Pasar al contenido principal

A actualización da normativa de Seguridade Social centra este martes unha xornada divulgativa en Relacións Laborais

A escola universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo acubillará este martes, día 30 de setembro, a xornada divulgativa ‘Actualización da normativa de Seguridade Social. Medidas de fomento do emprego e a ocupación do real decreto lei 8/2014, de 4 de xullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competencia e a eficiencia, e real decreto 625/2014 do 18 de xullo’.

Esta xornada divulgativa, organizada en colaboración con MC Mutual e o Colexio de Graduados Sociais de Lugo, desenvolverase en quenda de tarde, de 17.30 a 19.30 horas, no salón de actos da escola universitaria de Relacións Laborais de Lugo. A directora da escola de Relacións Laborais, Mercedes Montes Rodríguez, e Verónica Lama del Corral, responsable de MC Mutual en Lugo, abrirán a sesión nun acto de benvida aos participantes. De seguido, terá lugar o relatorio central do acto, a cargo de Antonio Benavides Vico, inspector de Traballo e Seguridade Social. O presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo e director de MC Mutual en A Coruña e Lugo, Luis Grien Díaz, será o encargado de pechar a xornada. As persoas interesadas en participar nesta sesión divulgativa e de formación aínda poden formalizar a súa inscrición a través dos enderezos de correo electrónico graduadoslugo [at] yahoo.es (graduadoslugo[at]yahoo[dot]es) ou tgonzalez [at] mc-mutual.com (tgonzalez[at]mc-mutual[dot]com). Para obter máis información tamén se pode chamar aos números de teléfono 982 211 503 e 982 247 042.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.09.2014.