Ir o contido principal
Aínda que a entidade administrativa encargada da oferta destes títulos propios, así como da súa tramitación e do seu seguimento, é o Centro de Estudos de Posgrao, a xestión de admisión e matrícula corresponde ao Servizo de Xestión Académica.

Se desexas realizar Estudos Propios de Posgrao ou de Formación Continua, dependentes do Centro de Estudos de Posgrao, debes solicitar a túa admisión que será decicida de acordo cos criterios establecidos na convocatoria do curso e que, unha vez que se verifique o cumprimento dos requisitos de acceso, publicará a relación de estudantes admitidos e excluídos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.07.2022.