Pasar al contenido principal

Un estudo sobre Valente co dirixido por Rodríguez Fer acada o premio á mellor tese de doutoramento de Humanidades en Italia

Rodríguez Fer e Pietro Travacci, con Elsa Paredes, autora da tese sobre Valente premiada en Italia
Rodríguez Fer e Pietro Travacci, con Elsa Paredes, autora da tese sobre Valente premiada en Italia

A investigación de doutoramento desenvolvida pola italiana Elsa Paredes Bertagnolli baixo o título ‘Os camiños ecfrásticos da palabra ao borde da vista: Valente, Durero e o «ovillo negro» de ‘ Interior con figuras’ e dirixida polo profesor na Facultade de Humanidades e director da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, Claudio Rodríguez Fer, e polo director do Departamento de Lingüística e Filoloxía da Universidade de Trento, Pietro Taravacci, vén de ser galardoada co premio á mellor tese de doutoramento presentada no último ano académico na Escola de Doutoramento en Estudos Humanísticos da devandita universidade italiana.

A doutora Elsa Paredes Bertagnolli, autora de diversas publicacións e que coa súa tese de doutoramento realizou unha importante contribución ao estudo de Valente e á relación entre arte e poesía, recollerá este galardón o vindeiro sábado, no marco dunha cerimonia que se celebrará na Praza Duomo de Trento.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.05.2016.