Cando os estudantes están nas aulas o profesorado pode saber como se está a desenvolver o proceso de ensino-aprendizaxe. A interacción cos estudantes a través de preguntas e respostas, as miradas, os silencios, os murmurios ou as cabezas agachadas proporcionan moita información e moi relevante para facer unha bo labor docente. E cando os estudantes están e traballan en liña, que sabemos deles?, que sabemos do que están a facer? A analítica da aprendizaxe é a ferramenta que nos pode axudar a percibir o que pasa e facer unha mellor labor docente neste escenario. Este curso pretende proporcionar ao profesorado información e habilidades sobre como se pode desenvolver a súa docencia ao longo de todo o ciclo da analítica da aprendizaxe. Trataranse os métodos básicos, incluíndo a alfabetización en datos usando follas de cálculo e os estándares de ética e privacidade. O obxectivo é que os profesorado adquira competencias que poida aplicar no seu día a día, principalmente en contextos de educación superior desenvolvida total ou parcialmente en contornas dixitais.
-
INTRODUCIÓN Á ANALÍTICA DE APRENDIZAXE
- Orixe da Analítica de Aprendizaxe
- Exemplos representativos
- Datos e tipos de datos
- Manexo básico de Excel
- Aprenden a manexar táboas dinámicas
- Tarefa: manexo de táboas dinámicas e gráficas no Excel
-
ALFABETIZACIÓN EN DATOS
- Modelos competenciais
- Recompilación de datos
- Xestión de datos
- Análise de datos. Inclúe visualización
- Comprensión e interpretación de datos
- Aplicación de datos
- Ética e privacidade
- Tarefa: exercicio de limpeza de datos
-
TIPOS E TÉCNICAS ANALÍTICAS
- Analítica da aprendizaxe, académica, da ensinanza
- Tipos de analíticas: descritiva, diagnóstico, preditiva e prescritiva
- Presentación dos resultados: dashboards
- Tarefa: realización de gráficas para a representación de datos de interese docente
-
ANALÍTICA DA APRENDIZAXE EN APLICACIÓNS
- Analítica da aprendizaxe en Moodle
- Analítica da aprendizaxe noutras aplicacións
- Tarefa: Plugings de Moodle na wiki.
- Tarefa : Exercicio coas trazas de Moodle de mapa de calor
-
O CICLO DA ANALÍTICA DA APRENDIZAXE
- O ciclo da analítica da aprendizaxe
- Definición de metas e métricas
- Recompilación e preparación dos datos
- Interpretación das analíticas da aprendizaxe
- Tarefa: planear analítica da aprendizaxe na túa materia
Manuel Caeiro Rodríguez. Dpto.: Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo. Escola de Enxeñería de Telecomunicación.