Horarios extraordinarios de apertura das bibliotecas do primeiro semestre
O vindeiro sábado 6 de decembro dará comezo o período de apertura extraordinario das bibliotecas co gallo da celebración dos exames do primeiro semestre. Así, ata o 23 de xaneiro o estudantado contará con amplos horarios e unha oferta de máis de 3.400 prazas divididas en distintos puntos de servizo nos campus de Santiago e Lugo (Consulta o infográfico cos horarios nesta ligazón).
A través da páxina web da BUSC, no apartado Postos de Lectura, pódese consultar a porcentaxe e número de postos libres nos distintos puntos de servizo da Biblioteca. Esta información está dispoñible durante todo o curso académico, ampliando a xa existente en período de apertura extraordinario. A información actualízase aproximadamente cada hora. O horario de cobertura esténdese de luns a venres, entre as 9 e as 21 horas, e as fins de semana e festivos de 9 a 19 horas, nas bibliotecas que abren nesta quenda.
Esta información tamén está dispoñible na conta de BlueSky BUSCHorarios @buschorarios.bsky.social, e desde a app oficial da USC, no apartado Postos na BUSC da lapela Destacado.
Oferta de horarios
- Do 6 ao 8 de decembro de 2025:
- Biblioteca Concepción Arenal. 8:30-22:00
- Biblioteca Intercentros de Lugo. 8:30-22:00
- Sala de Lectura da Facultade de Dereito: 8:30-0:00
- Do 9 ao 19 de decembro de 2025:
- Biblioteca Concepción Arenal. 8:30-22:00, de luns a domingo.
- Biblioteca Intercentros de Lugo. 8:30-0:00, de luns a domingo
- Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. 8:30-22:00, de luns a domingo
- Sala de lectura da Facultade de Dereito. 8:30-0:00, de luns a domingo
- Biblioteca da Facultade de Bioloxía. 8:30-22:00, de luns a venres
- Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría. 8:30-21:30 de luns a venres
- Biblioteca da Facultade de Matemáticas. 8:30-21:30 de luns a venres
- Biblioteca Xeral. 8:30-21:30 de luns a venres
- Do 20 de decembro de 2025 ao 1 de xaneiro de 2026:
- Biblioteca Concepción Arenal
- De luns a venres: 9:00-22:00
- Fins de semana 20-21 e 27-28 de decembro: 10:00-19:30
- Festivos Nadal: 24 e 31 de decembro: 8:30-15:00
- Pechada: 25 de decembro e 1 de xaneiro - Biblioteca Intercentros de Lugo.
- De luns a venres: 9:00-22:00
- Fins de semana 20-21 e 27-28 de decembro: 10:00-19:30
- Festivos Nadal: 24 e 31 de decembro: 8:30-15:00
- Pechada: 25 de decembro e 1 de xaneiro - Biblioteca Xeral
- De luns a venres: 9:00 a 20:30.
- Pechada: 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro
- Do 2 ao 5 de xaneiro de 2026:
- Biblioteca Concepción Arenal. 8:30-22:00
- Biblioteca Intercentros de Lugo. 8:30-0:00
- Sala de lectura da Facultade de Dereito. 8:30-0:00
- Biblioteca Xeral: 9:00-20:30 (non abre na fin de semana)
- Biblioteca Bioloxía: 9:00-22:00 (non abre na fin de semana)
- Do 6 ao 23 de xaneiro de 2026:
- Biblioteca Concepción Arenal. 8:30-0:00, de luns a domingo.
- Biblioteca Intercentros de Lugo. 8:30-0:00, de luns a domingo.
- Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. 8:30-22:00, de luns a domingo
- Sala de lectura da Facultade de Dereito. 24 horas, de luns a domingo. Pechada 1 hora para limpar
- Aula na Facultade de Veterinaria. 24 horas, de luns a domingo. Pechada unha hora para limpar
- Biblioteca da Facultade de Bioloxía. 8:30-22:00, de luns a domingo
- Biblioteca da ETSE. 8:30-21:30, de luns a venres
- Biblioteca da Facultade de Matemáticas. 8:30-21:30 de luns a venres
- Biblioteca da Facultade de Química. 8:30-21:30 de luns a venres