Análise da estratexia comunicativa a través de Telegram nas eleccións europeas de 2024: o caso de Vox e Se Acabó la Fiesta
Autoría
S.A.R.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política

Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
Este estudo é unha análise comparativa da estratexia comunicativa no ámbito dixital de Vox e de SALF durante a campaña das eleccións ao Parlamento Europeo de 2024, a través dunha metodoloxía principalmente cualitativa. O foco céntrase, principalmente, nos canais empregados, así como nos temas, marcos e mensaxes utilizados, con especial atención ao uso de Telegram. A pesar de existiren similitudes evidentes entre as dúas candidaturas que podemos encadrar dentro da familia da extrema dereita, tamén se aprecian grandes diferenzas na forma en que decidiron comunicar e chegar aos seus potenciais votantes, así como nos temas nos que elixiron poñer o acento. O compoñente antisistema, en maior ou menor medida, constitúe un eixo central do discurso político de ambas formacións.

Dirección
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Titoría)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
MO GROBA, DIEGO (Secretario/a)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Vogal)

A comunicación institucional na Estrada: campaña municipal para o uso, protección e revalorización do espazo público integrando a memoria colectiva
Autoría
C.A.T.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
C.A.T.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
10.09.2025 09:30
10.09.2025 09:30
Resumo
O estudo que a continuación se presenta ten por obxectivo facer unha campaña de marketing no Concello da Estrada (Pontevedra) para a protección e utilización dos espazos públicos do centro do pobo. Para levar a cabo este traballo farase previamente unha análise do uso que fan os habitantes da Estrada dos seus espazos públicos e da relevancia que o patrimonio desta vila ten para a identidade e a memoria colectiva dos seus habitantes, tendo en conta os cambios sociodemográficos e tamén as reformas arquitectónicas acometidas nas últimas décadas. A análise céntrase en tres zonas do centro urbano que son singulares e cumpren unha función social e que, ademais, foron renovadas nos últimos anos: Praza do Concello, Alameda e Praza da Feira. Para levar a cabo esta investigación usarei un método de análise baseado en enquisas breves e entrevistas para a súa posterior análise cualitativa. Ademais utilizarei prensa local e a fotografías tomadas especificamente para levar a cabo este estudo. Ao longo deste traballo sociolóxico terase en conta a revisión de textos e literatura de diversos eidos, desde publicacións sobre socioloxía, arquitectura e outras do ámbito rexional e local sobre a evolución da vila. O obxectivo final da investigación é a realización dunha campaña de marketing institucional para o Concello da Estrada que fomente o uso dos espazos públicos analizados, cubrindo as demandas actuais dos estradenses e fomentando a protección e coidado deses espazos como gardiáns da memoria e identidade colectiva que pasa de xeración en xeración. A motivación deste estudo e proposta de campaña nace da percepción de ruptura dos estradenses coa identidade que reside no coidado e protección do patrimonio arquitectónico. Esta hipótese basease nas repetidas reformas acometidas no centro urbano, que buscan dar resposta a cambios sociais e novas necesidades, pero que poden afectar á simboloxía da vila, tal e como veñen denunciando algúns grupos sociais e fortemente os partidos da oposición. O rexeitamento a diversas obras e o debate social culminaron no 2024 coa realización dun referéndum a finais de ano que paralizou a proposta do Concello de trasladar unha farola que actúa como kilómetro cero e punto de encontro na vila. Tanto a oposición do goberno como a prensa local recolleron as queixas dos estradenses que vían na praza da Farola, un dos últimos vestixios do que fora A Estrada ata agora. A realización dun referendum por este motivo, nun concello de tamaño mediano, chamou a atención e foi noticia na prensa nacional. Este fito é un dos puntos de partida do traballo que se presenta a continuación. Partindo dos obxectivos de análise concretos cos que se espera obter unha diagnose do uso actual dos espazos públicos no centro da Estrada, así como das reclamas e queixas da cidadanía, este traballo servirá para ofrecer unha estratexia que sirva ó Concello para poñer en valor prazas e lugares publicos, adecuándoos ás necesidades das e dos estradenses.

BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titoría)
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Titoría)
Tribunal
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Secretario/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Vogal)

A configuración da imaxe dos liderados políticos con perspectiva de xénero na prensa escrita: temas, atributos e emocións
Autoría
R.A.R.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
R.A.R.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
10.09.2025 09:30
10.09.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster (TFM) analiza a configuración da imaxe de Pedro Sánchez, Yolanda Díaz, Isabel Díaz Ayuso e Alberto Núñez Feijóo como líderes políticos nos medios de comunicación. Centrándose nos artigos de opinión publicados nas versións dixitais de El País e El Mundo nos meses previos ás eleccións xerais de xullo de 2023, o seu obxectivo principal é explorar a influencia do xénero e a ideoloxía na representación de atributos, temas e dimensións emocionais asociadas a estes líderes. A investigación adopta un enfoque maiormente cualitativo, combinando a Análise Crítica do Discurso (ACD) con análise de contido interpretativa (mediante ATLAS.ti para codificación temática e atributiva) e análise lexicométrica da dimensión emocional (con LIWC). A mostra está composta por 24 artigos de opinión: 12 de El País e 12 de El Mundo. Os resultados revelan que o xénero e a afinidade ideolóxica son determinantes na configuración da imaxe dos líderes, así mesmo, obsérvanse claras diferenzas na crítica mediática dirixida a homes e mulleres, manifestándose en matices emocionais distintos e na atribución de roles que, no caso de Ayuso, desafían os estereotipos tradicionais. Ademais, confírmase unha forte polarización ideolóxica, onde os medios utilizan o enfado como ferramenta de confrontación para os adversarios e a contención emocional como lexitimación implícita para os afíns. Conclúese que os artigos de opinión son centrais no xiro afectivo da política, xa que temas, atributos e emocións se interrelacionan estratexicamente para moldear as percepcións públicas e a decisión de voto, demostrando que constitúen ferramentas fundamentais na configuración da imaxe do poder político na era dixital.

MO GROBA, DIEGO (Titoría)
MO GROBA, DIEGO (Titoría)
Tribunal
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Secretario/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Vogal)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Secretario/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Vogal)
Intelixencia artificial na administración local
Autoría
A.B.D.S.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
A.B.D.S.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
15.09.2025 16:30
15.09.2025 16:30
Resumo
Este traballo de fin de mestrado investiga a viabilidade e deseña a proposta de implantación dun Asistente Virtual Intelixente (AVI) no portal web do Concello de Santiago de Compostela, co obxectivo de modernizar e centralizar a atención á cidadanía. O estudo aborda o principal desafío da fragmentación dixital dos servizos municipais, que impide un acceso áxil e centralizado á información e aos trámites, resultando en desprazamentos presenciais evitables. Empregando unha metodoloxía multidisciplinar que inclúe análise institucional, revisión bibliográfica, análise comparativa de boas prácticas (benchmarking) e revisión do marco normativo (RGPD, leis de transparencia, AI Act), os resultados confirman a viabilidade técnica, xurídica e organizativa do proxecto. O AVI ofrece respostas inmediatas e automatizadas en galego e castelán, promove a inclusión de diversos perfís de usuario, incluíndo persoas maiores con competencias dixitais limitadas, e actúa como unha política pública de innovación responsable. A sustentabilidade do modelo susténtase na formación interna do persoal, a contratación tecnolóxica e o financiamento europeo. Este TFM non só analiza a posta en marcha, senón que propón un modelo replicable para outras administracións locais, demostrando o potencial da Intelixencia Artificial para unha xestión pública máis eficiente, transparente e próxima ao cidadán, en sintonía coa Estratexia España Dixital 2026 e a Axenda 2030.

BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Secretario/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Vogal)

O Voto á Extrema Dereita no Sur de Europa: Unha Análise Comparada de España, Grecia, Italia e Portugal
Autoría
I.A.C.H.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
I.A.C.H.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
Os partidos de extrema dereita, en especial no continente europeo, están a crecer electoral e socialmente a niveis que lles permite non so ser chave de goberno, senón ser líderes dos propios gobernos. Este fenómeno tamén impactou con forza no sur de Europa, onde o descontento económico, a inseguridade percibida e a xestión migratoria foron aproveitadas para construír discursos identitarios e nacionalistas. Neste traballo realizouse unha análise cuantitativa para explicar o comportamento electoral, especificamente o electorado da extrema dereita nos países do sur de Europa. A través da Enquisa Social Europea, comprobouse como entre os partidos manteñen similitudes sobre as variables que lles afectan e como, en cuestións como o sexo, defiren ata dentro do propio país. Ademais, comprobouse numericamente como a cercanía, tal e como amosa a literatura, ten un gran impacto na elección do voto.

CASTRO MARTINEZ, PALOMA (Titoría)
CASTRO MARTINEZ, PALOMA (Titoría)
Tribunal
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
MO GROBA, DIEGO (Secretario/a)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Vogal)
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
MO GROBA, DIEGO (Secretario/a)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Vogal)
Relación entre factores socioeconómicos e comportamento de voto análise empírica baseada en datos das eleccións xerais españolas de 2023 Estudo CIS 3411
Autoría
S.C.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
S.C.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
12.09.2025 09:15
12.09.2025 09:15
Resumo
Educación empleo edad e ingresos suelen explicar el voto Objetivo Estudiar su relación con elección de partido ideología y participación en España Métodos CIS 3411 2023 Descripción y cruces con PESO flujo 2019 2023 Logit uno contra el resto para PSOE PP VOX y Sumar errores robustos OLS con peso para ideología 1 0 PROBVOTO 7 como proxy de participación Añadimos TAMUNI e INGRESHOG Resultados Educación y evaluación económica tienen efectos estables Con controles baja educación y peor evaluación se asocian con más apoyo a VOX Hay diferencias por edad y empleo Tamaño del municipio e ingresos se relacionan con votar Conclusiones Los hallazgos encajan con la competencia ideológica y el voto económico El contexto y la renovación generacional ayudan a entender cambios entre 2019 y 2023 El diseño es claro y replicable

LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Titoría)
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Titoría)
Tribunal
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
LOPEZ LOPEZ, PAULO CARLOS (Secretario/a)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Vogal)
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
LOPEZ LOPEZ, PAULO CARLOS (Secretario/a)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Vogal)
Análise Socioxurídica do marco normativo europeo e estatal sobre a Administración Electrónica (2010.2025)
Autoría
C.S.C.S.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
C.S.C.S.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
15.09.2025 17:00
15.09.2025 17:00
Resumo
O presente traballo realiza unha análise socio-xurídica da Administración Electrónica (AE) en España e na Unión Europea, abordando tanto a evolución normativa como os desafíos sociais que xorden da súa implementación. A través dun enfoque comparativo, identificanse tensións entre a regulación formal e a realidade social, onde factores territoriais, demográficos, culturais e económicos poden xerar dificultades na aplicación efectiva da AE, co risco de provocar exclusión estrutural. A análise sostén que a AE non debe entenderse únicamente como un instrumento técnico ou normativo, senón como un proceso multidimensional que require un enfoque inclusivo, adaptativo e flexible, capaz de equilibrar innovación tecnolóxica, equidade e protección de dereitos. Ademais, destácase o papel do dereito como ferramenta de acompañamento da transformación dixital: flexible, dialóxico e en constante actualización, capaz de orientar a innovación sen imposela nin limitala, garantindo que a dixitalización funcione como un instrumento de acceso efectivo aos servizos públicos e de empoderamento cidadán.

HAZ GOMEZ, FRANCISCO EDUARDO (Titoría)
HAZ GOMEZ, FRANCISCO EDUARDO (Titoría)
Tribunal
BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Secretario/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Vogal)
BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Secretario/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Vogal)
Limitacións estruturais do goberno local irlandés e innovación en políticas públicas: estudo de caso no condado de Westmeath
Autoría
O.C.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
O.C.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
03.07.2025 10:00
03.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo examina as limitacións estruturais que presenta o sistema de goberno local irlandés para o desenvolvemento de políticas públicas innovadoras, buscando identificar as reformas necesarias que poidan fortalecer a autonomía local. A investigación toma como referencia o marco normativo establecido pola Carta Europea de Autonomía Local e utiliza o condado de Westmeath como caso de estudo práctico. A metodoloxía empregada combina a análise documental con entrevistas cualitativas, ademais de incluír unha proposta concreta de política pública centrada na revitalización do folclore e a lingua irlandesa mediante as bibliotecas locais. A análise revela diversas debilidades no sistema actual, entre as que destacan a concentración excesiva de poder no executivo local, o escaso financiamento autónomo dispoñible e a limitada capacidade normativa dos concelleiros electos. Como resposta a estas problemáticas, exponse un conxunto de reformas que abarcan os ámbitos lexislativo, administrativo e organizativo, co fin de consolidar a democracia local. O proxecto Scéalta na hIarmhí (Westmeath’s Stories) serve como exemplo ilustrativo de como as autoridades locais poden impulsar a innovación social con impacto cultural e comunitario, incluso operando dentro de marcos institucionais altamente centralizados.

ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Vogal)

Traballo fin de máster Análise de campañas de desinformación en Rusia a través de comentarios en YouTube: estudo de casos sobre a guerra en Ucraína e a morte de Navalni
Autoría
R.E.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
R.E.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
10.07.2025 11:00
10.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster analiza os patróns de desinformación e polarización política nos comentarios de YouTube relacionados coa guerra en Ucraína e coa figura de Alexéi Navalni. Para iso, recompiláronse máis de 20.000 comentarios de dez vídeos seleccionados pola súa relevancia mediática e política, entre 2022 e 2025. Aplicáronse técnicas de procesamento de linguaxe natural, análise de sentimento, frecuencia de termos, TF-IDF e clusterización temática con K-means, apoiadas en visualizacións como nubes de palabras e diagramas de clusters. Os resultados amosan a existencia de narrativas polarizadas, tanto opositoras como pro-goberno, así como indicios de mensaxes orquestrados con posibles obxectivos de manipulación. Este estudo confirma a hipótese da presenza de dinámicas de desinformación no espazo dixital ruso, ademais de achegar evidencia sobre a utilidade das plataformas de vídeo como obxecto de investigación sociopolítica. Finalmente, propóñense recomendacións para futuros estudos, subliñando o valor da ciencia de datos como ferramenta de análise crítica do discurso político en contornas dixitais.

LAGARES DIEZ, MARIA NIEVES (Presidente/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)

Proposta de melloras para a xestión de proxectos con financiamento da Unión Europea en Galicia
Autoría
A.C.E.D.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
A.C.E.D.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
17.02.2025 11:30
17.02.2025 11:30
Resumo
O presente traballo aborda aspectos que mellorarían a xestión de proxectos que posúen financiamento da Unión europea en Galicia. Inicialmente explícanse cuestións teóricas que axudan a comprender os procesos de integración polos que pasou a Unión Europea ata a actualidade e como foi o proceso de representación rexional en Bruxelas. A continuación, o traballo achega datos financeiros extraídos dos informes de fiscalización de proxectos europeos elaborados polo Concello de Contas, para demostrar a relevancia económica que representan estes fondos tanto a nivel autonómico como local. Posteriormente, compleméntase con extraccións textuais das entrevistas realizadas a xestores e beneficiarios de proxectos con financiamento europeo en Galicia, co obxectivo de que determinen aquelas cuestións que coa súa experiencia consideran que se deben mellorar a partir dalgunhas das recomendacións elaboradas polo Concello de Contas nos informes de fiscalización. Logo realízase unha táboa composta por unha matriz DAFO e CAME, conxuntamente, a cal permite por unha banda identificar as cuestións para mellorar obtidas das entrevistas e os informes de fiscalización e expor estratexias e melloras específicas a desenvolver. Conclúe coa elaboración dunha proposta de suxestións de melloras, na cal se brindan exemplos concretos a implementar a futuro, a partir das cuestións identificadas anteriormente, coa intención de mellorar e axilizar desenvolvemento dos mesmos.

BARRAL BUCETA, BRAN (Titoría)
BARRAL BUCETA, BRAN (Titoría)
Tribunal
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Vogal)

Formacións trotskistas en Instagram: Estratexia dixital na disputa por un mesmo nicho de votante nas eleccións PASO Arxentina 2023.
Autoría
I.F.S.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
I.F.S.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
10.09.2025 09:30
10.09.2025 09:30
Resumo
Este traballo analiza as estratexias de marketing político dixital empregadas por dúas listas trotskistas competidores dentro da Frente de Izquierda y de Trabajadores Unidad (FITU) durante as eleccións PASO 2023 en Arxentina. O estudo céntrase en como estas organizacións, compartindo una mesma tradición ideolóxica, utilizou a plataforma Instagram para construír identidades diferenciadas e mobilizar un mesmo nicho electoral. Os resultados revelan tensións significativas na adaptación dixital da política, mostrando diferentes estratexias de personalización política, tematización e encadre das mensaxes. O estudo conclúe que a esquerda radical presenta desafíos electorais importantes para manter a sinerxía entre a tradición baseada na construción de partido e mobilización territorial (offline), coa ciberpolítica, onde a interacción e competitividade no espazo dixital tamén mobiliza ao electorado.

JARAIZ GULIAS, ERIKA (Titoría)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Titoría)
Tribunal
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Secretario/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Vogal)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Secretario/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Vogal)
Oposicións en España e síndrome de esgotamento profesional
Autoría
S.F.A.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
S.F.A.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
Este estudo ten como obxectivo explorar, mediante unha exhaustiva busca bibliográfica, a relación entre o proceso de preparación para as oposicións e a síndrome de esgotamento profesional entre os solicitantes de emprego público en España nos últimos 10 anos. O obxectivo é identificar os factores de risco e as consecuencias emocionais e psicolóxicas deste proceso para os solicitantes, especialmente os mozos de entre 20 e 30 anos, que se consideran os máis afectados. Unha vez identificada a problemática, mediante metodoloxía documental cualitativa para recompilar datos de primeira orde, estudos realizados ata a data, bibliografía específica e investigación en diversas profesións, desenvolverase un proxecto ou plan integral de oposicións que implique un proceso menos competitivo e deshumanizante. Neste sentido, este estudo abordará unha reflexión sobre a necesidade de políticas públicas que non só aborden a competitividade nas oposicións, senón tamén o benestar psicolóxico dos solicitantes. O recoñecemento temperán dos síntomas de esgotamento profesional e a implementación de medidas de apoio poden mellorar a traxectoria dos candidatos e facilitar a súa integración exitosa no emprego público.

DIZ OTERO, ISABEL (Presidente/a)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Secretario/a)
LUBIAN GRAÑA, CARLOS (Vogal)

A opinión pública sobre as políticas de xénero: O caso de Santiago de Compostela.
Autoría
A.F.G.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
A.F.G.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
03.07.2025 10:30
03.07.2025 10:30
Resumo
Nun contexto onde as políticas de igualdade son un piar fundamental na dotación de benestar, a presente investigación ten como finalidade analizar empíricamente a percepción da cidadanía do Concello de Santiago de Compostela sobre estas políticas. O traballo nútrese dun marco teórico no cal se revisa a literatura académica sobre a institucionalización das políticas de xénero, facendo fincapé no caso de España , a estratexia de mainstreaming e os principios do Goberno Aberto no deseño de políticas públicas. O deseño metodolóxico combina técnicas cualitativas, coa análise de información secundaria sobre as políticas municipais de xénero deste concello e a realización dunha entrevista en profundidade a unha integrante do goberno municipal, e técnicas cuantitativas, coa realización dunha enquisa a unha mostra de cen persoas do barrio de Conxo. Os resultados amosan que o nivel de coñecemento e a valoración dos servizos públicos varía substancialmente en función de diferentes variables, coma o xénero ou a situación laboral, e tamén constatan que para o goberno municipal é de especial relevancia a opinión da cidadanía.

PALEO MOSQUERA, NATALIA (Titoría)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Titoría)
Tribunal
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Vogal)
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Vogal)
Gobernanza local e mirada transdisciplinaria ante as inundacións en Galicia: o risco en disputa.
Autoría
P.F.G.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
P.F.G.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
O impacto global das inundacións, nun contexto marcado pola crise climática e a incerteza, evidencia non só o aumento da intensidade e frecuencia dos eventos naturais extremos, senón tamén o papel clave das decisións humanas na configuración e distribución dos seus efectos. Neste escenario, os concellos galegos enfróntanse ao desafío de transitar cara a enfoques máis proactivos e innovadores, baseados na anticipación e sustentados nunha gobernanza local inclusiva e situada. A mudanza cara a un modelo preventivo require cuestionar as lentes coas que se interpretan os problemas e se deseñan as respostas. Este Traballo Fin de Máster (TFM) propón unha mirada transdisciplinaria, que propicie o diálogo entre diferentes saberes e perspectivas, como ferramenta para mover os marcos establecidos e comprender a auga non como risco a combater, senón como condición coa que vivir.

LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Titoría)
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Titoría)
Tribunal
DIZ OTERO, ISABEL (Presidente/a)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Secretario/a)
LUBIAN GRAÑA, CARLOS (Vogal)
DIZ OTERO, ISABEL (Presidente/a)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Secretario/a)
LUBIAN GRAÑA, CARLOS (Vogal)
Traballo fin de máster
Autoría
T.G.A.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
T.G.A.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
12.09.2025 10:00
12.09.2025 10:00
Resumo
Este Traballo Fin de Mestrado estuda o papel das administracións locais no seo do desenvolvemento agrario e alimentario, partindo dunha tendencia de desagrarización galega preocupante e de limitacións das competencias dos gobernos locais en dita materia. O estudo busca analizar, particularmente, a situación do sector pataqueiro na comarca da Limia. Concretamente, profundarase na análise do concello de Xinzo de Limia por tratarse do territorio local onde especialmente se leva a cabo esta actividade, que serve coma motor económico na zona estudada. Co fin de coñecer a realidade do sector e as políticas que podería desempeñar o goberno local para o desenvolvemento do mesmo, combínase a revisión teórica, a análise estatística e a análise de entrevistas a expertos do sector. Os resultados revelan un declive do sector pataqueiro, diversas problemáticas e rixideces estruturais e unhas competencias locais moi limitadas. Non obstante, tamén se evidencian múltiples medidas e políticas que se consideran viables para impulsar o desenvolvemento do sector.

FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Titoría)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Titoría)
Tribunal
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Presidente/a)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Secretario/a)
CAAMAÑO ALEGRE, JOSE (Vogal)

Os Centros de Información á Muller en Galiza: Análise da situación actual e propostas para o redeseño do servizo
Autoría
M.G.C.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
M.G.C.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
03.07.2025 11:00
03.07.2025 11:00
Resumo
Nun contexto de crecente implicación das entidades locais no desenvolvemento de políticas públicas de igualdade, os Centros de Información á Muller teñen ocupado unha posición central na atención ás vítimas de violencia de xénero, cun modelo gratuíto de intervención multidisciplinar marcado pola proximidade dos centros á realidade das vítimas e do territorio. Alén diso, os CIM tamén teñen desempeñado un papel de promoción na prevención deste tipo de violencia e na sensibilización cidadá en materia de igualdade de xénero. Ante isto, o presente traballo de investigación ten por obxectivo principal analizar a situación actual dos CIM galegos para así detectar as fortalezas e debilidades do modelo actual e realizar propostas de mellora no deseño e implementación do servizo. Para a recollida de información, deseñouse un traballo de campo baseado nun cuestionario enviado a todos os CIM de Galiza, e na realización de entrevistas co persoal dos centros e persoas que ocupan responsabilidades políticas en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero.

BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Titoría)
BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Titoría)
Tribunal
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Vogal)
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Vogal)
Lobby e advocacy no proceso político da Unión Europea: o papel das consultoras de asuntos públicos
Autoría
M.G.A.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
M.G.A.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
12.09.2025 09:15
12.09.2025 09:15
Resumo
O presente traballo analiza o papel das consultoras de asuntos públicos no desenvolvemento das políticas da Unión Europea, integrando experiencia profesional e revisión bibliográfica. Examinando os procedementos formais e informais do ciclo político - axenda, adopción, comitoloxía e implementación -, así como o marco ético e regulatorio que condiciona a actividade do lobby. O estudo incorpora distintos modelos teóricos, desde a lóxica de insiders e outsiders ata o concepto de ´subsidio lexislativo´, ofrecendo unha visión multidimensional que combina dimensión estrutural, estratéxica, comunicativa e ética. A análise complétase cun caso práctico no Parlamento Europeo do ano 2020, que ilustra como se materializan estas dinámicas na práctica institucional. Como TFM de 6 ECTS, o traballo presenta limitacións de tempo e recursos, mais contribúe a unha comprensión máis matizada do lobby, convidando a superar visións reducionistas e a recoñecer tanto os seus riscos coma o seu potencial democrático.

BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Titoría)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Titoría)
Tribunal
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
LOPEZ LOPEZ, PAULO CARLOS (Secretario/a)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Vogal)
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
LOPEZ LOPEZ, PAULO CARLOS (Secretario/a)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Vogal)
¿Quién teme a la migración? Porque el miedo no entra por la frontera. La inmigración como problema público en España
Autoría
M.M.G.M.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
M.M.G.M.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
12.09.2025 09:15
12.09.2025 09:15
Resumo
Este traballo analiza como os medios españois constrúen a inmigración como problema público durante 2024 2025, utilizando como caso de estudo os eventos sucedidos en Torre Pacheco . A investigación examina 727 citas codificadas de 18 artigos do El Mundo e El País, aplicando un marco teórico que articula a teoría do Framing, os conceptos de Nuda Vida e Necropolítica de Agamben e Mbembe, a Construción de Outridade, e a análise de Desinformación e Teorías Conspirativas. Os resultados revelan que hai un framing que predomina en ambos medios. Ademais, identifícanse cinco mitos migratorios centrais: o migrante delincuente, invasión/efecto chamada, gran substitución, rouban o traballo e colapso do sistema de benestar. A análise demostra unha paradoxa sistemática: mentres se esixen procesos de integración, simultáneamente constrúense obstáculos estruturais que operacionalizan unha cidadanía negada. A conclusión principal confirma que a problematización pública da inmigración obedece fundamentalmente a dispositivos discursivos estables que distorsionan a realidade empírica, máis que a evidencia obxetiva. Os marcos de ameaza, combinados con cargas emocionais e mitos persistentes, legitiman lóxicas de excepción que transcenden liñas editoriais específicas, constituíndo un sentido común mediático que naturaliza a exclusión de poboacións migrantes e os seus descendentes.

Contra a ideoloxía de xénero: Estratexias discursivas e comunicativas de VOX fronte ao feminismo en España
Autoría
J.H.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
J.H.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
Este traballo analiza as estratexias discursivas empregadas polo partido político VOX en España para construír un relato contrario ao que denomina “ideoloxía de xénero”. Nos últimos anos, VOX intensificou os seus ataques contra as políticas públicas en materia de igualdade de xénero, feminismo e dereitos do colectivo LGTB+, utilizando discursos que apelan á defensa da familia tradicional, á protección da infancia e ao rexeitamento do “adoctrinamento” nas escolas. O obxectivo principal desta investigación é examinar como VOX configura o seu discurso antigénero en diferentes plataformas de comunicación -incluíndo redes sociais, intervencións parlamentarias e materiais de campaña-, e como ese discurso reflicte unha estratexia política orientada a mobilizar emocionalmente determinados sectores sociais. A metodoloxía adoptada combina un enfoque cualitativo, centrado na análise do discurso, cunha aproximación cuantitativa secundaria baseada en datos do CIS, que permite contextualizar as percepcións sociais arredor destas cuestións. Os resultados preliminares mostran que VOX emprega un marco comunicativo polarizador e altamente emocional, onde se constrúen inimigos simbólicos (o feminismo, o colectivo trans, as leis de xénero) como ameazas aos valores tradicionais. Esta investigación contribúe a comprender como os discursos da extrema dereita se adaptan ao ecosistema mediático actual e penetran no debate público mediante estratexias de normalización ideolóxica.

“Aprendizaxes sobre unha Organización da Sociedade Civil: a experiencia da Fundación Mediapila”
Autoría
L.M.L.P.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
L.M.L.P.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
15.09.2025 16:00
15.09.2025 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster inscríbese no Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras da Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo desta investigación é analizar a experiencia da Fundación Mediapila, unha organización da sociedade civil dedicada á inclusión laboral de mulleres en situación de vulnerabilidade. O seu labor desenvólvese desde unha perspectiva de xénero e de xustiza social, categorías que orientan as súas formas de intervención, as súas dinámicas organizativas internas e as súas relacións con outros actores nun contexto determinado. Para levar a cabo o estudo realizouse unha entrevista semiestruturada coa actual Directora Executiva da Fundación e analizouse o material institucional dispoñible. Así mesmo, recorreuse a bibliografía especializada que aborda o desenvolvemento, os desafíos e as potencialidades deste tipo de organizacións en Arxentina.

DIZ OTERO, ISABEL (Titoría)
DIZ OTERO, ISABEL (Titoría)
Tribunal
BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Secretario/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Vogal)
BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Secretario/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Vogal)
Eleccións xerais de España de 2023: Análise do compoñente emocional nos discursos de Pedro Sánchez
Autoría
F.L.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
F.L.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
10.07.2025 11:00
10.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo, titulado “Eleccións xerais de España de 2023: Análise do compoñente emocional nos discursos de Pedro Sánchez”, analiza o papel da expresión emocional na construción da imaxe de liderado e na percepción pública a través de cinco discursos representativos do candidato. Mediante unha metodoloxía que combina a Análise Crítica do Discurso e a análise cualitativa de contido, establécese un sistema de clasificación baseado na polaridade emocional (positiva e negativa) para examinar as estratexias de guía emocional e as estruturas retóricas ao longo das diferentes fases da campaña. O estudo inclúe tamén as reaccións do público mediante comentarios en redes sociais e cobertura nos medios de comunicación, co obxectivo de avaliar como se interpretan e reformulan publicamente esas estratexias emocionais. Os resultados mostran que Pedro Sánchez recorreu a recursos como a repetición, as metáforas e as apelacións colectivas para activar emocións positivas e, en momentos clave, introducir emocións negativas como mecanismo de alerta, reforzando así a identificación emocional co seu liderado. O traballo propón un modelo analítico integrador que vincula o discurso político coas respostas emocionais e perceptivas do electorado.

MANEIRO CRESPO, ELBA (Titoría)
MANEIRO CRESPO, ELBA (Titoría)
Tribunal
LAGARES DIEZ, MARIA NIEVES (Presidente/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
LAGARES DIEZ, MARIA NIEVES (Presidente/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
FENDAS E RECONSTRUCIÓN: Un estudo do conflito de paradigmas na comunicación política entre a desglobalización da dereita europea e a globalización da iniciativa chinesa do Cinto e a Ruta
Autoría
M.L.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
M.L.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
10.07.2025 11:00
10.07.2025 11:00
Resumo
Este estudo busca analizar en profundidade os paradigmas contraditorios da comunicación política entre a dereita europea antiglobalización e o movemento chinés de globalización do Cinto e a Ruta no contexto da globalización. Usando a teoría da ruptura política (Lipset e Rokkan, 1967) e a teoría dos marcos (Goffman, 1974), a través do pluralismo metodolóxico (Maxwell, 2016), este estudo explora como ambos paradigmas configuran a visión da orde global e revela o papel clave da comunicación na xestión das rupturas. O estudo concluíu que a dereita europea tende a explotar as divisións sociais. Ao activar as divisións tradicionais, como centro-periferia e relixioso-secular, transforma as contradicións da globalización en enfrontamentos baseados na identidade (como a teoría da ameaza migratoria) e utiliza mecanismos mediáticos como os marcos de polarización e as cámaras de eco algorítmicas para estimular divisións baseadas na identidade, na soberanía e distributivas, promovendo así a axenda antiglobalización. A Iniciativa da Franxa e a Ruta de China toma como narrativa central unha comunidade de futuro compartido para a humanidade, adopta estratexias como as infraestruturas, a empatía cultural e a gobernanza global, e reconstrúe a historia do desenvolvemento a través do marco da conectividade e a aprendizaxe mutua entre civilizacións, debilitando a confrontación ideolóxica e tentando disolver as divisións. Baseándose nisto, este estudo propón que a posibilidade da redención comunicativa reside na construción dun mecanismo para o diálogo multitemático, cultivando a alfabetización comunicativa global e innovando no contido e as formas de comunicación para proporcionar unha solución pacífica e coexistente aos conflitos entre civilizacións. Este estudo non só enriquece a teoría da comunicación política, senón que tamén proporciona unha referencia importante para a práctica das relacións internacionais na era da globalización.

O uso das redes sociais por parte da China para dar forma á súa imaxe global
Autoría
W.L.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
W.L.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
12.09.2025 09:15
12.09.2025 09:15
Resumo
A transformación dixital converteu as redes sociais en espazos fundamentais para a diplomacia pública internacional. Esta investigación analiza as estratexias de diplomacia dixital despregadas por China en YouTube e TikTok, examinando como os actores institucionais oficiais e os creadores de contido individuais contribúen de forma diferencial á construción da imaxe nacional de China. Mediante un deseño de estudo de caso comparativo que combina a análise cualitativa do discurso en ATLAS.ti, métricas de participación e triangulación con perspectivas de expertos europeos, analizouse o contido dos medios de comunicación estatais (CGTN, China News Service) e de persoas influentes individuais (Li Ziqi, expatriados occidentais). Os resultados revelan un ecosistema de comunicación híbrido onde os actores institucionais despregan macronarrativas centradas no desenvolvemento nacional e a lexitimación política, mentres que as persoas influentes desenvolven micronarrativas experienciais que xeran unha maior resonancia emocional e participación. A investigación conclúe que China desenvolveu un modelo de diplomacia dixital baseado na complementariedade funcional entre diferentes tipos de emisoras, xerando efectos de influencia cultural máis robustos que as estratexias centralizadas tradicionais. Estes achados contribúen ao desenvolvemento teórico da comunicación estratéxica internacional e á comprensión práctica da diplomacia pública dixital.

Vizoso García, Ángel Antonio (Titoría)
Vizoso García, Ángel Antonio (Titoría)
Tribunal
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
LOPEZ LOPEZ, PAULO CARLOS (Secretario/a)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Vogal)
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
LOPEZ LOPEZ, PAULO CARLOS (Secretario/a)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Vogal)
Os sistemas locais de benestar e as políticas de envellecemento nos concellos urbanos galegos
Autoría
I.L.A.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
I.L.A.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
03.07.2025 11:30
03.07.2025 11:30
Resumo
Este Traballo Fin de Máster analiza as políticas locais de envellecemento nos concellos urbanos galegos desde o enfoque dos sistemas locais de benestar. O estudo parte do contexto de acelerado envellecemento demográfico en Galicia e céntrase na capacidade dos municipios para dar resposta, desde a proximidade, aos desafíos que implica este fenómeno. A análise realizouse sobre unha mostra de 15 concellos urbanos, que inclúe as sete cidades galegas e os municipios máis poboados de cada provincia. O deseño metodolóxico combina análise sociodemográfica, revisión de políticas públicas locais e entrevistas semiestruturadas. Os resultados revelan unha resposta desigual entre os concellos, pero tamén mostran unha ampla diversidade de medidas implementadas, tanto no ámbito sociosanitario como sociocultural. En conxunto, o estudo evidencia un compromiso local arredor do envellecemento, aínda que con retos pendentes de coordinación e da integración da perspectiva de xénero e dos principios da Axenda 2030.

CERNADAS RAMOS, ANDRES Cotitoría
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Titoría)
CERNADAS RAMOS, ANDRES Cotitoría
Tribunal
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Vogal)
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Vogal)
Motivacións e patróns de comportamento dos usuarios en temas políticos nas redes sociais: o caso de España
Autoría
G.L.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
G.L.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
10.09.2025 09:30
10.09.2025 09:30
Resumo
Na era da comunicación política dixital, Twitter consolidouse como un espazo clave para o desenvolvemento das campañas electorais e a formación da opinión pública. Esta tese analiza as estratexias comunicativas dos principais líderes políticos do Estado español e o seu impacto no comportamento dos usuarios durante as eleccións xerais de 2023. O obxectivo é identificar as axendas temáticas, examinar o uso de estratexias emocionais e medir o nivel de interacción, co fin de comprender que motiva a participación cidadá nun contexto multipartidista e polarizado. Para iso, empregouse unha metodoloxía mixta que combina a análise de contido cuantitativa con ferramentas de procesamento de linguaxe natural. Recompilouse e analizouse un corpus de chíos publicados polos catro líderes máis relevantes (Pedro Sánchez, Alberto Núñez Feijóo, Santiago Abascal e Yolanda Díaz), empregando ATLAS.ti para a codificación temática e Spanish Sentiment 2.0 para medir a intensidade emocional. O engagement calculouse a través dunha métrica ponderada de “intensidade de interacción”. Os resultados amosan unha polarización temática significativa: o bloque da dereita (PP e Vox) centrou o seu discurso na crítica ao goberno e na cuestión territorial, mentres que o bloque da esquerda (PSOE e Sumar) puxo o foco na axenda social e na defensa da xestión. A análise da interacción revela que os temas máis confrontativos e os vinculados á identidade nacional xeran un maior engagement, o que suxire que a arquitectura da plataforma favorece a polarización. Finalmente, a través dunha análise intercultural dende unha perspectiva asiática, introdúcese o concepto de “fenda de descodificación”, que demostra ata que punto o significado da comunicación política visual depende do contexto cultural. A investigación conclúe que as estratexias dixitais, a lóxica algorítmica e o marco cultural son dimensións inseparables para entender a dinámica política contemporánea.

LOPEZ LOPEZ, PAULO CARLOS (Titoría)
LOPEZ LOPEZ, PAULO CARLOS (Titoría)
Tribunal
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Secretario/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Vogal)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Secretario/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Vogal)
“Da conquista de dereitos ao discurso de odio: Javier Milei, antifeminismo e nova (ultra)dereita na Arxentina”
Autoría
M.M.T.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
M.M.T.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
12.09.2025 09:15
12.09.2025 09:15
Resumo
Este traballo analiza o discurso antifeminista promovido por Javier Milei, actual presidente da Nación Arxentina, no contexto do ascenso dunha nova dereita nese país. Desde unha perspectiva comunicativa, estúdase como se constrúe simbolicamente ese discurso, que estratexias retóricas emprega e cal é o seu impacto na linguaxe política e no debate público sobre xénero. O estudo propón comprender como o discurso antifeminista opera como unha estratexia política de diferenciación ideolóxica, deslexitimación simbólica e reconfiguración dos límites do dicible na esfera pública. A partir da análise, explóranse os desafíos que enfrontan os feminismos para disputar sentido nun contexto mediático e político dominado pola viralización de discursos extremos e emocionalmente efectivos.
Este traballo analiza o discurso antifeminista promovido por Javier Milei, actual presidente da Nación Arxentina, no contexto do ascenso dunha nova dereita nese país. Desde unha perspectiva comunicativa, estúdase como se constrúe simbolicamente ese discurso, que estratexias retóricas emprega e cal é o seu impacto na linguaxe política e no debate público sobre xénero. O estudo propón comprender como o discurso antifeminista opera como unha estratexia política de diferenciación ideolóxica, deslexitimación simbólica e reconfiguración dos límites do dicible na esfera pública. A partir da análise, explóranse os desafíos que enfrontan os feminismos para disputar sentido nun contexto mediático e político dominado pola viralización de discursos extremos e emocionalmente efectivos.
Dirección
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Titoría)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
LOPEZ LOPEZ, PAULO CARLOS (Secretario/a)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Vogal)
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
LOPEZ LOPEZ, PAULO CARLOS (Secretario/a)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Vogal)
10 anos do novo municipalismo: Os casos de Compostela Aberta e Marea Atlántica
Autoría
M.M.P.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
M.M.P.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
Neste 2025 cúmprense 10 anos da chegada ao poder dos denominados «concellos do cambio», conseguindo as alcaldías das principais cidades do país (Madrid, Barcelona, Cádiz, Santiago de Compostela ou A Coruña), sendo o momento idóneo para poder valorar cunha certa marxe temporal as luces e sombras do novo municipalismo. Con este fin faise unha revisión da literatura existente sobre novos municipalismos e axendas públicas e compleméntase coa información obtida de fontes oficiais sobre o desenvolvemento das políticas locais para analizar as principais políticas públicas innovadoras dos gobernos municipais de Marea Atlántica e Compostela Aberta entre 2015 e 2019.
Neste 2025 cúmprense 10 anos da chegada ao poder dos denominados «concellos do cambio», conseguindo as alcaldías das principais cidades do país (Madrid, Barcelona, Cádiz, Santiago de Compostela ou A Coruña), sendo o momento idóneo para poder valorar cunha certa marxe temporal as luces e sombras do novo municipalismo. Con este fin faise unha revisión da literatura existente sobre novos municipalismos e axendas públicas e compleméntase coa información obtida de fontes oficiais sobre o desenvolvemento das políticas locais para analizar as principais políticas públicas innovadoras dos gobernos municipais de Marea Atlántica e Compostela Aberta entre 2015 e 2019.
Dirección
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Titoría)
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Titoría)
Tribunal
DIZ OTERO, ISABEL (Presidente/a)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Secretario/a)
LUBIAN GRAÑA, CARLOS (Vogal)
DIZ OTERO, ISABEL (Presidente/a)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Secretario/a)
LUBIAN GRAÑA, CARLOS (Vogal)
A fusión, o futuro dos pequenos municipios en España.
Autoría
A.M.G.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
A.M.G.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
12.09.2025 10:30
12.09.2025 10:30
Resumo
A España rural está composta por un gran número de municipios de baixa poboación que comezan a verse en dificultades para prestar os servizos que a lei lles encomenda. Para solucionar este problema a lexislación española recolle várias alternativas pero todas con baixa efectividade para resolver o problema. Moitos destes municipios optan por construír mancomunidades e consorcios con outros municipios para a prestación de servizos, pero isto acaba aumentando o gasto público. Tamén se tentou do mesmo xeito que en países do norte de Europa levar a cabo unha reforma para a fusión de municipios pero non logrou os seus obxectivos. Esta situación déixanos un panorama de incerteza de cara ao futuro e abre un debate sobre cara a onde debe ir enfocada a solución.

Lois González, Rubén Camilo (Titoría)
Lois González, Rubén Camilo (Titoría)
Tribunal
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Presidente/a)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Secretario/a)
CAAMAÑO ALEGRE, JOSE (Vogal)
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Presidente/a)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Secretario/a)
CAAMAÑO ALEGRE, JOSE (Vogal)
Postmaterialismo no Parlamento español: unha análise da dimensión argumentativa e emocional dos seus debates
Autoría
A.P.N.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
A.P.N.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
10.09.2025 09:30
10.09.2025 09:30
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar como se constrúen argumental e emocionalmente os discursos do PSOE, PP e Goberno de España en torno a catro debates parlamentarios vinculados a valores postmaterialistas: o matrimonio homosexual, a igualdade de xénero, a interrupción voluntaria do embarazo e os dereitos LGTBI. Para guiar a investigación propóñense catro preguntas: Cales son os principais argumentos dos dous principais partidos e do Goberno en cada debate?, Existen temas transversais aos catro debates?, Cal é a carga emocional de cada debate? e Existen temas ou actores nos que se aprecien diferenzas emocionais? Desde o punto de vista teórico, inténtase integrar a dimensión postmaterialista de Inglehart coa crecente atención ao papel das emocións na ciencia política. Metodoloxicamente, o traballo encádrase na análise crítica do discurso, con referencias a van Dijk. É principalmente cualitativo, pero emprega técnicas cuantitativas para sistematizar e comparar os discursos. Os obxectos de estudo son once intervencións no último debate previo á aprobación das leis estudadas. A ferramenta Atlas.ti permitiu realizar un proceso de codificación inicial e posterior agrupación de categorías, distinguindo códigos argumentais e emocionais. Os resultados amosan unha elevada coincidencia argumental entre o PSOE e o Goberno, a existencia de temas transversais aos debates e diferenzas na carga emocional dos discursos en función do tema tratado e do rol político do orador.

As mulleres arriba? Análise da participación da muller en cargos electivos en Galicia. 1995-2025.
Autoría
I.E.R.R.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
I.E.R.R.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
15.09.2025 17:30
15.09.2025 17:30
Resumo
O presente traballo céntrase en analizar a participación feminina en cargos electivos, sexa lexislativos ou executivo, desde o ano 1995 ata a actualidade tanto a nivel estatal como, no que corresponde a Galicia, a súa esfera autonómica, as das súas deputacións provinciais e os seus concellos. Para iso, tentarase investigar, entre outras cousas, a efectiva participación da muller, a súa correlación cuantitativa con respecto aos homes, a proporcionalidade entre os cargos electivos lexislativos e executivos e a súa correspondencia, no caso de que se dé, entre dita participación nos diferentes niveis de goberno. Para levar a cabo este traballo, procedeuuse á recollida e procesamento das composicións lexislativas desde 1995 nos catro niveis de goberno previamente mencionados, identificando por xénero aos homes e ás mulleres. Deste proceso, obtense resultados que, nalgúns casos, confirman crenzas e prexuízos e, noutros, os derruban.

DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Titoría)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Titoría)
Tribunal
BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Secretario/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Vogal)
BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Secretario/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Vogal)
Entre a vid e o capital: Produción vinícola, financiarización e decrecemento na Estrada
Autoría
J.R.S.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
J.R.S.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
12.09.2025 11:00
12.09.2025 11:00
Resumo
No rural galego estase a intensificar nos últimos anos un proceso de expansión de prácticas agrícolas de carácter claramente extractivo, promovido pola vontade de distintos actores económico-políticos de incrementar os seus activos no mercado. Este fenómeno evidencia as limitacións estruturais dunha agricultura cada vez máis incapaz de responder ás contradicións ecolóxicas e económicas que ela mesma xera. O caso dos viñedos no concello da Estrada constitúe un exemplo paradigmático desta lóxica de acumulación e concentración parcelaria. Fronte a esta dinámica, o presente traballo defende a necesidade de transitar cara a modelos agrícolas alternativos baseados no post-crecemento, como a agroecoloxía, o decrecemento e a planificación democrática, que permitan unha transformación territorial sostible e xusta.
No rural galego estase a intensificar nos últimos anos un proceso de expansión de prácticas agrícolas de carácter claramente extractivo, promovido pola vontade de distintos actores económico-políticos de incrementar os seus activos no mercado. Este fenómeno evidencia as limitacións estruturais dunha agricultura cada vez máis incapaz de responder ás contradicións ecolóxicas e económicas que ela mesma xera. O caso dos viñedos no concello da Estrada constitúe un exemplo paradigmático desta lóxica de acumulación e concentración parcelaria. Fronte a esta dinámica, o presente traballo defende a necesidade de transitar cara a modelos agrícolas alternativos baseados no post-crecemento, como a agroecoloxía, o decrecemento e a planificación democrática, que permitan unha transformación territorial sostible e xusta.
Dirección
Lois González, Rubén Camilo (Titoría)
Lois González, Rubén Camilo (Titoría)
Tribunal
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Presidente/a)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Secretario/a)
CAAMAÑO ALEGRE, JOSE (Vogal)
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Presidente/a)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Secretario/a)
CAAMAÑO ALEGRE, JOSE (Vogal)
O rol dos gabinetes de comunicación na administración local
Autoría
P.R.C.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
P.R.C.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
12.09.2025 09:15
12.09.2025 09:15
Resumo
A comunicación está presente en todos os ámbitos da nosa vida cotiá e adquire unha relevancia crecente tanto nas empresas como nas administracións públicas para incidir sobre os seus públicos obxectivos. O presente traballo de fin de máster pon o foco na comunicación institucional nas administracións locais, un ámbito moi pouco analizado ata o momento. Máis especificamente, a finalidade deste estudo é analizar o rol dos gabinetes de comunicación nos municipios galegos de máis de 20.000 habitantes. Para iso, levouse a cabo un estudo empírico a través da realización dun cuestionario dirixido a todos os concellos galegos deste tamaño. A análise dos resultados permitiu identificar aqueles concellos que contan cun gabinete de comunicación e, seguidamente, analizar algunhas cuestións clave destes departamentos como a posición que ocupan no organigrama municipal, o persoal, que os integra, as funcións que realizan ou se participan na toma de decisións estratéxicas dos gobernos locais.
A comunicación está presente en todos os ámbitos da nosa vida cotiá e adquire unha relevancia crecente tanto nas empresas como nas administracións públicas para incidir sobre os seus públicos obxectivos. O presente traballo de fin de máster pon o foco na comunicación institucional nas administracións locais, un ámbito moi pouco analizado ata o momento. Máis especificamente, a finalidade deste estudo é analizar o rol dos gabinetes de comunicación nos municipios galegos de máis de 20.000 habitantes. Para iso, levouse a cabo un estudo empírico a través da realización dun cuestionario dirixido a todos os concellos galegos deste tamaño. A análise dos resultados permitiu identificar aqueles concellos que contan cun gabinete de comunicación e, seguidamente, analizar algunhas cuestións clave destes departamentos como a posición que ocupan no organigrama municipal, o persoal, que os integra, as funcións que realizan ou se participan na toma de decisións estratéxicas dos gobernos locais.
Dirección
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Titoría)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Titoría)
Tribunal
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
LOPEZ LOPEZ, PAULO CARLOS (Secretario/a)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Vogal)
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
LOPEZ LOPEZ, PAULO CARLOS (Secretario/a)
JARAIZ GULIAS, ERIKA (Vogal)
A construción do fenómeno metropolitano: Unha análise de caso da Área Metropolitana de Vigo
Autoría
C.R.R.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
C.R.R.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
Esta investigación consiste nunha análise de caso da Área Metropolitana de Vigo (AMVi), que xunto con Barcelona constitúe unha das dúas únicas áreas metropolitanas recoñecidas por lei en España. Se ben a AMVi permanece paralizada desde o ano 2020, esta investigación pretende definir a estrutura que configuran os concellos que forman ou poderían ter formado parte dela, así como analizar o seu estado actual en termos legais, académicos, económicos e políticos. Emprégase para iso unha metodoloxía mixta que conxuga a análise de redes -para estruturar desprazamentos entre concellos-, indicadores de síntese -para medir a ruralidade- e entrevistas a actores clave -para obter respostas no ámbito político e técnico-. Os resultados evidencian que os concellos que rodean á cidade central conforman unha estrutura relativamente policéntrica na que, xunto con Vigo, destacan polos seus vínculos O Porriño, Redondela (dentro da AMVi) e Ponteareas (fóra da AMVi). Ademais, obsérvanse notables dualidades rural-urbano e centro-periferia entre concellos, reflectidas tamén no acceso a servizos como o transporte, clave nas demandas e críticas dos concellos, especialmente dos máis rurais. Finalmente, constátase a continuidade na paralización da AMVi, situación que se atribúe a unha cuestión de vontade política e cuxo devir percíbese, en xeral, con pesimismo. Palabras chave

Estudo do Traballo Emocional en empregados da Administración Pública Local
Autoría
P.S.B.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
P.S.B.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
15.09.2025 18:00
15.09.2025 18:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster investiga a relación entre o traballo emocional (TE) e o estrés percibido. A análise da literatura centrouse no estudo desta relación no contexto laboral, especificamente na administración local. O estudo tivo tres obxectivos: (1) avaliar as demandas emocionais dos traballadores no seu posto de traballo; (2) estudar o nivel de estrés que depende das funcións e esixencias do posto; e (3) analizar a correlación entre TE e Estrés. Para iso, recolleuse unha mostra de datos de 104 profesionais que prestan servizos no Concello de Barcelona, en concreto, na área de servizos sociais, cos seguintes postos: administrativos/as, educadores/as, traballadores/as sociais e psicólogos/as. Seleccionouse este persoal co propósito de estudar especificamente aqueles postos que manteñen con frecuencia un contacto directo con persoas en situación de vulnerabilidade. O traballo emocional global mostrou un resultado moderado-alto (M = 3,28 sobre 5), acentuado na dimensión de «sensibilidade requirida», que acadou a media máis elevada de todas as dimensións (M = 4,56). O estrés total situouse nun nivel moderado-severo (M = 2,36 sobre 4) e amosou unha correlación positiva e estatisticamente significativa co TE (r = .40; p menor de .01). Entre as dimensións do TE, a «disonancia emocional» foi o predictor máis forte (r = .49), seguida da obriga de mostrar «emocións negativas» (r = .29). As mulleres rexistraron niveis de estrés superiores e os profesionais máis novos percibiron maiores esixencias emocionais. Estes resultados contribúen a unha mellor comprensión do traballo emocional e da súa relación co nivel de estrés dos traballadores. Así, especialmente en contextos laborais que impliquen interaccións directas con usuarios, clientes ou pacientes, sublíñase a importancia de desenvolver medidas e estratexias que apoien a xestión emocional dos profesionais do sector público dada a elevada carga relacional.

CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS (Titoría)
CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS (Titoría)
Tribunal
BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Secretario/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Vogal)
BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Secretario/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Vogal)
A construción da proximidade cara aos partidos de extrema dereita: como a cultura woke impactou en España, Portugal e Italia.
Autoría
D.T.F.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
D.T.F.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
10.07.2025 11:00
10.07.2025 11:00
Resumo
O auxe da extrema dereita no sur de Europa reconfigurou os sistemas de partidos en España, Portugal e Italia. Este traballo de investigación aborda como a reacción á denominada cultura woke converteuse nun factor chave para mobilizar ao electorado. Analízase de forma comparada a influencia das actitudes sobre inmigración, igualdade, cambio climático ou lgtbi-fobia na construción da proximidade cara a partidos como Vox, Chega, Fratelli d’Italia e a Lega, buscando delimitar o peso e as especificidades desta “guerra cultural” en cada contexto nacional. Para a realización desta investigación aplícase un enfoque metodolóxico cuantitativo que, como resultado, reflicte a gran importancia das variables woke na construción desta proximidade.
O auxe da extrema dereita no sur de Europa reconfigurou os sistemas de partidos en España, Portugal e Italia. Este traballo de investigación aborda como a reacción á denominada cultura woke converteuse nun factor chave para mobilizar ao electorado. Analízase de forma comparada a influencia das actitudes sobre inmigración, igualdade, cambio climático ou lgtbi-fobia na construción da proximidade cara a partidos como Vox, Chega, Fratelli d’Italia e a Lega, buscando delimitar o peso e as especificidades desta “guerra cultural” en cada contexto nacional. Para a realización desta investigación aplícase un enfoque metodolóxico cuantitativo que, como resultado, reflicte a gran importancia das variables woke na construción desta proximidade.
Dirección
MO GROBA, DIEGO (Titoría)
MO GROBA, DIEGO (Titoría)
Tribunal
LAGARES DIEZ, MARIA NIEVES (Presidente/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
LAGARES DIEZ, MARIA NIEVES (Presidente/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
A unidade policial local de Santiago de Compostela cara un novo modelo de servizo público.
Autoría
M.E.V.E.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
M.E.V.E.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
03.07.2025 12:00
03.07.2025 12:00
Resumo
A unidade policial local de Santiago de Compostela cara un novo modelo de servizo público é un proxecto de intervención que propón a modernización da Policía Local a través dun enfoque baseado na proximidade, a innovación e a cooperación cidadá. O traballo aborda a necesidade de redefinir o modelo de servicio da Policía local de Santiago de Compostela, tendo en conta os desafíos actuais dunha cidade con elevada complexidade urbana, institucional e social. A través dunha análise crítica do modelo vixente e do seu encaixe no contexto local, identifícanse limitacións estruturais e operativas que dificultan unha resposta eficaz ás demandas da cidadanía. O obxectivo principal é formular unha proposta de mellora organizativa que permita avanzar cara unha policía próxima, moderna, tecnoloxicamente adaptada e centrada nas persoas. Para iso, incorpóranse ferramentas contrastadas de xestión do cambio organizativo, co fin de favorecer unha transformación viable e sostible do servizo policial local.
A unidade policial local de Santiago de Compostela cara un novo modelo de servizo público é un proxecto de intervención que propón a modernización da Policía Local a través dun enfoque baseado na proximidade, a innovación e a cooperación cidadá. O traballo aborda a necesidade de redefinir o modelo de servicio da Policía local de Santiago de Compostela, tendo en conta os desafíos actuais dunha cidade con elevada complexidade urbana, institucional e social. A través dunha análise crítica do modelo vixente e do seu encaixe no contexto local, identifícanse limitacións estruturais e operativas que dificultan unha resposta eficaz ás demandas da cidadanía. O obxectivo principal é formular unha proposta de mellora organizativa que permita avanzar cara unha policía próxima, moderna, tecnoloxicamente adaptada e centrada nas persoas. Para iso, incorpóranse ferramentas contrastadas de xestión do cambio organizativo, co fin de favorecer unha transformación viable e sostible do servizo policial local.
Dirección
BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Titoría)
BOUZAS LORENZO, RAMON ANGEL (Titoría)
Tribunal
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Vogal)
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
FERREIRO SEOANE, FRANCISCO JESUS (Vogal)
Políticas públicas de igualdade: Análise do caso do Concello de Melide
Autoría
L.V.G.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
L.V.G.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras
Data da defensa
12.09.2025 11:30
12.09.2025 11:30
Resumo
Este traballo aborda a análise das políticas públicas de igualdade no Concello de Melide, cunha atención especial ao V Plan de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero. A investigación, sustentada nun enfoque cualitativo, combina a revisión documental co testemuño do persoal técnico do CIM. O estudo revela como un concello medio-pequeno foi quen de consolidar estruturas estables de igualdade, entre as que destacan o CIM, a Concellería de Igualdade e a continuidade de cinco plans consecutivos, situándose como referente no ámbito local galego. Ao tempo, pon de manifesto retos pendentes como a dependencia financeira externa, a falta de recursos humanos e de avaliación sistemática, así como a limitada integración das asociacións feministas. O caso de Melide resulta especialmente interesante porque mostra tanto as potencialidades como as contradicións do feminismo institucional a escala local, converténdose nun laboratorio privilexiado para comprender os avances e límites das políticas de igualdade no rural galego.
Este traballo aborda a análise das políticas públicas de igualdade no Concello de Melide, cunha atención especial ao V Plan de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero. A investigación, sustentada nun enfoque cualitativo, combina a revisión documental co testemuño do persoal técnico do CIM. O estudo revela como un concello medio-pequeno foi quen de consolidar estruturas estables de igualdade, entre as que destacan o CIM, a Concellería de Igualdade e a continuidade de cinco plans consecutivos, situándose como referente no ámbito local galego. Ao tempo, pon de manifesto retos pendentes como a dependencia financeira externa, a falta de recursos humanos e de avaliación sistemática, así como a limitada integración das asociacións feministas. O caso de Melide resulta especialmente interesante porque mostra tanto as potencialidades como as contradicións do feminismo institucional a escala local, converténdose nun laboratorio privilexiado para comprender os avances e límites das políticas de igualdade no rural galego.
Dirección
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Titoría)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Titoría)
Tribunal
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Presidente/a)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Secretario/a)
CAAMAÑO ALEGRE, JOSE (Vogal)
LOIS GONZALEZ, MARTA IRENE (Presidente/a)
DOMINGUEZ RUIZ, IGNACIO ELPIDIO (Secretario/a)
CAAMAÑO ALEGRE, JOSE (Vogal)
A Mocidade, a Extrema Dereita e as Redes Sociais en España
Autoría
M.V.B.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
M.V.B.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
10.09.2025 09:30
10.09.2025 09:30
Resumo
O presente traballo trátase dunha investigación sobre a reacción que causa entre a mocidade, a extrema dereita nas redes sociais no contexto político español. Isto co obxectivo de analizar como as redes sociais inflúen na atracción e aceptación do discurso da extrema dereita entre a mocidade española, identificando os factores comunicativos, emocionais e contextuais que potencian seu impacto político. Para iso, someterase un grupo de expertos a un cuestionario onde analizaranse as súas percepcións sobre a relación entre os xoves, as redes sociais e a extrema dereita. A partir da análise das súas respostas, identificáronse tendencias relevantes da extrema dereita a realizar sinxelos, curtos, emocionais e cheos de simbolismos nas redes, fabricando una narrativa propia có pretexto de “salvar España” ante uns inimigos común. Ista narrativa é aceptada por un gran número de xoves, ademais de buscar pertencer a un colectivo, cousa que permiten as redes sociais con facilidade. Afirmacións coma istas, entre otras, serán detalles que permitan comprender en maior profundidade os factores que inciden no voto da mocidade ós partidos de extrema dereita en España, así coma seu impacto no entorno dixital.
O presente traballo trátase dunha investigación sobre a reacción que causa entre a mocidade, a extrema dereita nas redes sociais no contexto político español. Isto co obxectivo de analizar como as redes sociais inflúen na atracción e aceptación do discurso da extrema dereita entre a mocidade española, identificando os factores comunicativos, emocionais e contextuais que potencian seu impacto político. Para iso, someterase un grupo de expertos a un cuestionario onde analizaranse as súas percepcións sobre a relación entre os xoves, as redes sociais e a extrema dereita. A partir da análise das súas respostas, identificáronse tendencias relevantes da extrema dereita a realizar sinxelos, curtos, emocionais e cheos de simbolismos nas redes, fabricando una narrativa propia có pretexto de “salvar España” ante uns inimigos común. Ista narrativa é aceptada por un gran número de xoves, ademais de buscar pertencer a un colectivo, cousa que permiten as redes sociais con facilidade. Afirmacións coma istas, entre otras, serán detalles que permitan comprender en maior profundidade os factores que inciden no voto da mocidade ós partidos de extrema dereita en España, así coma seu impacto no entorno dixital.
Dirección
LOPEZ LOPEZ, PAULO CARLOS (Titoría)
LOPEZ LOPEZ, PAULO CARLOS (Titoría)
Tribunal
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Secretario/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Vogal)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Presidente/a)
PALEO MOSQUERA, NATALIA (Secretario/a)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Vogal)
Traballo fin de máster - Anatomía da percepción: liderado político, eye-tracking e semiótica na campaña electoral uruguaia
Autoría
P.R.V.I.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
P.R.V.I.
Máster Universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política
Data da defensa
10.09.2025 09:30
10.09.2025 09:30
Resumo
Este traballo aborda desde a semiótica e o neuromarketing unha análise dos carteis electorais utilizados polos cinco principais candidatos á presidencia do Uruguai nas últimas eleccións nacionais de 2024. Coa análise visual e a técnica de eye-tracking obsérvanse os patróns de atención que os votantes teñen fronte a distintos estímulos visuais. Os datos obtidos son segmentados posteriormente segundo variables demográficas, políticas e perceptivas para poder extraer conclusións. Desde a semiótica realízase a análise cualitativa para afondar nos elementos gráficos, tipográficos e simbólicos presentes en cada cartel, e como estes son empregados para comunicar distintos atributos de liderado, filiación partidaria ou apelar ás emocións. O estudo demostra que con cada cartel electoral conséguese construír unha narrativa visual diferenciada para cada candidato, e búscase posicionar a súa imaxe segundo a estratexia temática: renovación, continuidade, seguridade, institucionalidade ou moderación. Grazas ao cruzamento coa atención visual, verifícase como distintos públicos obxectivo procesan de maneira selectiva os contidos nos estímulos visuais. A apelación ao nacional para transmitir seriedade institucional no cartel de Yamandú Orsi; a imaxe de mocidade e renovación no de Andrés Ojeda; a continuidade no de Álvaro Delgado; a seguridade na que se insiste no de Guido Manini; e a actitude de moderación e diálogo no de Pablo Mieres son algúns dos achados nas narrativas estratéxicas realizadas nas distintas campañas. Así mesmo, aplícase unha análise correlacional exploratoria entre as distintas variables visuais, emocionais e políticas. Os resultados desta análise manéxanse con cautela, dado que o tamaño reducido da mostra non permite obter significación estatística nos mesmos. O procedemento realízase co afán de demostrar como debería estruturarse este tipo de estudo para maior amplitude e robustez en futuras investigacións. O enfoque mixto da análise semiótica e a evidencia empírica do eye-tracking axuda a comprender con maior profundidade a eficacia da comunicación política actual. Unha vez concluído o estudo, demóstrase que os carteis electorais non son simples pezas gráficas, senón construcións estratéxicas que, a través do simbólico, apelan ao emocional por riba do meramente racional.