A USC sumouse aos principios da Carta Europea para os Investigadores e o Código de Conducta para a Contratación de Investigadores en xullo de 2016. Inmediatamente iniciouse o proceso de implementación da Estratexia de Recursos Humanos para Profesionais da Investigación (HRS4R), que se resume no seguinte gráfico.
Tras levar a cabo unha análise das carencias existentes (Gap Analysis) e desenvolver un Plan de Acción para subsanalas, en febreiro de 2017, foille otorgado á USC o HR Excellence in Research Award, que recoñece que as políticas e procesos de recursos humanos da universidade ofrecen unha contorna laboral de excelencia para o desenvolvemento da carreira do seu persoal investigador, homologado cos máis altos estándares europeos.
Tanto para elaborar o primeiro Plan de Acción HRS4R, como para a súa actualización no proceso de revisión previsto en 2022, a USC impulsou un proceso participativo, con sendas enquisas aos seus equipos de investigación realizadas en 2016 e en 2022.