O núcleo da titulación está constituído polo maior en Lingua e Literatura Galegas, que está formado por 20 materias de 6 créditos agrupadas nos seguintes módulos:
- Introdución ó estudo da lingua e a literatura galegas
- Lingüística galega
- Gramática galega
- Variación, cambio lingüístico e metodoloxía
- Literatura galega
Por outra parte, o módulo de formación básica, ademais de homoxeneiza-lo nivel inicial de lingua galega e de proporcionar unha formación básica nunha segunda e nunha terceira lingua, está concibido para proporciona-los coñecementos e as ferramentas metodolóxicas necesarias para abordar, en xeral, o estudo das linguas e das literaturas.
Finalmente, a través dos módulos complementario e optativo as e os estudantes poderán adquirir unha formación de nivel básico ou medio nunha segunda e mesmo nunha terceira lingua e a súa literatura, en Lingüística Xeral, en Teoría da Literatura ou en Filoloxía Románica, ou ben combina-la formación inicial nunha destas disciplinas coa profundización nos contidos estudados no maior.
Estrutura do grao
Primeiro semestre | Segundo semestre | ||
---|---|---|---|
Materias | ECTS | Materias | ECTS |
Lingüística 1 | 6 | Teoría e crítica literaria | 6 |
Lingua galega 1 | 6 | Lingua galega 2 | 6 |
Lingua B1 | 6 | Lingua B2 | 6 |
Lingua C1 | 6 | Lingua C2 | 6 |
Introdución á literatura galega 1 | 6 | Introdución á literatura galega 2 | 6 |
Para cursa-las materias Lingua B1 e B2 e Lingua C1 e C2 o/a estudante pode elixir unha das seguintes opcións: Lingua alemá 1 e Lingua alemá 2, Lingua española 1 e Lingua española 2, Lingua francesa 1 e Lingua francesa 2, Lingua grega 1 e Lingua grega 2, Lingua inglesa 1 e Lingua inglesa 2, Lingua italiana 1 e Lingua italiana 2, Lingua latina 1 e Lingua latina 2, e Lingua portuguesa 1 e Lingua portuguesa 2. As opcións elixidas como Lingua B2 e C2 deben ser continuación das cursadas como Lingua B1 e C1, respectivamente.
Primeiro semestre | Segundo semestre | ||
---|---|---|---|
Materias | ECTS | Materias | ECTS |
Lingüística 2 | 6 | Conceptos fundamentais de teoría literaria e literatura comparada | 6 |
Introdución á gramática galega | 6 | Gramática textual do galego | 6 |
Dialectoloxía galega | 6 | Historia da lingua galega | 6 |
Tecnoloxías aplicadas ao estudo da lingua galega | 6 | Literatura galega contemporánea: narrativa | 6 |
Complementaria 1 | 6 | Complementaria 2 | 6 |
Primeiro semestre | Segundo semestre | ||
---|---|---|---|
Materias | ECTS | Materias | ECTS |
Pragmática do galego e análise do discurso | 6 | Sociolingüística galega | 6 |
Lingua galega oral, escrita e estándar | 6 | Morfoloxía do galego | 6 |
Fonética e fonoloxía históricas do galego | 6 | Literatura galega contemporánea: poesía | 6 |
Complementaria 3 | 6 | Complementaria 4 | 6 |
Optativa 1 | 6 | Optativa 2 | 6 |
Primeiro semestre | Segundo semestre | ||
---|---|---|---|
Materias | ECTS | Materias | ECTS |
Fonética e fonoloxía do galego | 6 | Literatura galega contemporánea: outras modalidades textuais | 6 |
Sintaxe do galego | 6 | Morfosintaxe histórica da lingua galega | 6 |
Literatura galega medieval | 6 | Optativa 4 | 6 |
Léxico e terminoloxía do galego | 6 | Traballo de Fin de Grao | 12 |
Optativa 3 | 6 |
Modalidades para cursa-los módulos complementario e optativo
O grao en Lingua e Literatura Galegas permite configura-los estudos segundo tres modalidades diferentes:
a. Modalidade maior / minor
Esta modalidade é recomendábel para aquelas e aqueles estudantes que desexaren combina-la formación avanzada en Lingua e Literatura Galegas que proporciona o Maior (120 créditos) co estudo dunha segunda disciplina, que dará lugar a unha mención minor (48 créditos) no Suplemento Europeo ao Título. Esta é a relación dos minor que se ofrecen para o grao en Lingua e Literatura Galegas. Ó premermos sobre cada un deles poderemos ve-las materias que os forman:
Módulo | Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|---|
Complementario | Lingua inglesa 3 | 2º | 1º | 6 |
Introdución á literatura inglesa | 2º | 2º | 6 | |
Introdución á literatura norteamericana | 3º | 1º | 6 | |
Tradución directa e inversa (inglés) | 3º | 2º | 6 | |
Optativo | Historia e cultura dos países de fala inglesa | 3º | 1º | 6 |
Fonética e fonoloxía inglesas | 3º | 2º | 6 | |
Técnicas de expresión escrita en lingua inglesa | 4º | 1º | 6 | |
Literatura inglesa 1 (séculos XVIII-XIX) | 4º | 2º | 6 |
Módulo | Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|---|
Complementario | Literaturas de lingua portuguesa | 2º | 1º | 6 |
Cultura portuguesa | 2º | 2º | 6 | |
Lingua portuguesa 3 | 3º | 1º | 6 | |
Literatura portuguesa 3 | 3º | 2º | 6 | |
Optativo | Relacións Galiza-Lusofonía | 3º | 1º | 6 |
Cultura do Brasil | 3º | 2º | 6 | |
Literatura brasileira 2 | 4º | 1º | 6 | |
Cultura dos PALOP | 4º | 2º | 6 |
Módulo | Materia | Curso | Semestre | ECTS |
---|---|---|---|---|
Complementario | Literatura grega 1 | 2º | 1º | 6 |
Literatura latina 1 | 2º | 2º | 6 | |
Literatura grega 2 | 3º | 1º | 6 | |
Literatura latina 2 | 3º | 2º | 6 | |
Optativo | Textos gregos 1 | 3º | 1º | 6 |
Textos gregos 2 | 3º | 2º | 6 | |
Textos latinos 1 | 4º | 1º | 6 | |
Textos latinos 2 | 4º | 2º | 6 |
Módulo | Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|---|
Complementario | As linguas da Romania | 2º | 1º | 6 |
A literatura románica medieval no contexto europeo | 2º | 2º | 6 | |
Fundamentos de literatura románica medieval | 3º | 1º | 6 | |
Principios de lingüística románica | 3º | 2º | 6 | |
Optativo | Novas tecnoloxías nos estudos lingüísticos e literarios románicos | 3º | 1º | 6 |
A literatura románica medieval na cultura contemporánea | 3º | 2º | 6 | |
A emerxencia das linguas románicas | 4º | 1º | 6 | |
Mitos da literatura románica medieval na cultura contemporánea | 4º | 2º | 6 |
Módulo | Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|---|
Complementario | Lingua alemá 3 | 2º | 1º | 6 |
Cultura dos países de fala alemá | 2º | 2º | 6 | |
Lingua alemá 4 | 3º | 1º | 6 | |
Lingua alemá 5 | 3º | 2º | 6 | |
Optativo | Panorama da literatura alemá 1 | 3º | 1º | 6 |
Gramática alemá 1 | 3º | 2º | 6 | |
Lingua alemá 6 | 4º | 1º | 6 | |
Tradución directa e inversa 1 (alemán) | 4º | 2º | 6 |
Módulo | Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|---|
Complementario | Introdución á historia da literatura española | 2º | 1º | 6 |
Literatura española do século XVII: teatro e prosa | 2º | 2º | 6 | |
Gramática española 1: clases de palabras | 3º | 1º | 6 | |
Gramática española 2: sintaxe | 3º | 2º | 6 | |
Optativo | Literatura española do século XVII: poesía | 3º | 1º | 6 |
Literatura española: das Vangardas ao século XXI | 3º | 2º | 6 | |
Literatura hispanoamericana do século XX | 4º | 1º | 6 | |
Análise do discurso | 4º | 2º | 6 |
Módulo | Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|---|
Complementario | Historia da literatura francesa 1 | 2º | 1º | 6 |
Introdución á gramática francesa | 2º | 2º | 6 | |
Lingua francesa 3 | 3º | 1º | 6 | |
Cultura francesa 1 | 3º | 2º | 6 | |
Optativo | Historia da literatura francesa 2 | 3º | 1º | 6 |
Lingua francesa 4 | 3º | 2º | 6 | |
Cultura francesa 2 | 4º | 1º | 6 | |
Tradución directa e inversa 1 (francés) | 4º | 2º | 6 |
Módulo | Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|---|
Complementario | Literatura italiana: corrientes y movimientos | 2º | 1º | 6 |
Gramática italiana 1 | 2º | 2º | 6 | |
Lengua italiana 3 | 3º | 1º | 6 | |
Lengua italiana 4 | 3º | 2º | 6 | |
Optativo | Géneros literarios italianos: narrativa | 3º | 1º | 6 |
Gramática italiana 2 | 3º | 2º | 6 | |
Géneros literarios italianos: teatro | 4º | 1º | 6 | |
Géneros literarios italianos: lírica | 4º | 2º | 6 |
Non existe prelación entre os dous módulos que compoñen o minor Lingüística. Polo tanto, a partir do ano académico 2012-2013 poderanse cursar na orde que cada estudante libremente decida.
O módulo que se curse en primeiro lugar terá no expediente do/a estudante a condición de complementario (en consecuencia, será susceptíbel de se configurar como tal en calquera maior plus dos ofertados na Facultade). O módulo que se curse en segundo lugar terá a condición de optativo.
NOTA: As materias dos módulos débense matricular no curso académico que figura en cada unha das alternativas.
Alternativa 1
Módulo | Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|---|
Complementario | Semiótica das linguas e da comunicación | 2º | 1º | 6 |
Sociolingüística e planificación das linguas | 2º | 2º | 6 | |
Pragmática intercultural | 3º | 1º | 6 | |
Teoría da tradución | 3º | 2º | 6 | |
Optativo | Panorámica das ideas lingüísticas | 3º | 1º | 6 |
Tipoloxía lingüística | 3º | 2º | 6 | |
Psicolingüística | 4º | 1º | 6 | |
Lingüística computacional | 4º | 2º | 6 |
Alternativa 2
Módulo | Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|---|
Complementario | Panorámica das ideas lingüísticas | 2º | 1º | 6 |
Tipoloxía lingüística | 2º | 2º | 6 | |
Psicolingüística | 3º | 1º | 6 | |
Lingüística computacional | 3º | 2º | 6 | |
Optativo | Semiótica das linguas e da comunicación | 3º | 1º | 6 |
Sociolingüística e planificación das linguas | 3º | 2º | 6 | |
Pragmática intercultural | 4º | 1º | 6 | |
Teoría da tradución | 4º | 2º | 6 |
Non existe prelación entre os dous módulos que compoñen o minor Teoría da literatura e Literatura comparada. Polo tanto, a partir do ano académico 2012-2013 poderanse cursar na orde que cada estudante libremente decida.
O módulo que se curse en primeiro lugar terá no expediente do/a estudante a condición de complementario (en consecuencia, será susceptíbel de se configurar como tal en calquera maior plus dos ofertados na Facultade). O módulo que se curse en segundo lugar terá a condición de optativo.
NOTA: As materias dos módulos débense matricular no curso académico que figura en cada unha das alternativas.
Alternativa 1
Comézase co módulo Os Estudos literarios na actualidade e continúase co módulo Aplicacións teórico-comparadas: literatura, cultura, teatro.
Módulo | Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|---|
Os Estudos literarios na actualidade (complementario) | Traxectorias da literatura europea | 2º | 1º | 6 |
Cinema e literatura | 2º | 2º | 6 | |
Teorías literarias contemporáneas | 3º | 1º | 6 | |
Literatura comparada | 3º | 2º | 6 | |
Aplicacións teórico-comparadas: literatura, cultura, teatro (optativo) | Estudos teatrais | 3º | 1º | 6 |
Análise cultural | 3º | 2º | 6 | |
Texto, imaxe, cibertexto | 4º | 1º | 6 | |
Socioloxía da literatura | 4º | 2º | 6 |
Alternativa 2
Comézase co módulo Aplicacións teórico-comparadas: literatura, cultura, teatro e continúase co módulo Os Estudos literarios na actualidade.
Módulo | Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|---|
Aplicacións teórico-comparadas: literatura, cultura, teatro (complementario) | Estudos teatrais | 2º | 1º | 6 |
Análise cultural | 2º | 2º | 6 | |
Texto, imaxe, cibertexto | 3º | 1º | 6 | |
Socioloxía da literatura | 3º | 2º | 6 | |
Os Estudos literarios na actualidade (optativo) | Traxectorias da literatura europea | 3º | 1º | 6 |
Cinema e literatura | 3º | 2º | 6 | |
Teorías literarias contemporáneas | 4º | 1º | 6 | |
Literatura comparada | 4º | 2º | 6 |
b. Modalidade maior plus
Especialmente indicada para aqueles e aquelas estudantes que desexaren afondar máis nos estudos de Lingua e Literatura Galegas, esta modalidade pódese cursar complementando o Maior (120 ECTS) cun módulo optativo de especialización en Lingua e Literatura Galegas (24 ECTS). Para completalo, as e os estudantes deberán elixir catro das seguintes materias:
- Onomástica galega (3º curso, 1º semestre) (6 ECTS)
- Teoría e práctica da tradución literaria en galego (3º curso, 1º semestre) (6 ECTS)
- Lectura e análise lingüística de textos galegos antigos (3º curso, 2º semestre) (6 ECTS)
- Ensino do galego como lingua estranxeira e como segunda lingua (3º curso, 2º semestre) (6 ECTS)
- Planificación e normalización lingüística do galego (4º curso, 1º semestre) (6 ECTS)
- Seminario de literatura galega 1 (4º curso, 1º semestre) (6 ECTS)
- Lexicografía e terminografía galegas (4º curso, 2º semestre) (6 ECTS)
- Seminario de literatura galega 2 (4º curso, 2º semestre) (6 ECTS)
Ademais, terán que cursar un dos seguintes modulos complementarios (24 ECTS). Ó premermos sobre cada un deles poderemos ve-las materias que os forman:
Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|
Estudos teatrais | 2º | 1º | 6 |
Análise cultural | 2º | 2º | 6 |
Texto, imaxe, cibertexto | 3º | 1º | 6 |
Socioloxía da literatura | 3º | 2º | 6 |
Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|
Lingua inglesa 3 | 2º | 1º | 6 |
Introdución á literatura inglesa | 2º | 2º | 6 |
Introdución á literatura norteamericana | 3º | 1º | 6 |
Tradución directa e inversa (inglés) | 3º | 2º | 6 |
Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|
Literaturas de lingua portuguesa | 2º | 1º | 6 |
Cultura portuguesa | 2º | 2º | 6 |
Lingua portuguesa 3 | 3º | 1º | 6 |
Literatura portuguesa 3 | 3º | 2º | 6 |
Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|
Literatura Grega 1 | 2º | 1º | 6 |
Literatura Latina 1 | 2º | 2º | 6 |
Literatura Grega 2 | 3º | 1º | 6 |
Literatura Latina 2 | 3º | 2º | 6 |
Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|
As linguas da Romania | 2º | 1º | 6 |
A literatura románica medieval no contexto europeo | 2º | 2º | 6 |
Fundamentos de literatura románica medieval | 3º | 1º | 6 |
Principios de lingüística románica | 3º | 2º | 6 |
Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|
Lingua alemá 3 | 2º | 1º | 6 |
Cultura dos países de fala alemá | 2º | 2º | 6 |
Lingua alemá 4 | 3º | 1º | 6 |
Lingua alemá 5 | 3º | 2º | 6 |
Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|
Introdución á historia da literatura española | 2º | 1º | 6 |
Literatura española do século XVII: teatro e prosa | 2º | 2º | 6 |
Gramática española 1: clases de palabras | 3º | 1º | 6 |
Gramática española 2: sintaxe | 3º | 2º | 6 |
Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|
Historia da literatura francesa 1 | 2º | 1º | 6 |
Introdución á gramática francesa | 2º | 2º | 6 |
Lingua francesa 3 | 3º | 1º | 6 |
Cultura francesa 1 | 3º | 2º | 6 |
Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|
Semiótica das linguas e da comunicación | 2º | 1º | 6 |
Sociolingüística e planificación das linguas | 2º | 2º | 6 |
Pragmática intercultural | 3º | 1º | 6 |
Teoría da tradución | 3º | 2º | 6 |
Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|
Panorámica das ideas lingüísticas | 2º | 1º | 6 |
Tipoloxía lingüística | 2º | 2º | 6 |
Psicolingüística | 3º | 1º | 6 |
Lingüística computacional | 3º | 2º | 6 |
Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|
Literatura italiana: correntes e movementos | 2º | 1º | 6 |
Gramática italiana 1 | 2º | 2º | 6 |
Lingua italiana 3 | 3º | 1º | 6 |
Lingua italiana 4 | 3º | 2º | 6 |
Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|
Traxectorias da literatura europea | 2º | 1º | 6 |
Cinema e literatura | 2º | 2º | 6 |
Teorías literarias contemporáneas | 3º | 1º | 6 |
Literatura comparada | 3º | 2º | 6 |
c. Modalidade mixta
A través desta modalidade, os estudos realizados no Maior en Lingua e Literatura Galegas (120 ECTS) pódense combinar co estudo de dous dos módulos complementarios (24 ECTS) mencionados na opción anterior, ou ben cun destes módulos complementarios e un dos seguintes módulos optativos:
Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|
Lingua catalá 1 | 3º | 1º | 6 |
Lingua catalá 2 | 3º | 2º | 6 |
Cultura e literatura catalás 1 | 4º | 1º | 6 |
Cultura e literatura catalás 2 | 4º | 2º | 6 |
Non ofertado
Materia | curso | semestre | ECTS |
---|---|---|---|
Lingua occitana 1 | 3º | 1º | 6 |
Lingua occitana 2 | 3º | 2º | 6 |
Literatura occitana 1 | 4º | 1º | 6 |
Literatura occitana 2 | 4º | 2º | 6 |
Non ofertado