
Con esta xornada, organizada polas 3 Universidades galegas e realizada ao abeiro do Plan Corresponsables 2025, preténdese poñer no centro o valor dos coidados e a construción de masculinidades igualitarias entre a mocidade, evitando seguir reproducindo relacións de poder que impiden avanzar hacia sociedades máis xustas e inclusivas.
Programa
Mañá
09:00. Rexistro de Participantes
09:30. Inauguración
10:00-11:00 Octavio Salazar Benítez. Pode ser o feminismo unha proposta emancipadora para os homes?
11:00-12:00 Mar Venegas Medina. O bocexo como trincheira:'Fatiga feminista', masculinidades e a batalla invisible dos coidados
12:00-14:00 Mesa de estudantes: Consello de estudantes das Universidades do SUG, masculinidades coidadosas
• Samuel Merino
• Iván Roiz Pereda
Tarde
16:30-17:30. Jorge García Marín. Coidar é revolucionario: tamén para os homes
17:30-18:30. Taller de Juan José Lorenzo Castiñeiras. Repensar as masculinidades dende os coidados e a corresponsabilidade.
18:30- 19:00 Debate
19:00-19:30 Conclusións
20:00 Clausura das xornadas
07 de outubro do 2025
Salón de Graos da Facultade de Dereito da USC. Campus Vida.