Pasar al contenido principal

Presentación en Humanidades dun curso de verán da USC sobre o impacto da prensa local no tecido social e político

Caraz do curso de verán da USC sobre prensa local
Caraz do curso de verán da USC sobre prensa local

A decana da Facultade de Humanidades do campus Terra da USC, María Isabel González Rey, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a deputada provincial delegada das áreas de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, presentarán este xoves 12 de maio, ás 12.00 horas, no salón de graos da Facultade de Humanidades o curso de verán da USC titulado ‘O impacto da prensa local na configuración do tecido social e político. O caso de la Voz de Ortigueira’. Este programa formativo, incluído na Universidade de Verán da USC 2016 e dirixido pola profesora González Rey e Xosé López García, desenvolverase do 2 ao 4 de xuño nas instalacións da Facultade de Humanidades de Lugo, así como no centro de maiores Afundación de Viveiro e na Fundación Ortegalia, no Concello de Ortigueira.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.05.2016.