O 20 de novembro conmemórase o Día Internacional da Memoria Trans, unha data que rende homenaxe a tódalas persoas trans, non binarias e disidentes de xénero que foron vítimas de asasinato ou suicidio no último ano. Dende 1999, a comunidade trans adica este día a lembrar e nomear aquelas persoas que morreron a causa da transfobia en todas as súas formas. Tamén convida á sociedade a reflexionar sobre a discriminación histórica que sufriron as persoas trans, non binarias e disidentes de xénero e que seguen a enfrontar día a día.
Convidamos a toda a comunidade universitaria a formar parte deste día e apoiar, hoxe e sempre, a loita polos plenos dereitos das persoas trans, non binarias e disidentes de xénero. É traballo de todes construirmos unha sociedade máis igualitaria e respectuosa, na que ninguén sexa víctima de violencia por ser quen é.
Sen dereitos, non hai dignidade. Sen memoria, non hai resistencia.