O programa de titores desenvólvese ao longo de dous cursos académicos.
Nunha primeira etapa fórmase ao alumnado para que coñeza o funcionamento da USC e as técnicas para poder orientar aos estudantes de novo ingreso.
Na segunda etapa estes alumnos dan acollida ao alumnado de 1.º curso e colaboran co programa A Ponte nas visitas aos centros de ensino medio e na recepción de estudantes na USC. Tamén colaboran dando acollida aos estudantes estranxeiros (de Erasmus e outros programas de intercambio).
Esta actividade está enmarcada no Artigo 10.9.c) do Real Decreto 822/2021, con un recoñecemento de seis créditos en base a un acordo do Consello de Goberno do 4 de xullo de 2008, desenvolto pola Resolución Reitoral do 14/12/09.