Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="http://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Tecnoloxías en Márketing e Comunicación Política

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias sociales, trabajo social, relaciones laborales y recursos humanos, sociología, ciencia polí
Centro(s)
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881815125 (Conserxaría)
881815128 (Decanato)
politicas.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Erika Jaraiz Gulias
Contacto
erika.jaraiz@usc.es

O Máster Universitario en Tecnoloxías en Márketing e Comunicación Política responde a crecente demanda de profesionais do márketing e a comunicación nas organizacións cun enfoque estratéxico

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4317829
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 35

    Decano/a ou director/a do centro:
    MARTA IRENE LOIS GONZALEZ

    Coordinador-a do título:
    Erika Jaraiz Gulias
    erika.jaraiz@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 8 de xullo de 2021 (DOG 16/07/2021)

    Data de publicación no BOE:
    17/01/2022

    Data da última acreditación:
    24/05/2021

    O Máster Universitario en Tecnoloxías en Márketing e Comunicación Política responde a crecente demanda de profesionais do márketing e a comunicación nas organizacións cun enfoque estratéxico. Cunha forte componente teconolóxica e una visión moderna e centrada na incorporación das novas Tecnoloxías ao márketing e á comunicación política, ofrece a quen desexe especializarse neste campo as ferramentas necesarias, tanto teóricas como, sobre todo, prácticas para o deseño e a implementación de estratexias de márketing e comunicación política eficaces e efectivas. 

    O Máster en Tecnoloxías en Márketing e Comunicación Política quere ser a resposta máis avanzada fronte ás esixencias inmediatas tanto no espazo da investigación coma no da profesionalización do noso estudantado.

    Para dar resposta a estas necesidades, o Máster en Tecnoloxías en Márketing e Comunicación Política estrutúrase en catro módulos, dous obrigatorias e dous de contidos optativos. Os dous primeiros fan referencia á base instrumental/metodolóxica necesaria e aos espazos de referencia do Máster, a saber, a comunicación e o márketing político. Os dous optativos vehiculan a orientación estratéxica e tecnolóxica do máster e a súa novidosa referencia a estes contidos de vangarda, coma Data Science, xestión de redes sociais, machine learning, neurociencia ou a xestión emocional da política.
     

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 30
    Optativas: 18
    Prácticas externas 6
    Traballo fin de máster: 6
    Total: 60

    Non se contemplan itinerarios nin mencións neste mestrado; porén, o alumno deberá cursar tres materias de cada un dos módulos optativos da titulación para obter os 18 créditos optativos que ten de superar.

  • Está dirixido preferentemente a graduados ou licenciados das seguintes titulacións: Ciencias Políticas, Xornalismo ou Ciencias da Información, Económicas, Administración e Dirección de Empresas, Publicidade e Relacións Públicas, Xestión e Administración Pública, Dereito e Socioloxía. De xeito non preferente, poden acceder con calquera outra titulación universitaria.

    No caso de haber máis solicitudes que prazas ofertadas aplicaránse os seguintes criterios específicos de selección:

    • Expediente académico (66,66%)
    • Experiencia laboral (33,33%)

    Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 30 de xullo de 2018. De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre ata acadaren o nivel requirido.
     

  • Modalidade: criterios específicos

    TITULACIÓNS DE ACCESO:

    Titulacións preferentes:
    - Titulados/as en Ciencias Políticas
    - Titulados/as en Xornalismo ou Ciencias da Información
    - Titulados/as en Económicas
    - Titulados/as en Administración e Dirección de Empresas
    - Titulados/as en Publicidade e Relacións Públicas
    - Titulados/as en Xestión e Administración Pública
    - Titulados/as en Dereito

    Titulaciones non preferentes:
    Todas as titulacións universitarias que permitan o acceso aos estudos de Máster.

    CRITERIOS DE SELECCIÓN:
    Expediente académico: máx. 66,6%
    Experiencia profesional: 33,33%

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    A realización dun período de prácticas en institucións, axencias ou empresas do sector do marketing político e institucional e a comunicación política ten varios obxectivos. Por unha banda, intenta servir de ponte ao alumno entre a experiencia vital dun estudante e a do desempeño dun posto de traballo. Por outra banda, serve de campo de experiencia para a aplicación dos coñecementos adquiridos e para observar na realidade como se desenvolve a aplicación dos devanditos coñecementos por profesionais de maior experiencia.

    O alumno ten un titor na Universidade ao cal pode acudir para calquera cuestión ou dúbida de calquera problema que se suscite. O titor está en contacto cos responsábeis da empresa en que o alumno desenvolve o seu período de prácticas.

    Á finalización do devandito período, a empresa emite un informe onde avalía o desempeño do alumno, ao mesmo tempo que o alumno ten que escribir un informe sobre a súa actividade durante as prácticas.

    A finalidade última é que o alumnado poida realizar unas prácticas acreditadas en empresas o institucións, para intensificar o enfoque práctico e profesional do programa, e para desenvolver adecuadamente os coñecementos e habilidades formuladas.

  • É un traballo de carácter obrigatorio que consistirá nun pequeno proxecto de investigación individual, realizado polos/as estudantes titorizados por un profesor; e que se deberá defender de forma pública e mediante o cal o estudante poderá mostrar as competencias e coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso.

    O traballo de Fin de Master permite ao alumno desenvolver as capacidades de escritura, argumentación, análise e exposición pública, fundamentais para os perfís profesionais do Título.

    Durante os últimos anos, a experiencia acumulada das prácticas realizadas polo noso alumnado, tanto en organismos públicos como en empresas privadas, permitiulles constatar a importancia que ten para o seu futuro desenvolvemento profesional a capacidade de redactar informes sobre as materias propias de cada servizo, así como a capacidade analítica e práctica de interpretación e extracción de conclusións doutros informes dos que han de dar conta.

  • Todos os profesores que participan no programa son especialistas nas materias a impartir, e están avalados pola súa traxectoria investigadora e profesional.

    Na súa maioría son profesores de Universidade e profesionais que desenvolven labores en organismos internacionais, institucións públicas e privadas en postos relevantes e dedicados aos diferentes aspectos da Comunicación e o Márketing Político.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2022.