O noso estudantado pode cursar parte dos seus estudos noutras universidades nacionais (SICUE) ou doutros países (Erasmus+, Erasmus Prácticas, Convenios bilaterais...).
O Servizo de Relacións Internacionais da USC coordina, centraliza e xestiona as actividades relacionadas cos programas internacionais de mobilidade de estudantes, PAS e profesores.
Hai que estar matriculado/a na USC en estudos oficiais de grao cun mínimo de 30 créditos e ter superados un mínimo de 45 créditos.
Destinos
| Universidade de destino | Prazas | Meses |
|---|---|---|
| Alacante | 2 | 5 |
| Barcelona | 2 | 9 |
| Castela-A Mancha (Cuenca) | 1 | 9 |
| Complutense de Madrid | 3 | 9 |
| Girona | 2 | 5 |
| Girona | 2 | 9 |
| Huelva | 2 | 9 |
| Illes Balears (Palma de Mallorca) | 2 | 9 |
| A Rioxa | 1 | 9 |
| Málaga | 1 | 9 |
| Navarra (só no 1º semestre) | 2 | 5 |
| Pablo de Olavide (Sevilla) | 2 | 9 |
| Salamanca | 2 | 9 |
| Valladolid | 3 | 9 |
| Zaragoza | 1 | 9 |
| Universidade de destino | Estado | Prazas | Meses | Idioma |
|---|---|---|---|---|
| Hoschule de Neubrandenburg Universidade de Ciencias Aplicadas |
Alemaña | 2 | 5 | Aleman B1 |
| Universidade de Coimbra | Portugal | 2 | 9 | Portugués A2 e B1 |
| Instituto Superior Miguel Torga-Coimbra | Portugal | 2 | 9 | Portugués B1 |
| Universidade de Tras os Montes e Alto Douro | Portugal | 3 | 5 | Portugués B1 |
| Universidade de Oporto: Cooperativa de Ensino Superior de Serviço Social | Portugal | 2 | 9 | Portugués B1 |
| Universitá per Stranieri "Dante Alighieri" - Reggio-Calabria | Italia | 2 | 5 | Italiano B1 |
A Universidade de Santiago de Compostela participa en Erasmus+ International Credit Mobility (ICM) na Acción Chave 1 - KA107 dende 2016 (cambiando de nomenclatura por KA171, desde o Curso Académico 2022-23) con institucións socias en varios países, segundo o Plan Estratéxico de Internacionalización.
Erasmus+ ICM ofrece oportunidades de estudo para alumnos a través de intercambios con institucións socias fóra da Unión Europea. A través deste programa, o alumnado de grao pode realizar un intercambio dun semestre e obter créditos ECTS
A USC convoca cada curso académico, prazas de mobilidade para realizar estudios en diversas universidades de países extracomunitarios.
As prazas son para países de América Latina, Europa do Leste e Asia, Suíza, Estados Unidos, Canadá e Australia, nas Universidades coas que a USC ten formalizado convenios de intercambio bilateral de estudantes.