Pasar al contenido principal

Charla

A minaría do ouro e as orixes de Gallaecia - Óscar Pazos

15.02.2025 | 11.30h

Cartel da actividade
Cartel da actividade

Óscar Pazos Rodríguez, investigador da minaría galaico-romana dende hai dez anos, do que resultou o libro, publicado por Aterra, A invención da Gallaecia e a minaría galaico-romana do ouro. Unha tese sobre as orixes da Galiza, cunha última edición en 2023. 

Membro da Comisión de Xeorqueoloxía (Geo-Arch-SGE), adoita presentar os resultados das investigacións nos congresos anuais da SEDPGYM (Soc. esp. para la Defensa del Patrimonio Geológico y Minero) e SGE (Soc. Geo. de Esp.), onde participa na Comisión de Geoarqueología (Geo-Arch-SGE) da Sociedade geográfica Española e participa cos seus traballos na SEDPGYM, Sociedad Española para la Defensa del Patrimonio Geológico y Minero.

Realiza e guía andainas polas minas galaico-romanas, promovendo o coñecemento, conservación e divulgación deste inmenso e pouco coñecido patrimonio.

Alén de investigar e divulgar a minaría galaico-romana, efectúa estudos de xeofísica de resistividade (tomografías) aplicadas á arqueoloxía e xeoloxía. Como xeólogo autónomo traballou e traballa en medio ambiente, minaría e xeotecnia, e divulgación para empresas e particulares.

Data sábado 15 de febreiro

Horario 11.30 horas

Idade adultos e familias 

Prezo de balde, previa inscrición

Inscricións en amhnusc [at] gmail.com (amhnusc[at]gmail[dot]com)

Cartel da actividade
Cartel da actividade
Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.02.2025.