Pasar al contenido principal

Relacións Laborais mantén aberto o prazo de inscrición en dous cursos de Xestión Contable e Xestión Laboral

A Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo mantén aberto o prazo de matrícula nos curso de Xestión Laboral e Xestión Contable que se impartirán no devandito centro universitario lugués ao longo do segundo semestre deste curso 2013-14.

O curso de Xestión Contable, un módulo formativo estruturado en 30 horas de duración, desenvolverase do 10 ao 28 de marzo, en horario de 12.00 a 14.00 horas. A inscrición neste curso estará aberta ata o 28 de febrerio na secretaría da escola universitaria. O prazo de matrícula no curso de Xestión Laboral, que se celebrará do 21 de abril ao 13 de maio, en horario de 12.00 a 14.00 horas, pechará o 28 de marzo. O número de prazas ofertadas para cada un dos cursos, dirixidos a estudantes universitarios e abertos tamén ao público en xeral, é de 40 euros. As persoas interesadas en completar calquera destes dous programas foramtivos terán que pagar unha cuota de inscrición de 65 euros. Para solicitar máis información pódese chamar ao número de teléfono 982 824 801 ou enviar unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico josefina.bergantinos [at] usc.es (josefina[dot]bergantinos[at]usc[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.02.2014.