Alumnado obxectivo: estudantes da EDIUS.
Location
Santiago
Modality
Presencial
Duration
Face-to-face hours: 18
Work hours: 6
Total: 24
Matrícula en la actividad
05/05/2025 - 12/05/2025
Desarrollo de la actividad
19/05/2025 - 28/05/2025
Profesor/a
Martin Pereira Fariña
Group | Place | Dates | Schedule |
---|---|---|---|
Crea a maqueta da túa tese en Latex | Facultade de Filosofía | 19, 20, 21, 26, 27, 28 de maio de 2025 | de 15:30 a 18:30 |
- Comprender que é unha linguaxe de marcas e como funciona un editor de texto diferente aos editores tipo “O que ves é o que obtés” (p.e., Microsoft Word).
- Adquirir as nocións fundamentais de Latex para compoñer textos masivos.
- Coñecer as diferentes formas de inserir elementos máis alá do texto (figuras, táboas, ecuacións, diagramas, etc.)
- Coñecer como xestionar a bibliografía automaticamente y como conectala cos xestores de bibliografía (e.g., RefWorks, Mendeley, etc.).
- Coñecer as nocións fundamentais para xerar presentación con diapositivas.
Este curso componse de 8 temas
- Introdución: Latex, de escribir textos a programalos.
- Formato básico do texto. Aliñados, selección de fonte, sangrías, etc.
- Creación de táboas e inserción de figuras. Pés de táboa e de figura. Referencias cruzadas.
- Entornos matemáticos e lóxicos.
- Engade bibliografía ao teu documento. Xestores de referencias e estilos.
- Compila o teu documento completo. De cartas a libros.
- ¿Cómo xestiono os erros e os avisos?
- Beamer. O uso de latex para as presentacións.
Martín Pereira Fariña (Moraña, 1984) é Profesor Axudante Doutor na área de Lóxica e Filosofía da Ciencia no Departamento de Filosofía e Antropoloxía (USC) dende setembro de 2019. Obtivo o seu doutoramento en febreiro do 2018, ca tese titulada Approximate Syllogistic Reasoning: A Contribution to Inference Patterns and Use Cases. Foi investigador posdoutoral no Centre for Argument Technology (ARG-tech) da Univesidade de Dundee (Escocia, Reino Unido), financiado cun contrato da Xunta de Galicia, e no Institituo de Ciencias do Patrimonio do CSIC (Incipit-CSIC), financiado polo programa Juan de la Cierva-Incorporación.