Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS. Curso sobre técnicas espaciais para usuarios de R, mais orientado cara as ciencias sociais, aínda que podería interesar a estudantes doutras disciplinas. Nivel avanzado.
Localización
ONLINE
Modalidade
Telemática
Duración
Horas presenciais: 15
Horas de traballo: 10
Total: 25
Matrícula na actividade
15/12/2025 - 22/12/2025
Desenvolvemento da actividade
08/01/2026 - 01/02/2026
Profesor/a externo/a
Fernando Bruna Quintas
| Grupo | Lugar | Datas | Horario |
|---|---|---|---|
| Introdución á análise espacial e á econometría espacial con R | Actividade ONLINE, usando Microsoft TEAMS | Clases online: 8, 12, 13 e 15 de xaneiro de 2026. Titorías online para dúbidas, preguntas sobre a proba do curso e posibles comentarios sobre a parte empírica das vosas teses: 20 e 22 de xaneiro de 2026. Entrega online de traballos: 1 de febreiro de 2026 | de 10:00 a 12:30h |
Tras repasar á lóxica de R como Sistema de Información Xeográfica (SIX) e para facer mapas, o curso céntrase nas técnicas da econometría espacial, que recollen a información sobre os “veciños”, ponderando as súas observación (matriz W), así como na estimación de modelos espaciais (SAR, SEM, GWR...).
- Requisito: Imprescindible ter xa certa soltura usando R. Recoméndase ter feito antes o curso de Programación de análises empíricas con R ou saber programar.
- Introdución a R como SIX e elaboración de mapas
- A matriz W de pesos espaciais. Análise exploratoria espacial
- Estimación de modelos globais de econometría espacial con datos en sección cruzada e datos de panel
- Heteroxeneidade espacial: regresión xeograficamente ponderada (GWR) e modelos multinivel
Fernando Bruna é profesor de Crecemento Económico en Economía Espacial na Universidade da Coruña. É graduado en Economía, Socioloxía, e Ciencia Política, ten un mestrado en Modelización Económica Aplicada, e é doutor en Economía. Foi membro do centro de investigación da rede mundial Project LINK (Toronto), e xerente dunha empresa consultora. A súa investigación céntrase na análise dos efectos contextuais nas decisións e comportamento de axentes individuais e territorios. O seu traballo de análise de datos usando R tense publicado en distintas revistas de alto impacto.