Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Lenguas de uso Castellano, Gallego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
INTRODUCIÓN:
Este OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á ESCRITURA CREATIVA está destinado a calquera persoa que queira achegarse por primeira vez a un obradoiro de escritura creativa e gozar da arte de compoñer relatos. O obradoiro está pensado para quen lle guste ler e lle apeteza escribir, para quen se lle ocorran historias en todas partes e vexa personaxes na xente que se cruza na súa vida. Tamén para aquelas persoas que queiran entender como están feitos os relatos, os contos, as novelas, os poemas, as obras de teatro, as biografías etc. por dentro ou para aquelas que non escriben porque non saben como desafiar un folio en branco porque tamén se pode aprender a escribir, coñecendo certas técnicas e chamaremos á porta da imaxinación, da memoria e da experiencia lectora.
1. Ofrecer no ámbito do ensino universitario un Obradoiro de iniciación á escritura creativa, que vai contribuír a mellorar a escritura de ficción do alumnado.
2. Aínda que o curso é teórico e práctico, será obxectivo prioritario estimular a creatividade literaria e a adquisición de competencias e destrezas específicas na creación de textos de varios xéneros, predominantemente, o narrativo.
TEMA 1. COMO ENFRONTARSE AO FOLIO EN BRANCO: bloqueo do escritor, algunhas técnicas sobre como planear e comezar un relato, a escritura automática, o binomio fantástico, a metonimia trenzada, o método da hipótese, o plaxio creativo, a memoria literaria etc..
TEMA 2. A FORMA DOS TEXTOS LITERARIOS: a distribución dos parágrafos, a oración literaria, os conflitos narrativos, os comezos e os finais, os estilos, como construir unha atmosfera, a sonoridade do texto, a poética a través das imaxes, o ton e o estilo.
TEMA 3. A CREACIÓN DE PERSONAXES.
TEMA 4. O PUNTO DE VISTA DA NARRACIÓN: a voz narradora, as voces do texto, os tipos de narradores, a distancia e a perspectiva, os diálogos e os monólogos, o monólogo interior.
TEMA 5. O CONCEPTO DE TEMPO.
TEMA 6. O CONCEPTO DE ESPAZO
TEMA 7. COMO PULIR UN TEXTO PARA A SÚA EDICIÓN.
Hai moitos libros sobre a arte de escribir. Deixo aquí só unha primeira selección.
Bradbury, R. (1998). Zen en el arte de escribir. Minotauro.
Blanco, S. (2018). Autoficción. Una ingeniería del yo.
Cassany, D. (1995). La cocina de la escritura. Anagrama.
Codes, M.J. (2013). Intriga y suspense. El gancho invisible. Alba
Gardner, J. (2001). Para ser novelista. Taller Escritura Fuentetaja.
Goldberg, N. (2003) El gozo de escribir. El arte de la escritura creativa. La liebre de marzo.
Highsmith, P. (2003). Suspense: cómo se escribe una novela de intriga. Anagrama.
Kohan, S.A. (1998) . Cómo lo reescribo. Grafein Ediciones.
Magrinyà, L. (2015). Estilo rico, estilo pobre. Debate.
Prose, F. (2007). Cómo lee un buen escritor: técnicas de lectura de los grandes maestros. Grupo Planeta.
Queneau, R. (2009). Ejercicios de estilo. Cátedra.
Steele, A. (2012). Escribir ficción. Alba.
Vargas Llosa, M. (2016). Cartas a un joven novelista. Alfaguara.
VVAA (2020). Escribir cuento. Páginas de la espuma.
Zapata, A. (1997). La práctica del relato. Talleres Fuentetaja.
Ser capaz dunha maneira máis consciente de recoñecer e crear os mecanismos que interveñen en toda ficción.
O curso responde a unha parte expositiva e a unha parte práctica na que o alumnado poderá desenvolver os seus propios textos literarios.
Cada semana explicaranse os diferentes temas e o alumnado escribirá un breve texto que reflicta aspectos dos conceptos aprendidos. Os traballos compartiranse na aula e tamén se darán indicacións para unha posible mellor redacción e resolución. Entregaranse para a lectura na casa algúns textos e recomendaranse libros de lectura.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
1. Avaliación continua: participación na clase, traballos prácticos realizados ao longo do curso.
2. Traballo de fin de curso.
Dedicarase un tempo na casa á composición e creación dos traballos solicitades, que non superará as dúas horas semanais, así como á lectura dalgún aspecto do contido.
Gozar coa lectura e escritura da ficción en xeral.
Ánxela Rodríguez Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- anxelarodriguez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h