El Hospital Psiquiátrico de Conxo del CHUS brinda la posibilidad de realizar labores de voluntariado con pacientes y familiares en diferentes programas educativos, recreativos, deportivos y de dinamización cultural.
Escola de Adultos
Impartir clases a persoas ingresadas no Hospital Psiquiátrico. Grupos de 9 alumnas/os como máximo.
- Horario: luns, de 17 a 19 h. (un grupo cada hora)
- Prazas: (COMPLETO)
Programa Amig@s
Realizar acompañamentos na comunidade con persoas con enfermidade mental.
- Horario: un día a escoller en horario de mañá ou tarde en función da persoa voluntaria.
- Prazas: 3
Creatividade Artística
Axudar ás/aos participantes da actividade impartida por unha voluntaria da Asociación Itínera a expresa-lo seu mundo interior.
- Horario: mércores, de 17 a 19 h.
- Prazas: (COMPLETO)
Roupeiro
Acompañar a un grupo de oito ususarias/os para axudar no Roupero que a Asociación Acougo ten moi preto do Hospital Psiquiátrico na Rúa Sánchez Freire. Son tarefas moi sinxelas: selección das prendas recibidas, dobrado e clasificación de toda a roupa que doa a xente para despois darlla ás familias que o precisen.
- Prazas: 2
- Horario: venres, de 11:45 a 12:45 h.