O xurado desta primeira edición estivo formado por Senén Barro, Reitor da USC; Xosé Manuel Villanueva, Xerente do Consorcio de Santiago; Carlos Pajares, catedrático de Física Teórica da USC; Xosé Denis, Director de programas do Consorcio de Santiago; Javier Armentia, Director do Planetario de Pamplona; Xosé Rodríguez Durán, Director do programa da TVG ‘Ciencianosa’ e polo Director do programa ConCiencia, Jorge Mira. Todos eles destacaron unanimemente a importantísima traxectoria do profesor Hawking e a súa gran achega á divulgación científica.
"Pola súa excepcional mestría na popularización de conceptos complexos da Física no borde último da nosa comprensión do Universo, combinada coa máis alta excelencia científica, e por terse convertido nunha referencia pública da ciencia no mundo"
I Premio Fonseca. Stephen W. Hawking (27/09/2008)