Iniciativa de voluntariado en saúde mental
O Hospital Psiquiátrico de Conxo do CHUS brinda a posibilidade de realizar labores de voluntariado con pacientes e familiares en diferentes programas educativos, recreativos, deportivos e de dinamización cultural. Independentemente de todos os programas planificados, son flexibles e están abertos a propostas de novas actividades.
Escola de Adultos
Impartir clases a persoas ingresadas no Hospital Psiquiátrico. Grupos de 9 alumnas/os como máximo.
- Horario: luns, de 17 a 19 h. (un grupo cada hora)
- Prazas: (COMPLETO)
Programa Amig@s
Realizar acompañamentos na comunidade con persoas con enfermidade mental.
- Horario: un día a escoller en horario de mañá ou tarde en función da persoa voluntaria.
- Prazas: 3
Creatividade Artística
Axudar ás/aos participantes da actividade impartida por unha voluntaria da Asociación Itínera a expresa-lo seu mundo interior.
- Prazas: 1 ou 2
- Horario: mércores, de 17 a 19 h.