Consultar
De interese
Axuda e atención ao usuario
Actualidade
A Biblioteca Intercentros de Lugo celebra o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial coa mostra fotográfica ‘Patrimonio vivo’
O acto de inauguración, celebrado na carballeira da Biblioteca, foi presidido polo vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga; acompañado do director da Biblioteca Intercentros de Lugo, César Gómez; o presidente de 'Ponte... nas ondas!', Santiago Veloso; e a Concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo, Iria Buide. Durante o evento, os participantes reivindicaron a relevancia do patrimonio cultural inmaterial, así como a súa divulgación entre as xeracións máis novas.
Ler máis
Novo recurso electrónico dispoñible en proba: CAS BioFinder Discovery Platform
Dende o 15 de outubro ata o 31 de decembro de 2025, a comunidade universitaria poderá acceder a CAS BioFinder Discovery Platform, plataforma de investigación de CAS para química medicinal, descubrimento de fármacos, farmacoloxía e bioinformática.
Ler máis