
A USC celebra o 8M Día Internacional das Mulleres cun amplo programa de actividades institucionais, culturais e reivindicativas
-
O Día Internacional das Mulleres, orixinalemente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo é recoñecido polas Nacións Unidas como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
Acto institucional
Data e lugar: Luns, 10 de marzo de 2025, ás 12.00 h no Salón nobre de Fonseca.
Programa:
- Lectura do manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU).
- Recoñecemento ao Programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’ e a súa coordinadora e profesora da Área de Física Aplicada da USC, Encina Calvo Iglesias pola súa traxectoria en prol da igualdade de xénero na USC.
- Conferencia: ‘Dez edicións do programa para promover as vocacións femininas no ámbito CTEM’ a cargo de Encina Calvo Iglesias. Presencial e a través da canle Youtube da USC
Lectura pública do manifesto pola EPSE
Dirixido: Público en xeral.
Datas: 10 de marzo de 2025 ás 12:00 diante da biblioteca intercentros.
Organiza: Comisións de igualdade de xénero da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, da Facultade de ADE, da Facultade de Ciencias, da Facultade de Humanidades e da Facultade de Veterinaria.
Selección de fondos bibliográficos sobre a igualdade de xénero polo persoal da Biblioteca da FFP e exposición virtual e física en vitrinas no centro
Dirixido: Público en xeral
Datas: todo o mes de marzo
Organiza: Facultade de formación do Profesorado
Difusión de actividades e recursos a través da conta da Comisión de Xénero en RRSS
Dirixido: Público en xeral
Datas: ao longo de todo o mes de marzo
Organiza: Facultade de formación do Profesorado
Visita guiada por Mar Caldas á exposición 'Mulleres, traballo e memoria'.
Obxectivo: Mar Caldas é unha artista e investigadora pioneira en Galicia e no estado español na aplicación dos discursos feministas e de xénero na arte contemporánea dende os anos noventa. Esta exposición está adicada ao seu traballo recente que se centra na temática da memoria e o traballo, dende o punto de vista das mulleres. Mar Caldas é profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo.
Dirixido: estudantado, PDI e PAS da Facultade de Xeografía e Historia.
Datas: 5 de marzo de 2025, no CGAC, ás 18:30h
Organiza: Comisión de actividades culturais, igualdade, normalización linguística e participación estudiantil da Facultade de Xeografía e Historia e o CGAC
Máis información: https://cgac.xunta.gal/gl/exposicions/mar-caldas-mulleres-traballo-e-me…
Re sistencias (Experiencia artística ecofeminista no bairro de Vite).
Obxectivo: Proxección de audiovisual sobre a performance Re sistencias seguido de posterior debate.
Dirixido: Público en xeral.
Datas: 6 de marzo de 2025, 19 horas, salón de grados da Facultade de Filoloxía.
Organiza: CIFEX, Comisión de Igualdade da Facultade de Filoloxía, Asociación de veciñas de Vite, Ana Gesto (artista encargada da performance Re sistencias).
Máis información: https://cifex.usc.gal/actividade/video_performance_xornadas24
Xornadas #8M. Facultade de Filosofía.
Obxectivos: a loita contra o esquecemento e a necesidade de recoñecemento das achegas das filósofas, posicionarnos contra a violencia de xénero e subliñar a vital importancia do feminismo na filosofía.
Dirixido: público en xeral
Datas: do 5 ao 13 de marzo de 2025.
Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Filosofía xunto coa Asemblea de Estudantes
Máis información: Actividades:
05/03/2025 – 11h. Hall da Facultade de Filosofía. Actualización da listaxe de vítimas da violencia de xénero. Acompáñanos na nosa mullerenaxe mensual, os primeiros mércores de cada mes.
05/03/2025 – 11.05h. Hall da Facultade de Filosofía. Inauguración da instalación “Senta na cadeira a unha filósofa”Escribe nun post-it o nome da filósofa que botas en falta na túa formación e séntaa na cadeira que poñeremos no hall da facultade. Cantas filósofas precisan de cadeira en filosofía?
10/03/2025 – 11h. Hall da Facultade de Filosofía e Praza de Mazarelos “Filósofas á rúa”, procesión performativa con Concepción Arenal. Lectura do manifesto na praza Mazarelos. Nin a filosofía nin o feminismo pode quedar pechadas entre as paredes da facultade e a nosa escultura de Concepción Arenal está collendo polvo e precisa darse unha volta pola Praza de Mazarelos. Imos facerlle unha procesión performativa e ler o manifesto. Precisamos acompañantes e braceiras. Acompañamola tamén con tamboril?
10/03/2025 – 11h. Salón de Actos. Proxección e Cinefórum da película “As sufraxistas” (Sarah Gavron, 2015). As materias Introdución á Filosofía Política e Antropoloxía e Filosofía do Xénero fan a súa tradicional proxección e cinefórum sobre a película As Sufraxistas, aberta a todo o público.
11/03/2025 – 16.30h. Obradoiro colaborativo de cartaces “As filósofas que nos fan falla”. É hora de recoller os post-its da cadeira de Filosofía e darlles forma de cartaz. Achégate a elaborar un cartaz coa túa filósofa e/ou referente do feminismo preferida!!!
13/03/2025 – 12.30h. Colocación dos cartaces “As filósofas que nos fan falla” e acompañamento ás filósofas Imos encher as paredes da facultade coas filósofas que nos fan falla. Achegádevos a pendurar os cartaces, compartamos as achegas feitas polas nosas referentes e recoñezámolas porque sen nós, non hai filosofía.
I Concurso/Exposición sobre a historia do movemento feminista
Obxectivo: Promover a participación e implicación do alumnado na institución universitaria e, especialmente, apostar pola obtención da igualdade entre mulleres e homes e a naturalización do feminismo, entendido como movemento de procura de igualdade entre xéneros, no entorno universitario. A Comisión de Igualdade de Xénero da Facultade de Psicoloxía pretende visibilizar como a mobilización conxunta das mulleres deu lugar a importantes cambios sociais no pasado e na actualidade, visibilizando a importancia da acción colectiva para conseguir avances sociais que garantan a igualdade
Dirixido: Destinado a alumnado da Facultade de Psicoloxía, sen prexuízo de que poidan participar outras persoas externas a esta Facultade que se encontren no centro, os premios serán unicamente para estudantado matriculado en grao, mestrados ou programas de doutoramento da Facultade. Entre o estudantado que cumprimente o cuestionario sortearase unha serie de libros.
Datas: Do día 6 ata o 14 de marzo de 2025, no andar -2, do módulo A da Facultade de Psicoloxía.
Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero, estudantes do Máster Universitario en Psicoloxía e Decanato da Facultade de Psicoloxía.
Máis información: A participación será levada a cabo a través dun cuestionario que se presentará a través dun código QR xunto á exposición gráfica sobre a historia da mobilización colectiva feminista que se realizará como acto conmemorativo do 8M. O cuestionario incluirá preguntas sobre os momentos históricos incluídos na exposición. Só poderá presentarse unha resposta por persoa. En caso de presentar máis dunha, esa persoa será eliminada do concurso. Quedan exentas de participación todas as persoas que colaboraran nalgunha medida na conceptualización, definición ou elaboración da exposición.
O premio entregarase a aquelas persoas con maior puntuación no cuestionario. En caso de empate, as persoas gañadoras determinaranse mediante sorteo entre aquelas que compartan a puntuación máis alta. Será necesario que todas as persoas participantes inclúan un medio de contacto para poder informalas, de ser o caso, de como facer a recollida do premio. Concederanse 5 premios, que consistirán nunha copia do libro “La mujer invisible”, de Caroline Criado Perez, escollido por membros da Comisión de Igualdade da Facultade. As persoas premiadas serán contactadas pola Decana da Facultade a través dos medios que puxeron á súa disposición no cuestionario para concretar o momento e o lugar da entrega. Dita entrega realizarase en man na Facultade de Psicoloxía.
Xornada de portas abertas "Social research for gender equality"
Obxectivo: dar a coñecer relevantes achegas sobre as fendas que persisten e detectamos na nosa sociedade en materia de igualdade
Dirixido: Público en xeral
Datas: 7 de marzo de 12.00 h a 14.15 h. Salón de Graos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC. Campus Norte. Santiago de Compostela.
Organiza: ECOBAS
Máis información: https://ecobas.gal/events/social-research-for-gender-equality/.
Inauguración do Punto Violeta da Facultade de Bioloxía
Obxectivo: Inauguración do Pto. Violeta da Facultade de Bioloxía
Dirixido: alumnado, PDI,PTXAS
Datas: 07 de marzo de 2025 ás 12:00 na Facultade de Bioloxía (frente a porta da Biblioteca)
Organiza: Comisión de Igualdade da facultade de Bioloxía
Máis información: O cartel do Punto Violeta presenta un QR que leva o Protocolo antiacoso da Oficina de Igualdade de Xénero. xunto a él colocarase un buzón de suxerencias anónimas que serán lidas periódicamente pola Comisión de Igualdade da facultade de Bioloxía
Lectura do Manifesto
Dirixido: público en xeral
Datas: 07 de marzo de 2025 ás 13.00
Organiza: Facultade de Medicina e Odontoloxía
Mesa redonda ‘Avances, Loitas e Desafíos no Camiño hacia a Equidade de Xénero’
Obxectivos: Visibilizar os avances existentes así como as barreiras estructurais que dificultan a igualdade efectiva entre xéneros e fomentar a participación e o compromiso dos distintos sectores na promoción da igualdade para construir sociedades mais inclusivas e xustas.
Dirixido: Público en xeral
Datas: 7 de marzo 2025 ás 17h
Organiza: comité de xénero e a dirección de iMATUS.
Máis información:
Interveñen:
Ana López-Suevos Fraguela Xuíza titular do xulgado de instrución nº 1 de Santiago de Compostela
Laura Lojo Rodríguez. Catedrática de Filoloxía Inglesa e Directora do Instituto de Humanidades (iHUS) da USC.
Jorge García Marín: Profesor de Socioloxía da USC e membro do Centro Interdisciplinario de Investigaciones Feministas e Estudos de Xénero (CIFEX) da USC.
Lorena Maneiro Boo. Investigadora Postdoutoral da área de Personalidade, Evaluación e Tratamento Psicolóxico do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC e membro do Instituto de Psicoloxía (IPsiUS) da USC.
Pioneiras da USC: un proxecto web e dúas biografías".
Obxectivo: dar a coñecer o proxecto de difusión que puxemos en marcha desde a Conferencia de Arquivos das Universidades Españolas en colaboración coa Subdirección General de Archivos Estatales do Ministerio de Cultura. Deste xeito nace: "Universitarias: pioneiras nas aulas", un repositorio web que pretende divulgar as biografías das mulleres que foron relevantes nos estudos universitarios ben como estudantes, docentes ou investigadoras ao tempo que permite dar a coñecer a través dos documentos dixitalizados de acceso público o rico patrimonio documental custodiado tanto nos arquivos das distintas Universidades como nos Arquivos Estatais. Dirixido: Público en xeral
Datas: 7 de marzo de 2025. 17:30 h
Organiza: Arquivo Histórico Universitario
Ciencia x Mulleres
Obxectivo: A exposición pon en valor o traballo científico das mulleres da facultade de Bioloxía
Dirixido: alumnado, PDI,PTXAS
Datas: exposición en curso, de 8:30 a 20:30, Expositor corredor central, Facultade de Bioloxía ata o 14 de marzo
Organiza: Comisión de Igualdade da facultade de Bioloxía
Máis información: Consta dunha serie de posters xa presentados en congresos científicos e o seu lado hai unha foto das mulleres intervintes no poster e os seus nomes para que se podadn identificar ben nos posters. A exposición inaugurouse con motivo do día da muller e a nena na ciencia.
Charla Astrónomas inesquecibles
Obxectivo: Lembrar o traballo realizado, non sempre recoñecido, por numerosas astrónomas ao longo do tempo, dende a antiga Grecia e Alexandría ata os nosos días.
Dirixido: público en xeral
Datas: 8 de marzo de 2025 ás 17.30. Centro Sociocultural do Concello de Bóveda
Organiza: Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e o Concello de Bóveda. Coordinado polo catedrático José Ángel Docobo.
Máis información: Interveñen na charla persoal do Obsevatorio, colaboradores e alumnado en prácticas no centro: Nerea Puime, Eva Seijas, Ángel Castro, David Area, así coma o Dr. Luca Piccotti e o coordinador José Ángel Docobo.
Entre as astrónomas seleccionadas atópase a galega Antonia Ferrín Moreiras, licenciada en Quimica, Farmacia e Matemáticas, e discípula de Ramón María Aller con quen fixo a súa Tese de Doutoramento, sendo logo axudante no Observatorio e profesora na Universidade de Santiago, na Escola de formación de Profesorado de Santander e máis na Universidade Complutense de Madrid. De feito, Ferrín Moreiras foi unha nas primeiras profesoras con que contou a Sección de Matemáticas da Facultade de Ciencias da USC cando dita sección comezou a súa andaina nos anos cincuenta baixo o impulso dos profesores Enrique Vidal Abascal e o propio Aller Ulloa.
A Tese de Doutoramento da profesora Antonia Ferrín foi a primera de Matemáticas defendida en Santiago, e tamén a primeria presentada por unha muller en España no ámbito da Astronomía.
Mural Homenaxe a Mulleres destacadas no ámbito das RRLL e RRHH (2ª Ed.)
Obxectivos: resaltar o valor de diferentes figuras femininas que foron e/ou son un referente a seguir no eido das relacións laborais e das organizacións. O obxectivo é que o estudantado colabore nesta actividade. Para participar so é necesario que se envíe unha fotografía daquela muller/es que considere un referente neste área acompañada cun pequeno texto (máximo 25 palabras) explicando por que a considera un referente a seguir. Posteriormente, as fotografías co texto que as acompañan serán expostas nos paneis do Centro.
Dirixido: estudantado do Grao de Relacións Laborais e RRHH, do Máster Univ. en Xestión e Dirección Laboral e Máster Univ. en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Datas: 10 marzo de 2025.
Organiza: Facultade de Relacións Laborais.
As nosas referentes: docentes e investigadoras en Ciencias da Educación.
Obxectivo: homenaxear e dar visibilidade ás docentes e investigadoras que, ao longo dos anos, contribuíron de maneira significativa ao desenvolvemento da institución e ao avance do coñecemento no ámbito educativo. Con esta iniciativa, búscase recoñecer o seu legado e dar a coñecer as súas achegas tanto dentro da comunidade universitaria como na sociedade en xeral.
Dirixido: Aberto a toda a comunidade universitaria
Datas: 10 de marzo de 2025, ás 10:30 horas na Facultade de Ciencias da Educación (Edificio Sur).
Organiza: Decanato da Facultade de Ciencias da Educación.
Máis información: Como parte deste proxecto, elaborouse un calendario que recolle a figura de diversas referentes da Facultade de Ciencias da Educación no noso campo de estudo, salientando o seu papel fundamental na docencia e na investigación. Pero a homenaxe non se limitará a esta publicación: entre marzo de 2025 e febreiro de 2026, desenvolveranse actividades mensuais que xirarán arredor destas mulleres, desde conferencias abertas e exposicións de produción científica ata lecturas compartidas e coloquios. A finalidade destas accións é afondar no coñecemento das súas traxectorias e contribuír á súa xusta reivindicación, resaltando a importancia do seu traballo para as xeracións futuras.
Lectura do Manifesto
Dirixido: Público en xeral
Datas: 10 de marzo, ás 12 h. Na entrada principal da Facultade.
Organiza: Facultade de formación do Profesorado
Entrega de premios do IX Concurso de TFG sobre Enxeñaría e Muller Rural.
Obxectivo: Facer visible a pegada feminina No ámbito da enxeñaría.
Dirixido: Público en xeral.
Datas: 10 de marzo ás 12:30. Sala de Xuntas da EPSE.
Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.
Charla - Coloquio: "O 8M no cinema"
Obxectivo: Destacar a importancia da igualdade de xénero a través do cine e promover películas dirixidas, escritas o protagonizadas por mulleres.
Dirixido: Público en xeral
Datas: 10 de marzo, ás 17.30 h. no Salón de Actos da Facultade.
Organiza: Facultade de formación do Profesorado
Lectura de manifesto.
Obxectivo: Lectura do manifesto co gallo do día internacional das mulleres, 8 de marzo de 2025.
Dirixido: Estudantado, profesorado e persoal de administración e servizos.
Datas: 11 de marzo de 2025, 12h, diante do módulo A da Facultade de Psicoloxía.
Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero e Decanato, da Facultade de Psicoloxía.
Lectura do Manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria
Dirixido: Estudantado, PDI e PTXAS
Datas: 12 de marzo, 13 h, Salón de Graos da Facultade de Farmacia
Organiza: Comisión de Normalización Lingüística e Xénero
Especial 8M ¡Apaixonadas por la Veterinaria!!
Charla ‘Rompendo barreiras: a Experiencia de ser veterinaria no mundo rural’.
Obxectivo: charla especial para conmemorar o 8M
Dirixido: Público en xeral
Datas: 12 de marzo ás 18:00 horas na sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria
Organiza: Facultade de Veterinaria
Máis información: coa participación de Meritxell González e Candela Botana, veterinarias especialistas en reproducción de Seragro Sociedade Cooperativa Galega.
Conferencia ‘Mulleres no rural: Sembrando éxitos. TRALOAGRO, sostenibilidade e ecoloxía’
Obxectivo: visivilizar e fortalecer o papel das mulleres rurales na sostenibilidade ecolóxica
Dirixido: Público en xeral
Datas: 13 de marzo, 12:30 horas. Aula Magna da Facultade de ADE
Organiza: Comisión de Xénero da Faculatde de ADE
Máis información: participa Isabelle Gómez. CEO de Traloagro
"Páxinas rebeldes: o poder das librarías feministas e a voz das mulleres"
Obxectivo: charla a cargo das responsables da libraría de mulleres "Lila de Lilith", sita en Santiago de Compostela, sobre a posta en marcha e xestión dunha libraría feminista, baixo o título "Páxinas rebeldes: o poder das librarías feministas e a voz das mulleres", e traerán mostras de publicacións do seu fondo relacionadas cos ámbitos de interese da comunidade universitaria do Campus de Lugo. Antes da celebración desta charla, faremos unha visita guiada polo persoal da Biblioteca Intercentros aos fondos da súa colección de Xénero.
Dirixido: Comunidade universitaria do Campus de Lugo
Datas: 17 de marzo de 2025, 12h., Salón de Graos da Facultade de Humanidades
Organiza: Actividade promovida pola Comisión de Igualdade da Facultade de Humanidades. Conta coa colaboración dos seguintes centros do Campus de Lugo: Facultade de Administración e Dirección de Empresas, Facultade de Ciencias, Facultade de Formación do Profesorado, Facultade de Veterinaria.
Máis información: https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-humanidades/eventos/charla-8m-p…
Ciclo de conversas coas mulleres do ILG. II Faladoiro con Alba Aguete Cajiao
Obxectivo: Participación de Alba Aguete Cajiao, profesora axudante doutora da Área de Filoloxía Románica da Universidade de Salamanca e colaboradora no Instituto da Lingua Galega, quen falará do seu labor investigador e docente desde a súa perspectiva como muller.
Dirixido: participación aberta, pero é necesario inscribirse a través do formulario (https://forms.office.com/e/VebGBDbBY6), dado que a capacidade da sala é limitada (35 lugares).
Datas: 27 de marzo, ás 12:00 h, na biblioteca do Instituto da Lingua Galega
Organiza: Comisión de Xénero e Igualdade do Instituto da Lingua Galega