O Programa Campus Rural é unha iniciativa desenvolvida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en colaboración co Ministerio de Universidades e as Universidades Públicas Españolas.
Campus Rural permite que universitarios de calquera titulación oficial poidan levar a cabo prácticas académicas en municipios de menos de 5000 habitantes en zonas rurais con problemas de despoboamento de calquera Comunidade Autónoma do estado español, a través de entidades cuxas dependencias estean situadas nas zonas obxecto da iniciativa, xa se trate de concellos, mancomunidades e outros organismos. Tamén en asociacións, Cámaras de Comercio ou fundacións sen ánimo lucro e empresas.
O prazo para remate de solicitudes conclúe o 3 de marzo de 2022.