O Síndrome de Williams e a adquisición da linguaxe
Autoría
I.P.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]

Data da defensa
05.02.2025 11:00
05.02.2025 11:00
Resumo
No presente Traballo Fin de Grao (TFG) estudamos a historia e complexidade do Síndrome de Williams, que é un trastorno xenético raro do que se ven afectadas 1 de cada 20.000 personas, combinando habilidades lingüísticas coa discapacidade cognitiva. A través dunha revisión bibliográfica explórase a relación existente entre o Síndrome de Williams e a adquisición da linguaxe, destacando que as persoas con este síndrome, polo xeral, poseen un gran vocabulario, pero enfrontan problemas a nivel pragmático na comunicación e na comprensión. Para desenvolver estas habilidades diséñase un programa de intervención que inclúe actividades estruturadas coma xogos de rol e prácticas de conversación, de cara a mellorar a comprensión da linguaxe, uso desta e mellora da comunicación a nivel social, potenciando as súas habilidades innnatas.

Dirección
Enríquez Martínez, Iván (Titoría)
Enríquez Martínez, Iván (Titoría)
Tribunal
Enríquez Martínez, Iván (Titor do alumno)

Dramatización e creatividade na aula de Educación Infantil.
Autoría
L.V.O.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.V.O.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
11.02.2025 14:30
11.02.2025 14:30
Resumo
O traballo de aula require de actividades que promovan a creatividade do alumnado. Dentro da aula de educación infantil, isto é aínda máis necesario se cabe, pois sentará no alumnado as bases llo seu desenvolvemento futuro. É por iso, que o obxectivo que perseguiremos será o de incluír a dramatización como unha ferramenta máis que permítanos facer ao alumnado consciente das súas fortalezas e reforzar algunha posible carencia. Estes exercicios inclúen un traballo emocional moi interesante onde podemos poñer en práctica situacións de recoñecemento de emocións propias e alleas. Neste sentido, é necesario lembrar que dentro da aula perseguiremos aprendizaxes significativas, que resulten amenos, buscando que o alumnado se mergulle dentro dos coñecementos propóñense. Ao momento de incluír estas actividades en aula, debemos estar atentos a posibles necesidades do alumnado e realizar tantas adaptacións como a situación de aula requira. A dramatización é unha oportunidade perfecta para observar o desempeño do alumnado de forma transversal. En definitiva, a aula de educación infantil debe ser unha xanela aberta ao mundo, onde o alumnado teña a oportunidade de coñecerse e relacionarse coa contorna.

ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titoría)
Tribunal
ESTEVEZ RIONEGRO, NOELIA (Titor do alumno)

Traballar a historia nas aulas de Educación Primaria mediante a creación dunha WebQuest.
Autoría
C.L.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
C.L.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
06.02.2025 10:00
06.02.2025 10:00
Resumo
A presente investigación pretende presentar unha proposta nun aula de Educación Primaria a través do recurso innovador da WebQuest, por mor da necesidade de traballar dun xeito mais dinámico e creativo a área de ciencias sociais; tendo como obxectivo principal o estudo de dito recurso mediante unha metodoloxía activa e innovadora, a cal empregará recursos dixitais vencellados as Tic; e que deberá de atender as necesidades do alumnado en todo momento. Preséntase un plan de traballo xunto cun exemplo do recurso obxecto do estudo (WebQuest) para o uso da comunidade educativa. Concluindo con unha aproximación a información contrastada en todo o documento e unha proposta de mellora, xa que de poder ser levado á práctica, dito recurso resulta interesante pola súa versatilidade e orixinalidade, dando ó alumnado unha maior motivación fronte os contidos a traballar na aula.

CALDEIRO PEDREIRA, Mª CARMEN (Titoría)
CALDEIRO PEDREIRA, Mª CARMEN (Titoría)
Tribunal
CALDEIRO PEDREIRA, Mª CARMEN (Titor do alumno)

Tocar o mundo. Unha proposta de talleres para traballar o sentido do tacto na escola.
Autoría
B.V.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
B.V.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
04.02.2025 10:00
04.02.2025 10:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao exploramos a importancia do sentido do tacto no ámbito da Educación Plástica dos nenos e nenas na etapa de Educación Primaria, resaltando o seu impacto no desenvolvemento integral dos estudantes. Mediante un análise teórico que se basa en enfoques pedagóxicos activos como Montessori e Reggio Emilia, destaca como a exploración sensorial táctil promove a creatividade, a independencia e a expresión individual. Elaborouse unha proposta didáctica estrucurada en cinco sesións, nas cales se empregan unha variedade de materiais e texturas co obxectivo de estimular a percepción táctil e propiciar un aprendizaxe profundo. A proposta diseñouse considerando a importancia da experimentación sensorial artística e para fortalecer o vínculo dos estudantes ca súa contorna. O estudo teórico promove que a educación experiencial a través da manipulación de diversos materiais na área plástica, pode incidir positivamente no desenvolvemento da motricidade fina, a autoconfianza e o interese pola expresión artística. Ademáis, plantease a necesidade de contar cos recursos adecuados e unha formación docente especializada para garantir unha implementación eficaz deste tipo de propostas. En resumo, o sentido do tacto é un recurso chave na Educación Plástica, que brinda múltiples vantaxes que trascenden no ámbito artístico e favorecen un aprendizaxe inclusivo e adaptado ás características do alumnado.

BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titoría)
Tribunal
BLANCO MOSQUERA, VICENTE (Titor do alumno)

O arte manipulativo de 0 a 3 anos
Autoría
O.F.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
O.F.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
04.02.2025 10:00
04.02.2025 10:00
Resumo
Neste traballo centreime en como a expresión plástica é unha maneira de manifestar sentimentos, coñecementos e experiencias a través de diversos materiais e técnicas artísticas. Este modo de comunicarse permite experimentar e crear unha forma persoal de comunicación. Nos primeiros anos, utilizar o xogo para realizar actividades plásticas favorece o desenvolvemento motriz, a creatividade, a sensibilidade e a percepción. A evolución da expresión plástica nos nenos vese influenciada por distintos motivos: Polo desenvolvemento motor (motricidade fina e grosa, coñecemento menor esquema corporal etc.). O desenvolvemento cognitivo (reflicte ideas e pensamentos). A afectividade (emocións que senten). A comunicación (utilización linguaxe oral). A curiosidade (probar novos materiais, plasmar ideas etc.)/ etc.)

CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titoría)
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titoría)
Tribunal
CIDRAS ROBLES, SALVADOR (Titor do alumno)

Estimulación da linguaxe oral en Educación Infantil
Autoría
M.F.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
M.F.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
11.02.2025 12:00
11.02.2025 12:00
Resumo
Para a consecución das aprendizaxes elementais que teñen lugar na Educación Infantil, un vehículo esencial é a linguaxe oral. A través do seu uso, o neno/a exteriorizará as súas necesidades, desexos e sentimentos, coñecerá e interactuará co mundo que se atopa ao seu redor, organizará o seu pensamento... Por iso, o actual Traballo de Fin de Grao, persegue expoñer as diversas bases teóricas sobre a adquisición e desenvolvemento da linguaxe e das etapas que interveñen en dita evolución para, en definitiva, amosar unha proposta didáctica encamiñada a elaborar unha serie de actividades de estimulación da linguaxe oral no ámbito de Educación Infantil, favorecendo a progresiva integración da competencia comunicativa en idades temperás.

SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
CONDE MIGUELEZ, JORGE (Presidente/a)
GARCIA ROMERO, DAVID (Secretario/a)
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Vogal)

Como promover a cultura galega a través da música
Autoría
N.A.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
N.A.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
13.02.2025 10:00
13.02.2025 10:00
Resumo
Neste traballo de fin de grao falarase da importancia da música e de como se lles pode ensinar aos nenos e nenas de Educación Infantil sobre a cultura de Galicia a través da música.

LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titoría)
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titoría)
Tribunal
LOPEZ DE LA CALLE SAMPEDRO, Mª ANGELES (Titor do alumno)

Estilos de vida saudables. Alimentación e exercicio físico na Educación Primaria
Autoría
M.N.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
M.N.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
21.02.2025 10:15
21.02.2025 10:15
Resumo
Na actualidade o incremento da obesidade na educación primaria estase a ver afectado por dous factores importantes como son, a mala alimentación ou os malos hábitos e a falta de actividade física entendida como calquera movemento do corpo producido polos músculos esqueléticos que conleva un gasto enerxético por encima do nivel de repouso. Este aumento podémolo observar mediante diferentes estudos que organizan toda a información recollida nestas idades como pode ser o Informe Aladino 2019. A través deste estudo, neste documento, veremos a importancia dunha boa alimentación e da actividade física para lograr así un bo estado de saúde e diminuír os efectos negativos dunha mala alimentación e dunha pobre práctica deportiva na vida dos nenos e nenas, para así tratar de levar a cabo unha proposta de mellora para o futuro.

NEIRA MARTIN, PEDRO JOSUE (Titoría)
NEIRA MARTIN, PEDRO JOSUE (Titoría)
Tribunal
NEIRA MARTIN, PEDRO JOSUE (Titor do alumno)