Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Lenguas de uso Castellano, Gallego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primer semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
Cun enfoque histórico e filosófico, nesta materia exponse os avances máis importantes na comprensión do cosmos na época moderna: a estrutura do sistema solar, a fusión nuclear no interior das estrelas, a teoría da relatividade de Einstein e a expansión do universo, a teoría do big-bang e a radiación de fondo cósmico de microondas, a inflación cósmica, a materia e a enerxía escuras, a evolución do universo, o multiverso... e, por suposto, a posíbel existencia doutros mundos habitados.
Os seus obxectivos son:
- Comprender algúns dos fenómenos extraordinarios que ocorren no universo
- Coñecer cal é na actualidade a nosa concepción de universo
- Contribuír á formación dunha cultura científica crítica e libre de conceptos pseudocientíficos
1. Da revolución astronómica á estrutura do sistema solar
2. As forzas que moven o mundo: a enerxía das estrelas
3. A teoría da relatividade
4. A expansión do universo
5. Grandes estruturas no universo observábel
6. Materia e enerxía escuras
7. Modelos cosmolóxicos
8. A descuberta doutros mundos... habitados?
1. ALTSCHULER, Daniel, 2015. Hijos de las estrellas. Nuestro origen, evolución y futuro. Madrid: Ediciones Akal. ISBN 978-84-4604-180-1
2. CARROLL, Sean, 2021. Desde la eternidad hasta hoy. Madrid: Editorial Debate. ISBN 978-8418056789
3. GALFARD, Christophe, 2016. El universo en tu mano. Un viaje extraordinario a los límites del tiempo y el espacio. Barcelona: Blackie Books. ISBN 978-84-16290-62-8
4. GREENE, Brian. 2023. El tejido del cosmos: espacio, tiempo y la textura de la realidad. Barcelona: Booket. ISBN 978-8408279365
5. HAWKING, Stephen e Leonard MLODINOW, 2013. El gran diseño. Barcelona: Booket. ISBN 978-8408119203
6. KOESTLER, Arthur, 1986. Los sonámbulos. El origen y desarrollo de la cosmología. Barcelona: Salvat. ISBN 84-345-8425-5
7. KRAGH, Helge, 2008. Historia de la cosmología. De los mitos al universo inflacionario. Barcelona: Editorial Crítica. ISBN 978-84-8432-769-1
8. LANDAU, Lev e Yuri RUMER, 2011. ¿Qué es la teoría de la relatividad? Madrid: Ediciones Akal. ISBN 978-84-7600-233-9
9. LOZANO, Manuel, 2016. El cosmos en la palma de la mano. Del Big Bang a nuestro origen en el polvo de estrellas. Madrid: Editorial Debolsillo. ISBN 978-8499081182
10. MAYOR, Michel e Pierre-Yves FREI, 2006. Los nuevos mundos del cosmos. En busca de exoplanetas. Madrid: Ediciones Akal. ISBN 978-84-460-2257-2
11. ROVELLI, Carlo, 2015. La realidad no es lo que parece. La estructura elemental de las cosas. Barcelona: Tusquets. ISBN 978-84-9066-190-1
12. SAGAN, Carl, 2000. El mundo y sus demonios. La ciencia como una luz en la oscuridad. Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 84-08-03515-0
13. SMOLIN, Lee, 2020. La revolución inacabada de Einstein: más allá de la física cuántica. Barcelona: Ediciones de Pasado y Presente. ISBN 978-8412138337
14. SUSSKIND, Leonard, 2007. El paisaje cósmico. Teoría de cuerdas y el mito del diseño inteligente. Barcelona: Editorial Crítica. ISBN 978-8484329008
15. TEGMARK, Max, 2017. Nuestro universo matemático. Barcelona: Antoni Bosch. ISBN 978-8494107603
16. VILENKIN, Alex, 2009. Muchos mundos en uno. La búsqueda de otros universos. Barcelona: Alba. ISBN 978-84-8428-450-5
- Aulas expositivas asistidas con material multimedia e exposición dialogada dos temas
- Análise e comentario de novas sobre astronomía
Ao finalizar o curso cada estudante terá unha cualificación en función da súa asistencia conforme ao que se detalla na seguinte táboa:
---------------------------------------
Asistencia (horas) | Cualificación
---------------------------------------
Menos de 15 | Non presentada/o
15-18 | 5,0
19-21 | 6,0
22-24 | 7,0
25-27 | 8,0
28-30 | 9,0
---------------------------------------
Esta cualificación podería verse incrementada, tendo en conta a participación da/o estudante nas aulas, até un máximo de 1 punto.
MATRÍCULA. Non se recomenda matricularse desta materia sen ter superado a materia Astronomía en anos académicos anteriores.
ASISTENCIA A CLASE. Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI. É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS. É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL. Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE. Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS. No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Manuel Andrade Baliño
Coordinador/a- Departamento
- Matemática Aplicada
- Área
- Astronomía y Astrofísica
- Teléfono
- 982823319
- Correo electrónico
- manuel.andrade [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doctor