Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS. Curso de nivel intermedio para aprender por un mesmo a programar en R.
Location
ONLINE
Modality
Telemática
Duration
Face-to-face hours: 15
Work hours: 10
Total: 25
Matrícula en la actividad
29/10/2024 - 05/11/2024
Desarrollo de la actividad
11/11/2024 - 21/11/2024
Profesor/a externo/a
Fernando Bruna Quintas
Group | Place | Dates | Schedule |
---|---|---|---|
Programación de análises empíricas con R (curso só para os que teñan feito antes cursos sobre R e qu | Actividade ONLINE, usando Microsoft TEAMS | Clases online: 11, 12, 14 e 18 de novembro de 2024. Titorías online para dúbidas, preguntas sobre a proba do curso e posibles comentarios sobre a parte empírica das vosas teses: 19 e 21 de novembro de 2024. Entrega de traballos: 1 de decembro | de 10:00 a 12:30h |
O curso repasa a lóxica de R e pon o foco na programación do manexo de datos: construílos, fusionalos, visualizalos, facer estimacións, utilizar os resultados das estimacións...
- É imprescindible ter feito antes un ou varios cursos básico de R.
- Data wrangling: manipulación de datos.
- Construción dun banco de datos en formato de panel (datos temporais sobre unidades territoriais).
- Regresión de corte transversal e gráficos.
- Estimación de modelos de panel con efectos fixos.
Fernando Bruna é profesor de Crecemento Económico en Economía Espacial na Universidade da Coruña. É graduado en Economía, Socioloxía, e Ciencia Política, ten un mestrado en Modelización Económica Aplicada, e é doutor en Economía. Foi membro do centro de investigación da rede mundial Project LINK (Toronto), e xerente dunha empresa consultora. A súa investigación céntrase na análise dos efectos contextuais nas decisións e comportamento de axentes individuais e territorios. O seu traballo de análise de datos usando R tense publicado en distintas revistas de alto impacto.