Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="http://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Diploma de estudos en lingua francesa (DELF)

O Centro de Linguas Modernas da USC é dende 2021 centro colaborador d'Alliance Française para a organización dos exames oficiais DELF nos niveis B1 e B2 na USC.

O Diplôme d'études en langue française (DELF) é unha certificación oficial internacional do Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos primeiros niveis do MECRL A1, A2, B1 e B2. No 2024 no CLM no campus de Lugo, poderán realizarse os exames oficiais do DELF correspondentes aos niveis B1 e B2. 

O CLM organiza tres convocatorias anuais, en febreiro, xuño e outubro.

  • Quen pode presentarse á proba:

    O DELF tout public está destinado a calquera persoa maior de 16 anos, estranxeira ou francófona que non teñen o francés como lingua materna.

    Inscrición (en liña):

    Convocatoria de xuño:

    Inscrición do 1 de marzo ao 11 de abril.
    Proba escrita: 5 de xuño.

    Convocatoria de outubro:

    Inscrición do 1 ao 26 de setembro.
    Proba escrita: 22 de outubro.

    Proceso de matrícula:

    Cubrir o formulario adxunto e realizar o pago correspondente

    Enviar antes da data de fin de matrícula o formulario e o xustificante de pago a clm.delf@usc.gal

    Preparación da proba:

    https://www.delf-dalf.es/prepararse/

    Cursos de francés do CLM da USC

    Preguntas frecuentes:

    https://www.delf-dalf.es/preguntas-frecuentes/faq-preguntas-frecuentes

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2025.