Ir o contido principal

Programa de Acollida e Orientación de Estudantes

O programa de acollida e orientación de estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación comprende una serie de accións que se realizan ao longo da estadía do alumnado neste centro.

Accións do Programa

O acto de benvida ao estudantado de novo ingreso ten lugar o primeiro día lectivo do curso académico. 

A recepción consiste nunha sesión informativa a cargo do equipo decanal e do xestor do centro sobre a organización e servicios da facultade, que inclúe unha visita ás diferentes aulas técnicas e biblioteca, e que persegue os seguintes obxectivos:

  • a integración no centro do estudantado de novo ingreso.
  • a orientación sobre cuestións académicas que lle permitan planificar o seu itinerario académico.
  • a participación do estudantado na vida universitaria en xeral.

Ao longo do curso académico realízanse diferentes reunións para orientar ao estudantado interesado nas convocatorias de:

  • Programas de mobilidade interuniversitaria: SICUE, ERASMUS, BILATERAIS e ERASMUS PRÁCTICAS.

  • Prácticas Externas, curriculares E extracurriculares, que organiza a facultade.
  • Traballos de Fin de Grao.

Ademais realízanse reunións periódicas dos estudantado cos coordinadores dos diferentes graos e os delegados de curso, de cara a intercambiar impresións, dúbidda e distintas consideracións sobre o desenvolvemento do curso académico.

O alumnado seleccionado a través deste programa, en cumprimento do disposto na convocatoria, “dará acollida aos estudantes de novo ingreso exercendo de titor durante todo o ano académico, colaborará na difusión da USC nos centros de ensino medio de Galicia, nas visitas guiadas que o alumnado de secundaria realiza ás instalaciones da USC e en otras actividades relacionadas co ensino medio".

De acordo co Plan de Accións de Mellora disposto pola Universidade de Santiago de Compostela dende lo curso 2016-17, no que se contemplaba “facilitar información sobre o abandono potencial anticipándose á finalización docurso académico”, a Área de Calidade ven distribuíndo entre os centros, un informe de abandono potencial ao final do primeiro semestre.

Como resposta ao contido deste informe semestral, a nosa Facultade pon en marcha dende entón un protocolo de actuación destinado a reorientar, apoiar, facer un seguimento exhaustivo e disuadir, cando resulte conveniente, ao alumnado en risco de abandono dos seus estudos de grao o de dobre grao.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.04.2025.