativa humanitaria na que familias galegas se converten en familias de acollida de nenos e nenas saharauís nos meses de xullo e agosto, é outro dos cometidos que pretende este colaborador da ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. De feito, ademais da súa intervención na Facultade de Humanidades, Jorge Rodríguez tamén tratará esta mesma temática o xoves 5 de maio, na residencia universitaria Jesús Bal y Gay, no marco dun coloquio que se desenvolverá a partir das 21.00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.05.2016.