Premio Nobel "por descubrir o mecanismo enzimático que está detrás da síntese da ATP (adenosina trifosfato)".
A ATP é a moeda de intercambio enerxético do noso corpo. Buscando una analoxía co funcionamento dun país, poderíamos dicir que a ATP é o euro dentro do noso corpo . Do mesmo xeito que o euro rexe o movemento económico dunha sociedade, a ATP rexe a vida dun organismo: case calquera proceso que se realiza nel debe gastar enerxía, e esa enerxía só sae grazas á ATP.
Walker foi quen determinou a secuencia de proteínas e a estrutura das enzimas que levan á formación da ATP, un traballo clave para a comprensión do funcionamento dos seres vivos e que lle mereceu os maiores recoñecementos.
É unha das figuras punteiras da bioloxía molecular actual, un campo dos máis activos da ciencia mundial. A elección foi feita por mor da actividade nese campo no seo da USC, algunha dela en colaboración con Walker.