Ir o contido principal

Historia

A Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela ten as súas orixes na Escuela de Asistentes Sociales fundada no ano 1957. Desde o ano 1999 a súa personalidade xurídica está obstentada pola Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales

A súa personalidade xurídica foi ostentada pola Escuela de Enseñanza Social de Galicia ata 1999. A partir dese ano pasa a depender da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales, entidade declarada de interese galego e de interese docente. A Escola está adscrita á USC dende o ano 1983.

Como todos os centros privados non subvencionados, réxese por un réxime económico particular e independente dos prezos e taxas da Universidade á que está adscrita.

A Escola dá especial importancia á formación práctica do estudantado. Esta realízase fundamentalmente en 4º curso, por medio do Prácticum que se desenvolve intensivamente durante o segundo cuadrimestre.

No Prácticum os e as estudantes incorpóranse a institucións ou centros de servizos sociais baixo a responsabilidade dun/a traballador/a social e a supervisión permanente dun/a docente da Escola que os titoriza de xeito individualizado, asesorándolles no seu primeiro contacto coa realidade social nun ámbito profesional e facendo o seguimento do Informe final do Prácticum.

A distribución do estudantado en centros de prácticas por toda Galicia amplía as posibilidades de ofrecerlles o sector ou ámbito da súa preferencia e permite un vínculo permanente entre o mundo profesional e o académico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.09.2025.