A BUSC ofrece a posibilidade de beneficiarse de descontos nas taxas de publicación de artigos científicos en acceso aberto (APC) en diversas editoriais científicas.
O Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG) negociou varios acordos para a publicación en acceso aberto. Algúns deste forman parte dos acordos transformativos (Read&Publish) firmados con editoriais científicas, dirixidos a transformar o modelo de pago de licencias por ler ao pago por ler e publicar en acceso aberto.
Os descontos varían na súa contía dependendo dos acordos coas editoriais.