Requisitos xerais
Son aqueles requisitos comúns e mínimos a nivel académico para o acceso aos estudos de doutoramento.
Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.
Ademais, existen outras posibilidades que permiten o acceso aos estudos oficiais de doutoramento, que están reguladas no artigo 6 do RD 99/2011.
Estudantado con titulacións estranxeiras de acceso sen homologar
Poderá solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que acredite un nivel de formación equivalente aos requisitos de acceso especificados. O recoñecemento desta equivalencia para a admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento para outros efectos que os de acceso a estas ensinanzas.
O estudantado poderase matricular sen esperar a resolución de equivalencia, pero a validez da súa matrícula quedará condicionada a esta declaración.
As resolucións de equivalencia constarán no expediente do estudantado e poderanse certificar como calquera outro aspecto que o integre.
Acceso
As titulacións que dan acceso a este Programa de Doutoramento sen complementos formativos son as seguintes:
- Con carácter xeral, calquera máster oficial en Química, tomando como referencia aqueles nos que estean implicadas as Facultades de Química da Universidade de Santiago e da Universidade de Vigo (Máster en Investigación Química e Química Industrial, Química Orgánica, Química Teórica e Computacional).
- Estudantes con título de DEA obtido a través do Programa de Doutoramento en Química e do Programa de Doutoramento en Química Orgánica da USC, así como do Programa de Doutoramento en Química: Fundamentos e Aplicacións da Universidade de Vigo.
- Estudantes cun título de DEA académicamente similar aos dos programas de doutoramento do apartado anterior.
Os criterios de valoración das solicitudes serán os seguintes:
- Expediente académico: 70%
- Currículo: 20%
- Entrevista persoal con membros da CAPD: 10%
Para a admisión no programa é necesario presentar a seguinte documentación:
- Certificado que demostre poseer as titulacións que dan acceso a estudios de doutoramento
- Expediente académico
- Currículo
- Carta de referencia dun/dunha profesor/a do programa que avale a potencial viabilidade da futura tese no marco dunha liña de investigación do programa e compromiso para exercer de titor/a e/ou director/a.
- No caso de estudiantes extranxeiros de países que non teñan como lingua oficial o español, certificado de competencias mínimas lingüísticas en galego ou castelán equivalente ao nivel B1 ou informe do/a profesor/a do programa que avale a posibilidade de comunicación noutra lingua.
No caso doutro tipo de perfís distintos dos anteriores, a Comisión Académica avaliará cada caso individualmente, para decidir se se precisa unha formación complementaria (máximo de 15 ECTS), indicando as materias específicas que se deben realizar. tomadas (máximo tres).
No caso de estudantes que non teñan cursado un máster, esixirase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, polo menos igual aos dos másteres que dan acceso, que será de, como mínimo, 60 ECTS.
A realización destes complementos será simultánea á matrícula de tutela académica no Programa, debendo matricularse o alumno/a nestes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa.
Os complementos formativos deberán realizarse nun período máximo de tres trimestres consecutivos. De non facelo, o alumnado será excluído do programa.
Estes complementos formativos específicos terán a consideración de formación de grao de doutoramento para os efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo. Estes créditos non computarán para os efectos dos requisitos comúns de acceso ao programa de doutoramento.
Con carácter xeral, configúrase un Módulo de Complementos Formativos Previos, composto polas materias obrigatorias e optativas do Máster en Investigación Química e Química Industrial que ofrecen as universidades de Santiago de Compostela e Vigo.
Os estudantes predoutorais doutras Universidades que realicen estadías temporais de investigación na USC e na UVigo deberán realizar unha matrícula de estadía na universidade correspondente que se formalizará nas Unidades de Xestión Académica durante o curso académico, previa autorización do programa de doutoramento onde realizará a estadía.