Ir o contido principal

Máster Universitario en Ensino do Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua

  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Ámbito de coñecemento
Filología, estudios clásicos, traducción y lingüística.
Centro(s)
Facultade de Filoloxía
Avda. de Castelao, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881811750 (Conserxaría)
881811762 (Decanato)
filoloxia.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Marta Blanco Dominguez
Contacto
marta.blanco [at] usc.es

O Máster Universitario en Ensino de Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua é unha proposta interdepartamental das Universidades de Santiago de Compostela, de Vigo e da Coruña que pretende dar resposta ás crecentes necesidades académicas, científicas e profesionais do profesorado de español como lingua estranxeira ou segunda lingua (LE/L2), así como atender a alta demanda detectada entre o alumnado nativo e non nativo que desexa abrir as súas perspectivas académicas, científicas e laborais cara ao ámbito do ensino do español LE/L2, demanda claramente vinculada coa situación internacional da nosa lingua, como puxeron de manifesto distintos estudos socioeconómicos, nos que se fai patente unha vitalidade extraordinaria, relacionada, sen dúbida, coa súa cada vez maior peso demográfico e económico nun mundo globalizado.

Duración: 1 ano académico
Número de ECTS: 60
Número prazas: 8

Decano/a ou director/a do centro:
ELIAS JOSE FEIJO TORRES
eliasjose.torres [at] usc.gal

Coordinador-a do título:
Marta Blanco Dominguez
marta.blanco [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
15/07/2024

Data de publicación no BOE:
27/12/2024

Data da última acreditación:
09/07/2024

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 30
Optativas: 12
Prácticas externas 9
Traballo fin de máster: 9
Total: 60

Non se contemplan

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Capacidades e habilidades recomendadas:
· Capacidades básicas no manexo das novas tecnoloxías.
· Capacidade de abstracción, análise, síntese e razoamento lóxico.
· Capacidade de traballo en equipo.
· Habilidades para a organización, innovación e emprendemento.
Coñecementos recomendados:
· Coñecemento avanzado en lingua española (fonética, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe, léxico, análise do discurso).
· Coñecemento xeral en literatura e cultura hispánicas.
· Coñecemento xeral en lingüística.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 30
Optativas: 12
Prácticas externas 9
Traballo fin de máster: 9
Total: 60

A Facultade de Filoloxía organiza para os estudantes recentemente incorporados aos diferentes títulos unha xornada de acollida o primeiro día lectivo de cada curso académico. Nesa reunión de acollida por parte do equipo decanal e dos coordinadores de cada titulación, o alumnado é informado das cuestións organizativas da facultade e da universidade en relación con aspectos funcionais, académicos, de servizos, de participación estudantil, etc. Abórdanse asuntos como o goberno da universidade e dos centros universitarios, a organización dos plans de estudo, a participación estudiantil nos órganos de goberno, os deberes e dereitos do alumnado e os servizos que a Universidade de Santiago de Compostela presta ao colectivo estudiantil. Nesa mesma xornada os estudantes das distintas titulacións reúnense co coordinador de cada titulación, que os informa en detalle das características do título en que se matricularon, da organización do plan de estudos, das saídas profesionais e dos servizos dos que a facultade dispón para a súa formación.

Así mesmo, a dirección da biblioteca do centro dedica sesións á presentación dos seus recursos, procura e xestión de información en distintos soportes, etc. e ofrece a formación en liña dun Curso de Competencias en Información da Biblioteca.

A Comisión Académica asignaralle a cada estudante un titor ou titora de entre os membros do equipo docente do mestrado, que o orientará sobre cuestións específicas do título e que, ademais, poderá dirixilo a outros servizos universitarios que fagan posible a súa integración plena na vida universitaria.

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de Master:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de mestrado.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.

Admisión

Titulacións de acceso:

- Grao (ou Licenciatura) en Lingua e Literatura Españolas.
- Grao (ou Licenciatura) en Inglés / Francés / Alemán / Italiano / Lingua e Literatura Portuguesas / Linguas e Literaturas Modernas / Lingua e Literatura Galegas / en Filoloxía Clásica.
- Grao (ou Licenciatura) en Lingüística Aplicada / en Lingüística / en Lingüística e Ciencias da Linguaxe.
- Grao (ou Diplomatura) en Mestre de Educación Infantil / Mestre de Educación Primaria / Grao (ou Licenciatura) en Pedagoxía.
- Grao (ou Licenciatura) en Tradución e Interpretación.
- Grao (ou Licenciatura) en Humanidades.
- MU en Lingua e Literatura Españolas.
- MU en Lingüística Aplicada.
- MU en Ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade de Idiomas e Literaturas.
- MU en Ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade de Idiomas e Literaturas Estranxeiras.
- MU en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria / MU en Pedagoxía.
- Outros títulos de grao (ou licenciatura) das ramas de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.
- Outras titulacións segundo criterios da Comisión do Título.

CRITERIOS DE ADMISIÓN

1. Expediente académico (ata un 60%)
2. Currículum vitae (ata un 25%)
3. Estar en posesión das titulacións das ramas de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas que se relacionan por orde de prioridade (ata 15%)

Os alumnos que non teñan o español como lingua materna deberán acreditar o nivel C1, segundo o Marco Común Europeu de Referencia para as Linguas, MCER.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.

- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo

- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos

- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades

- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

-Analizar, saber avaliar e aplicar os conceptos, teorías, modelos lingüísticos e metodoloxías didácticas relacionados cos distintos campos do ensino do español LLE/L2.
-Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito do ensino de español LLE/L2.
-Desenvolver a autonomía suficiente para traballar en equipo e participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas no ámbito do español LLE/L2.
-Elaborar propostas de ensino de español LLE/L2 para distintos contextos de aprendizaxe.
-Manexar e integrar de forma eficiente as novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito do ensino de español LLE/L2.

-Definir e describir os aspectos lingüísticos (gramaticais, semánticos, pragmáticos) do español asociados á súa aprendizaxe como LLE/L2.
-Identificar e describir as correntes teóricas e metodolóxicas do ensino e aprendizaxe de español LLE/L2.
-Desenvolver novas ideas, técnicas e materiais aplicados ao ensino de español LLE/L2.
-Definir e describir os contextos sociolingüísticos que condicionan o ensino e aprendizaxe de español LLE/L2.
-Identificar dificultades no proceso de ensino/aprendizaxe de español LLE/L2.
-Coñecer a periodización e sistematización de métodos de avaliación do proceso de ensino/ aprendizaxe de español LLE/L2.

-Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita.
-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
-Valorar a importancia que teñen a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
-Manexar e analizar críticamente fontes de documentación científica, bibliográfica ou dixital.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Prácticas

O alumnado deberá realizar prácticas externas por un valor de 9 créditos. Deberá aplicar con eficacia os coñecementos adquiridos nas diferentes materias do máster a distintos contornos profesionais adaptándose ao traballo en equipo en diferentes contextos profesionais.

O máster contempla un traballo fin de máster de 9 créditos no cal o alumno deberá:

- Elaborar un traballo académico aplicando os coñecementos adquiridos nas diferentes materias ao tema de investigación seleccionado.
- Seleccionar e manexar técnicas de investigación e bibliografía adecuadas para o tema tratado.
- Extraer conclusións dos resultados obtidos aplicables ao seu futuro profesional.
- Utilizar adecuadamente o discurso académico escrito.
- Adaptar o discurso oral á situación académica de exposición do traballo.

Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2025.