Skip to main content

Analítica da Aprendizaxe para o Profesorado Universitario

  • 2023/2024

Cando os estudantes están nas aulas o profesorado pode saber como se está a desenvolver o proceso de ensino-aprendizaxe. A interacción cos estudantes a través de preguntas e respostas, as miradas, os silencios, os murmurios ou as cabezas agachadas proporcionan moita información e moi relevante para facer unha bo labor docente. E cando os estudantes están e traballan en liña, que sabemos deles?, que sabemos do que están a facer? A analítica da aprendizaxe é a ferramenta que nos pode axudar a percibir o que pasa e facer unha mellor labor docente neste escenario. Este curso pretende proporcionar ao profesorado información e habilidades sobre como se pode desenvolver a súa docencia ao longo de todo o ciclo da analítica da aprendizaxe. Trataranse os métodos básicos, incluíndo a alfabetización en datos usando follas de cálculo e os estándares de ética e privacidade. O obxectivo é que os profesorado adquira competencias que poida aplicar no seu día a día, principalmente en contextos de educación superior desenvolvida total ou parcialmente en contornas dixitais.