Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS da Area de Ciencias Sociais e Xurídicas.
Location
Santiago
Modality
Presencial
Duration
Face-to-face hours: 10
Total: 10
Matrícula en la actividad
02/01/2025 - 09/01/2025
Desarrollo de la actividad
16/01/2025 - 24/01/2025
Profesor/a
Maria Esther Martinez Piñeiro
Profesor/a
Jose Pablo Franco Lopez
Group | Place | Dates | Schedule |
---|---|---|---|
Introducción á investigación cualitativa nas Ciencias Sociais | Aula 3 do módulo A da Facultade de Ciencias da Educación. Campus Vida | 16, 20, 21, 23 e 24 de xaneiro de 2025 | de 10:30h a 12:30h |
Este seminario pretende achegar ao alumnado á metodoloxía cualitativa como unha opción a ter en conta no deseño empírico das súas teses doutorais. Presentaranse as características xerais da investigación cualitativa, a especificidade dos deseños metodolóxicos, para centrarse no método de estudio de caso e na técnica de observación.
Esperase que o estudantado sexa quen de:
- Formular problemas de investigación desde a perspectiva cualitativa.
- Deseñar de forma xeral estudos de caso.
- Identificar as situacións de investigación nas que a observación é unha técnica idónea de recollida de datos.
- Metodoloxía de investigación cualitativa: concepto e características.
- Principais métodos da investigación cualitativa.
- Método de estudo de caso: concepto, tipoloxía e deseño.
- Unha aproximación ás técnicas de recollida de datos cualitativos: a observación.
Esther Martínez Piñeiro e José Pablo Franco López son persoal docente e investigador da Área de Métodos de investigación e diagnóstico en Educación da USC. Ambos imparten a materia de Metodoloxía de investigación en Ciencias Sociais e da Educación no Grao de Educación Social e son docentes do Master en Procesos de formación. Asemade, ambos son membros do Grupo de investigación de referencia competitiva Stellae (http://stellae.usc.es)