Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS. Curso sobre técnicas espaciais para usuarios de R, mais orientado cara a ciencias sociais, aínda que podería interesar a estudantes doutras disciplinas.
Location
ONLINE
Modality
Telemática
Duration
Face-to-face hours: 15
Work hours: 10
Total: 25
Matrícula en la actividad
30/12/2024 - 07/01/2025
Desarrollo de la actividad
13/01/2025 - 28/01/2025
Profesor/a externo/a
Fernando Bruna Quintas
Group | Place | Dates | Schedule |
---|---|---|---|
Introdución á análise espacial e á econometría espacial con R | Actividade ONLINE, usando Microsoft TEAMS | Clases online: 13, 15, 17 e 22 de xaneiro de 2025. Titorías online para dúbidas, preguntas sobre a proba do curso e posibles comentarios sobre a parte empírica das vosas teses: 24 e 28 de novembro de 2024. Entrega de traballos: 2 de febreiro | de 10:00 a 12:30h |
Tras repasar á lóxica de R como Sistema de Información Xeográfica (SIX) e para facer mapas, o curso céntrase nas técnicas da econometría espacial, que recollen a información sobre os “veciños”, ponderando as súas observación (matriz W), así como na estimación de modelos espaciais (SAR, SEM, GWR...).
- Requisito: Imprescindible ter xa certa soltura usando R.
- Introdución a R como SIX e elaboración de mapas
- A matriz W de pesos espaciais. Análise exploratoria espacial
- Estimación de modelos globais de econometría espacial con datos en sección cruzada e datos de panel
- Heteroxeneidade espacial: regresión xeograficamente ponderada (GWR) e modelos multinivel
Fernando Bruna é profesor de Crecemento Económico en Economía Espacial na Universidade da Coruña. É graduado en Economía, Socioloxía, e Ciencia Política, ten un mestrado en Modelización Económica Aplicada, e é doutor en Economía. Foi membro do centro de investigación da rede mundial Project LINK (Toronto), e xerente dunha empresa consultora. A súa investigación céntrase na análise dos efectos contextuais nas decisións e comportamento de axentes individuais e territorios. O seu traballo de análise de datos usando R tense publicado en distintas revistas de alto impacto.