
Óscar Pazos Rodríguez, investigador da minaría galaico-romana dende hai dez anos, do que resultou o libro, publicado por Aterra, A invención da Gallaecia e a minaría galaico-romana do ouro. Unha tese sobre as orixes da Galiza, cunha última edición en 2023.
Membro da Comisión de Xeorqueoloxía (Geo-Arch-SGE), adoita presentar os resultados das investigacións nos congresos anuais da SEDPGYM (Soc. esp. para la Defensa del Patrimonio Geológico y Minero) e SGE (Soc. Geo. de Esp.), onde participa na Comisión de Geoarqueología (Geo-Arch-SGE) da Sociedade geográfica Española e participa cos seus traballos na SEDPGYM, Sociedad Española para la Defensa del Patrimonio Geológico y Minero.
Realiza e guía andainas polas minas galaico-romanas, promovendo o coñecemento, conservación e divulgación deste inmenso e pouco coñecido patrimonio.
Alén de investigar e divulgar a minaría galaico-romana, efectúa estudos de xeofísica de resistividade (tomografías) aplicadas á arqueoloxía e xeoloxía. Como xeólogo autónomo traballou e traballa en medio ambiente, minaría e xeotecnia, e divulgación para empresas e particulares.
Data sábado 15 de febreiro
Horario 11.30 horas
Idade adultos e familias
Prezo de balde, previa inscrición
Inscricións en amhnusc [at] gmail.com (amhnusc[at]gmail[dot]com)
