O programa ConCiencia, da USC e o Consorcio de Santiago, segue a consolidar o seu prestixio e a súa condición de referente na proxección pública da ciencia, circunstancia sinalada por varios participantes de edicións anteriores.
Entre os obxectivos desta iniciativa, cabe destacar:
- A divulgación científica a cargo de Premios Nobel ou equivalente
- Proxecta-la imaxe da Cidade de Santiago de Compostela como foco universal do pensamento
- Servir de ponte para o reforzamento de contactos científicos entre líderes da máxima relevancia científica mundial e o corpo de investigadores da USC
Estas bases diferencian o programa ConCiencia de calquera outra iniciativa de divulgación científica, posto que buscan, á marxe da clásica conferencia ou acto puntual, a rendibilización da visita destes Premios Nobel favorecendo o seu contacto con especialistas locais.
Visitantes do programa ConCiencia
Premio Fonseca
Novas relacionadas
O Premio Nobel de Física Klaus von Klitzing ofrece este xoves en Fonseca unha conferencia sobre a revolución cuántica en metroloxía
Os seus traballos foron a base da reforma histórica do ano 2019 do Sistema Internacional de Unidades
Ler máisO Premio Nobel de Física Klaus von Klitzing visita Compostela no marco do Programa ConCiencia
O programa contempla unha conferencia o dçía 12 dirixida ao público en xeral, unha sesión de traballo sobre materiais bidimensionais e diversas xuntanzas con autoridades académicas e civís.
Ler máisO Premio Nobel de Física Klaus von Klitzing visitará Compostela en setembro no marco do Programa ConCiencia
O 12 de setembro ofrecerá no Colexio de Fonseca a conferencia ‘A revolución cuántica en metroloxía’
Ler máis