Ir o contido principal

Plan de Formación e Innovación Docente

Novembro 2025

Educación da voz: prevención de patoloxías vocais en docentes

A voz é o principal instrumento de traballo do profesorado e, con todo, é a gran esquecida. Na realización deste curso abordaranse as bases da produción da voz desde un enfoque holístico, con especial atención aos aspectos físicos, psíquicos e emocionais que dan como resultado a emisión vocal e que interveñen na súa autorregulación. Tratarase de enriquecer as sensacións propioceptivas das persoas participantes e de ampliar as súas experiencias coa voz de forma lúdica, na medida do posible dado o carácter inicial do curso. Para finalizar, expoñeranse as normas básicas do correcto coidado da voz e romperán mitos respecto diso.
Datas
28 de novembro ó 2 de decembro
Lugar
Campus Vida, Fac. de C.C. Educación, aula 4 e aula 10-11 do Módulo A
Preinscrición
Aberta

Conversa en inglés. Nivel intermedio

Sesións de conversación de 40 minutos dirixidas por un/ha profesor/a orientadas á práctica da expresión e a interacción oral no nivel intermedio (B)
Datas
25 de novembro ó 29 de xaneiro
Lugar
Campus Vida, Fac. Química (aula 2.11)
Preinscrición
Aberta

Conversa en inglés. Nivel avanzado

Sesións de conversación de 40 minutos dirixidas por un/ha profesor/a orientadas á práctica da expresión e a interacción oral no nivel avanzado (C1)
Datas
25 de novembro ó 29 de xaneiro
Lugar
Campus Vida, Fac. de Química, aula 2.11
Preinscrición
Aberta

Desenvolvemento e validación de cuestionarios: conceptos e aplicacións

A recollida de datos mediante cuestionarios é unha práctica esencial en múltiples ámbitos como a investigación, a docencia, a xestión sanitaria e o traballo social. A calidade dos datos obtidos depende, en gran medida, dun bo deseño do cuestionario e da súa validación. Este curso ten como finalidade introducir ao alumnado nos fundamentos teóricos e prácticos do deseño de cuestionarios, prestando especial atención á formulación das preguntas, á elección dos formatos e aos procesos de validación.
Datas
24 de novembro ó 3 de decembro
Lugar
Campus Vida, Fac. de Psicoloxía, aula 3 do Módulo B
Preinscrición
Aberta

Docencia en inglés 1 (nivel intermedio)

Este curso ten como obxectivo apoiar aos profesionais da educación a mellorar as súas habilidades en lingua inglesa, ofrecéndolles unha experiencia educativa máis eficaz e internacional. Os participantes fortalecerán as súas competencias en inglés e poderán aplicar estas habilidades nos seus roles educativos e no seu desenvolvemento persoal e profesional de acordo co nivel B2.
Datas
18 de novembro ó 18 de decembro
Lugar
Campus Vida, Fac. De Ciencias Políticas (Seminario 0.3)
Preinscrición
Aberta

Uso das cualificacións no Campus Virtual

A avaliación permite valorar o grado de consecución dos obxectivos nun proceso de ensinanza-aprendizaxe. O Campus Virtual conta con mecanismos e ferramentas para avaliar a actividade do estudantado, xa sexa realizada na plataforma virtual como presencialmente. Neste curso ofrecerase unha introdución ao sistema de cualificacións do Campus Virtual e á xestión das cualificacións das distintas actividades co fin de obter dun resultado final. Detallarase unha serie de boas prácticas encamiñadas a reducir as incidencias.
Datas
17 ó 28 de novembro
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Aberta

Aprender a ensinar na aula: o uso do Método do Caso

Este curso da unha visión teórico-práctica do uso de metodoloxías activas e concretamente das oportunidades que ofrece traballar co Método do Caso (MdC). O profesorado que participe conseguirá coñecer os aspectos clave necesarios para aplicar o MdC na aula, facilitando o desenrolo de competencias transversais nos estudantes, como traballo en equipo, comunicación eficaz, aprender a aprender, pensamento crítico, creatividade, etc.
Datas
14 de novembro ó 5 de decembro
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Aberta

Claves para a implementación do Plan de Igualdade no ámbito universitario

A implementación das políticas de igualdade no ámbito universitario precisan da implicación de toda a institución nun exercicio de corresponsabilidade na execución e mellora da transversalidade de xénero na súa actividade diaria. Este curso ofrece ferramentas teóricas e prácticas para o desenvolvemento de accións a prol da igualdade.
Datas
14 de novembro ó 5 de decembro
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Aberta

Xestión da intranet de centros e servizos

Esta autoformación proporciona os coñecementos necesarios para editar e optimizar a intranet do centro ou departamento, facendo un uso eficiente das ferramentas dispoñibles e mellorando a súa funcionalidade para optimizar a xestión e as tarefas do servizo.
Datas
12 de novembro ó 12 de decembro
Lugar
En liña, Campus virtual da USC
Preinscrición
Aberta

Cambios de nome e de mención relativa ao sexo na USC

Para evitar calquera discriminación hoxe, segundo a legalidade vixente, as institucións incorporan protocolos específicos de actuación para novas identidades de xénero. Neste sentido, no curso explicarase o Protocolo de actuación para os cambios de nome e de mención relativa ao sexo das persoas transexuais, transxénero e interxénero da USC. Tamén se reflexionará, de modo xeral, sobre prácticas lingüísticas inclusivas.
Datas
10 de novembro ó 9 de decembro
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Aberta

Outubro 2025

Competencias en información para a docencia e a investigación

As competencias en información son un conxunto de coñecementos, habilidades, actitudes e valores que nos van permitir resolver problemas relacionados coa xestión da información. O obxectivo deste curso é traballar as competencias necesarias en todo o ciclo da información científica: analizar as necesidades de información, fontes de información e metodoloxías de busca, organización e avaliación da información, realización dun traballo científico, comunicación científica e avaliación da ciencia. Todo no contexto dun investigador da USC. Así, estruturase en 6 módulos, cada un coa súa correspondente parte práctica, que será a base da avaliación da adquisición destas competencias por parte do alumnado. Ademais inclúe 2 sesión presenciais nas que se afondará na busca e xestión da información e no aumento da visibilidade do persoal investigador.
Datas
20 de outubro ó 20 de novembro
Lugar
Campus Vida, Fac. Dereito (Aula Seminario) para o alumnado que asista dende Santiago e Campus de Lugo (CACTUS, Sala Conferencias) para o alumnado que asista dende Lugo)
Preinscrición
Pechada

Sobrecarga da voz

O obxectivo deste curso é adquirir os coñecementos e habilidades necesarias para un bo uso da voz como instrumento de traballo.
Datas
20 de outubro ó 3 de novembro
Lugar
En liña, aula virtual Quirón
Preinscrición
Pechada

Creación de cuestionarios no Campus Virtual

Os cuestionarios son ferramentas que nos permiten crear probas cunha serie de preguntas con diversos obxectivos, desde a autoavaliación á propia avaliación final dos estudantes. O Campus Virtual dispón da actividade Cuestionario, que permite construír probas empregando unha variedade de tipos de preguntas. Ao longo deste curso revisarase o seu funcionamento xeral e os tipos de preguntas dispoñibles. Tamén se revisarán mecanismos para axilizar esta creación a través dos formatos Aiken e GIFT, permitindo así utilizar preguntas creadas previamente.
Datas
20 de outubro ó 10 de novembro
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Pechada

Como xestionar situacións de risco psicolóxico do alumnado nas aulas

Nos últimos anos a comunidade universitaria está a amosar unha crecente preocupación polo benestar psicolóxico do estudantado. Ademais da existencia na USC dun servizo de atención psicolóxica para atender os problemas que presentan os estudantes, con este curso tratarase de dotar de ferramentas para poder dar unha primeira resposta efectiva ante situacións de risco psicolóxico que se poden dar no contexto universitario e reducir a incerteza que con frecuencia aparece á hora de afrontar estas situacións.
Datas
17 de outubro ó 14 de novembro
Lugar
Campus Vida, Fac.Dereito, aula de Dereito Civil
Preinscrición
Pechada

Curso básico de introdución á ética pública: valores, resolución de conflitos e prevención

Esta formación pretende servir como curso introdutorio na ética na administración pública e os valores asociados a esta. As administracións atópanse cada vez baixo un maior escrutinio e as esixencias de bo funcionamento e integridade son, como é lóxico, crecentes. Por isto, a ética colle un peso aínda maior se cabe como elemento guía da actuación no día a día do noso entorno laboral. Máis aló dos contidos asociados a este primeiro punto, o curso pretende tamén difundir os valores da USC, as súas ferramentas de prevención e empregar varios casos prácticos para axudar a comprender as implicacións dun comportamento non ético e os prexuízos que supón.
Datas
15 ó 16 de outubro
Lugar
Campus Vida, Fac. Dereito, aula de Economía
Preinscrición
Pechada

Técnicas de expresión oral e xestual: aplicación no ámbito académico

Unha das competencias máis determinantes no exercicio da profesión docente é a comunicativa, a capacidade de transmitir, conectar e comunicar dun xeito eficaz no relativo á transmisión de contidos pero tamén ao establecemento dun clima de aula e de relación interpersoal entre o alumnado e o profesorado e entre o propio alumnado. A competencia comunicativa é complexa, pois implica numerosos factores: a propia organización do discurso, a elección de mecanismos e procedementos, modulación da voz, xesticulación, combinación de elementos verbais e non verbais, etc. Neste curso abordaranse desde unha perspectiva eminentemente práctica e orientada á aula as habilidades comunicativas docentes.
Datas
14 de outubro ó 11 de novembro
Lugar
Campus Vida, Fac. Psicoloxía, Aula 3
Preinscrición
Pechada

Comprensión e manexo da ferramenta anti-plaxio Turnitin

Curso de formación na ferramenta de detección de Plaxio, Turnitin. O Obxectivo do curso é coñecer as utilidades e funcionalidades do programa antiplaxio Turnitin, así como as súas implicacións prácticas, creación de contas, clases, exercicios e o proceso de subida e revisión de documentos.
Datas
14 de outubro
Lugar
Campus Norte, Fac. CC. Económicas, Aula de Informática 6
Preinscrición
Pechada

Introdución ao análise de datos cualitativos con AQUAD

AQUAD é un programa de análise de datos cualitativos desenvolvido por Günter L. Huber en 1987. Está deseñado para axudar na investigación en áreas como psicoloxía, educación e socioloxía, permitindo traballar con textos, imaxes, vídeos e audios. O software está dispoñible baixo a licenza GNU GPL v3, polo que se pode descargar e usar de forma gratuíta. A versión máis recente, AQUAD 8, ofrece ferramentas avanzadas como codificación, anotación, busca de texto e análise booleano. Ademais, conta con módulos especializados para distintos tipos de datos, facilitando o traballo dos investigadores.
Datas
13 de outubro ó 14 de novembro
Lugar
En liña, aula virtual CIXUG
Preinscrición
Pechada

Comprensión e manexo da ferramenta anti-plaxio Turnitin

Curso de formación na ferramenta de detección de Plaxio, Turnitin. O Obxectivo do curso é coñecer as utilidades e funcionalidades do programa antiplaxio Turnitin, así como as súas implicacións prácticas, creación de contas, clases, exercicios e o proceso de subida e revisión de documentos.
Datas
10 de outubro
Lugar
Campus de Lugo, Fac. Veterinaria, Aula de Informática 3
Preinscrición
Pechada

Setembro 2025

Design Thinking como metodoloxía para a aprendizaxe baseada en proxectos

O Design Thinking (DT) é unha metodoloxía iterativa para o desenvolvemento de proxectos en base a tarefas de empatía, definición, xeración de ideas, prototipado e experimentación. Esta metodoloxía foi desenvolvida en Standford e ten sido aplicada por numerosas empresas de éxito en todo tipo de sectores, dende o márketing á enxeñaría: Apple, Virgin, Toyota, etc. Mediante a aplicación dunha aproximación centrada nas persoas e baseada na realización de probas iterativas con prototipos acádanse solucións innovadoras e conectadas coas necesidades reais do usuariado. Con este curso preténdese que os participantes comprendan os fundamentos do DT, dominen as fases metodolóxicas para guiar o desenvolvemento de proxectos do alumnado e coñezan os instrumentos de soporte para a implantación de DT (técnicas de ideación, observación, prototipado rápido, entrevista, escoita activa, etc.).
Datas
25 de setembro ó 30 de outubro
Lugar
Campus Vida, Fac.Dereito, aula de Dereito Civil
Preinscrición
Pechada

Introdución ao modelado poligonal con Blender 3D

Blender é un programa informático multiplataforma, dedicado especialmente ao modelado, iluminación, renderizado, a animación e creación de grafos tridimensionais. Tamén de composición dixital utilizando a técnica procesal de nodos, edición de vídeo, escultura (inclúe topoloxía dinámica) e pintura dixital.
Datas
22 de setembro ó 10 de novembro
Lugar
En liña, aula virtual CIXUG
Preinscrición
Pechada

Xestión das nosas vidas. Conciliación na USC

Con esta formación preténdese dotar de ferramentas que permitan mellorar todos os aspectos da vida relacionados coa conciliación laboral e familiar, manexo do estrés e mellora do clima laboral.
Datas
19 de setembro ó 24 de outubro
Lugar
Campus Vida, Fac. de Dereito, Seminario de Dereito Civil
Preinscrición
Pechada

A perspectiva de xénero na investigación

A perspectiva de xénero achega un enfoque crítico imprescindíbel na investigación e que, ademais, é motor da transformación social. Este curso ofrece ferramentas teóricas e prácticas para considerar este enfoque.
Datas
15 de setembro ó 21 de outubro
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Pechada

Introdución da perspectiva LGBTI e Queer en docencia e investigación

O curso proporciona unha panorámica introdutoria aos principais debates e aspectos prácticos dás epistemoloxías feministas e queer. A través dás tres unidades propostas, achegase un conxunto de ferramentas prácticas que facilitan a inclusión e avaliación dá perspectiva LGBTI e Queer na docencia e a na investigación.
Datas
15 ò 30 de setembro
Lugar
Fac. de Filosofía, Aula 1
Preinscrición
Pechada

Introdución á Intelixencia Artificial Xenerativa e chatGPT

O curso consta dunha primeira parte onde se explicarán os fundamentos usados na construción de sistemas conversacionais de IA, o modo en que se entrenan estos sistemas e os servizos que aportan aos seus usuarios/as. Seguidamente, traballarase cunha serie de exemplos prácticos de uso para observar o potencial destas ferramentas, dando soporte a unha gran variedade de tarefas.
Datas
12 de setembro ó 4 de outubro
Lugar
Campus Vida, Fac.de Psicoloxía, laboratorio de desenvolvemento (planta -2)
Preinscrición
Pechada

Xuño 2025

Curso básico en ferramentas de creación de contidos

Coñecer as posibilidades das ferramentas TIC para o desenvolvemento das nosas estratexias didácticas, facilita e optimiza a nosa labor docente. No curso básico en ferramentas de creación de contidos faremos un percorrido polas ferramentas que nos permiten desenvolver contido didáctico, as súas vantaxes e posibilidades e a forma óptima de integralas na aula de xeito que poidamos achegarnos ao noso alumando con distintos enfoques e utilizando ferramentas e espazos de uso habitual por eles e elas.
Datas
25 de xuño ó 16 de xullo
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Pechada

Intelixencia artificial e ensino-aprendixaxe na educación superior

Esta actividade formativa presenta unha visión integral de como a intelixencia artificial (especialmente a xenerativa) podería facilitar os procesos de transformación dixital da Educación Superior. Ofrécese un acercamento ao uso educativo desta tecnoloxía emerxente como recurso didáctico de apoio ao desenvolvemento de metodoloxías didácticas activas que promoven novos procesos no ensino e na aprendizaxe.
Datas
18 ó 30 de xuño
Lugar
Campus Vida, Fac. de C. Educación, aula 4 do Módulo A)
Preinscrición
Pechada

Docencia en inglés 1 (nivel intermedio)

Este curso ten como obxectivo apoiar aos profesionais da educación a mellorar as súas habilidades en lingua inglesa, ofrecéndolles unha experiencia educativa máis eficaz e internacional. Os participantes fortalecerán as súas competencias en inglés e poderán aplicar estas habilidades nos seus roles educativos e no seu desenvolvemento persoal e profesional de acordo co nivel B2.
Datas
17 de xuño ó 10 de xullo
Lugar
Fac. C. Políticas, Seminario 0.3
Preinscrición
Pechada

Redacción de proxectos de cooperación e/ou innovación Erasmus + para PDI e PI

Seguindo unha metodoloxía participativa, ofrecerase aos participantes unha visión completa e detallada de cales son as distintas fases e compoñentes a ter en conta na elaboración de propostas de proxectos de cooperación e de innovación Erasmus+ e as claves para desenvolver cada una delas. Ao longo do curso, analizaranse as oportunidades de colaboración en proxectos do Programa Erasmus+ 2021-2027, traballarase cos formularios específicos das convocatorias proporcionando unha comprensión detallada dos mesmos e practicaranse con casos reais.
Datas
16 ó 30 de xuño
Lugar
Campus Vida, Fac.de Dereito, aula 16 (día 16); Edificio CACTUS, Sala de Reunións (2º andar) (días 17 e 18)
Preinscrición
Pechada

Introdución á Intelixencia Artificial Xenerativa e chatGPT

O curso consta dunha primeira parte onde se explicarán os fundamentos usados na construción de sistemas conversacionais de IA, o modo en que se entrenan estos sistemas e os servizos que aportan aos seus usuarios/as. Seguidamente, traballarase cunha serie de exemplos prácticos de uso para observar o potencial destas ferramentas, dando soporte a unha gran variedade de tarefas.
Datas
13 de xuño ó 4 de xullo
Lugar
Campus Norte, Fac. de C. Económicas, aula de informática 7
Preinscrición
Pechada

Protocolo fronte as Violencias Sexuais e o Acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade ou expresión de xénero na USC. Aplicacións prácticas.

Con esta formación preténdese dar a coñecer o Protocolo fronte as Violencias Sexuais e o Acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade ou expresión de xénero na USC, así como trasladar ás persoas discentes os coñecementos precisos para poñelo en práctica e transmitir o seu contido.
Datas
12 ó 27 de xuño
Lugar
Campus Vida, Fac. de Dereito, aula de Dereito Civil)
Preinscrición
Pechada

Introdución á ApS na Universidade

O curso presentará a metodoloxía aprendizaxe-servizo no marco da educación superior. Deste xeito, nun primeiro módulo os/as asistentes poderán coñecer as potencialidades que ten a ApS e diferenciala doutras iniciativas pedagóxicas. Nun segundo momento, deberase deseñar un proxecto. Para isto, irase guiando as/aos participantes na súa construción vinculando as áreas de coñecemento de cadaquén e procurando a súa viabilidade.
Datas
11 ó 27 de xuño
Lugar
Campus Vida, Fac. de C. Educación, aula 5 do Módulo A)
Preinscrición
Pechada

Ciencia aberta: curso básico

Desde a recomendación da UNESCO de 2021, fóronse adoptando políticas de promoción da ciencia aberta a todos os niveis (europeo, estatal, universitario). Neste curso daranse a coñecer os principios e prácticas da ciencia aberta, as políticas europeas e estatais de fomento, a súa implicación na carreira do persoal investigador da USC, e os recursos e servizos que a USC pon ao dispor do persoal docente e investigador para aumentar e mellorar a visibilidade da súa produción científica.
Datas
10 de xuño
Lugar
Campus de Lugo, Fac. de Veterinaria, Aula 5
Preinscrición
Pechada

Maio 2025

Conversas en inglés. Nivel intermedio.

Sesións de conversación de 40 minutos dirixidas por un/ha profesor/a orientadas á práctica da expresión e a interacción oral no nivel intermedio (B)
Datas
26 de maio ó 25 de xuño
Lugar
Fac. C. Políticas, Seminario 0.3
Preinscrición
Pechada

Mergullámonos en Minerva

Curso presencial para promover o uso dos servizos de asesoramento á investigación da Biblioteca entre o PDI, especialmente os relacionados co autoarquivo no repositorio institucional Minerva. O obradoiro permitirá coñecer as ferramentas e funcionalidades para o autoarquivo de datos e publicacións en Minerva.
Datas
22 de maio
Lugar
Biblioteca Concepción Arenal, sala Luisa Cuesta
Preinscrición
Pechada

Introdución a Python

Python é unha linguaxe de alto nivel de programación interpretada cuxa filosofía fai fincapé na lexibilidade do seu código, está administradopor Python Sotware Foundation e posúe unha licenza de código aberto. Python experimentou nos últimos anos un auxe sen precedentes, dominando a escena das linguaxes de programación de propósito xeral. A aprendizaxe de Python é moi recomendable na actualidade debido ás súas vantaxes na automatización de tarefas administrativas, a análisede datos, o desenvolvemento de aplicacións web, a investigación académica, o ensino e titoría, a colaboración con outros profesionais e aadaptación ás últimas tecnoloxías. Aprender Python proporciona habilidades e ferramentas para mellorar a eficiencia, aproveitar datosinstitucionais, desenvolver proxectos académicos e manterse actualizado nunha contorna académica en constante evolución.
Datas
20 de maio ó 5 de xuño
Lugar
En liña, aula virtual CIXUG
Preinscrición
Pechada

Obradoiro de xestión do multilingüismo nas aulas

Trátase dunha acción formativa para reflexionar acerca da importancia da diversidade lingüística e cultural, a cal necesita da preservación e potenciación da lingua galega. Consecuentemente, estudarase a situación da nosa lingua e analizaremos como contribuír á súa mellora no ámbito docente dende as diversas sensibilidades e con coñecemento do marco legal, así como a establecer unha conduta lingüística propia e mantela de xeito respectuoso e asertivo.
Datas
20 ó 22 de maio
Lugar
Biblioteca Concepción Arenal, Aula 3
Preinscrición
Pechada

Gamificación para a aprendizaxe no contexto universitario

En un contexto educativo en constante transformación, la formación en herramientas digitales y aplicación de tecnología educativa de manera coherente en el proceso de enseñanza-aprendizaje se ha vuelto esencial para garantizar una enseñanza universitaria dinámica, innovadora y eficaz. De esta manera, la propuesta del presente curso de formación ofrece al Personal Docente e Investigador (PDI) la oportunidad de descubrir y dominar nuevas tecnologías que optimizan el proceso de enseñanza-aprendizaje, favoreciendo una mayor interacción, personalización y eficiencia en sus clases. A través de este curso, el profesorado podrá explorar plataformas, aplicaciones y metodologías digitales que facilitan la creación de materiales didácticos atractivos, el seguimiento del alumnado y la evaluación del aprendizaje de manera más flexible y efectiva. Además, proporcionará estrategias innovadoras para mejorar la motivación y el compromiso de los estudiantes en entornos presenciales, híbridos y virtuales.
Datas
19 de maio ó 11 de xuño
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Pechada

Xestión laboral do persoal investigador

O obxectivo xeral do curso é contribuír ao Selo Europeo de Excelencia en investigación, dotando aos responsables dos programas de investigación e actividades de I+D, así como ao PDI interesado, de coñecementos sobre a lexislación actual nesta materia, de xeito que se optimicen as posibilidades de contratación laboral nas diversas convocatorias e programas.
Datas
15 ó 23 de maio
Lugar
Campus Vida, Fac. de Dereito, aula 16)
Preinscrición
Pechada

Análise estatística con RCommander

A linguaxe estatística R, coa súa interface gráfica RCommander, é o software liberado baixo unha licenza libre, referente nos estudos estatísticos e é unha alternativa real ás diferentes solucións privativas para este tipo de estudos. O curso vai desde a instalación de RCommander, ata o manexo de datos, creación de gráficos, ou a realización de estudos estatísticos descritivos.
Datas
14 de maio ó 15 de xuño
Lugar
En liña, aula virtual CIXUG
Preinscrición
Pechada

Obradoiro de elaboración de vídeos didácticos e de divulgación

Este obradoiro de videocreación consiste nunha introdución práctica ao mundo audiovisual a través de diversas dinámicas e exercicios, mediante os cales traballaremos as diferentes fases da creación audiovisual, co fin de que as persoas participantes poidan aprender a xerar o seu propio contido.
Datas
13 de maio ó 1 de xullo
Lugar
Campus Vida, Fac. de Psicoloxía, laboratorio docente de psicoloxía do desenvolvemento e intervención educativa)
Preinscrición
Pechada

Abril 2025

Creación de infografías e deseños vectoriais

A creación visual de composicións gráficas está ao orde do día. Sobre todo nestes tempos, onde a comunicación visual é esencial para achegar información en todo ámbito, dende a educación ou a información, ata a publicidade ou a presentación comercial. A infografía é outra forma de representación visual informativa na que se combinan diagramas visuais xunto con texto para resumir ou explicar figurativamente ideas e conceptos. Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades necesarias para a creación de elaboradas infografías coas amplas posibilidades que ofrece o mundo vectorial de Inkscape, e por suposto, coa propia imaxinación do creador. Ademais de aprender a usar este programa de edición, tamén se tratarán certos aspectos concretos sobre deseño gráfico. Non só se aprenderán a facer infografías, senón moitas outras composicións gráficas máis básicas, como sombras, gradientes, logotipos, sinais, etc, que logo completarán e formarán parte das propias infografías finais. Tamén se abordarán outros aspectos interesantes como a busca e obtención de imaxes (fontes de uso legal de imaxes para as nosas composicións), diferenciar entre imaxes de mapas de bits e vectoriais, cando usar unhas ou outras, como integralas nunha mesma composición, e incluso como transformar unhas imaxes dun tipo noutro.
Datas
28 de abril ó 30 de maio
Lugar
En liña, aula virtual CIXUG
Preinscrición
Pechada

Protección de datos e investigación

A través deste curso preténdese dar ao alumnado unha visión xeral de normativa vixente referente á protección de datos, a súa aplicación práctica na investigación, e a específica situación na USC. Basearémonos no Regulamento UE 2016/679 e na LO 3/2018.. Analizaranse diversos casos reais e cotiás, tentando aportar solucións ás situacións problemáticas e axudar ao profesorado da USC na súa investigación, para evitar vulneracións da normativa e posibles sancións. Tamén se verán o papel das universidades neste eido e as específicas actuacións da USC no mesmo.
Datas
23 de abril ó 6 de xuño
Lugar
Campus Vida, Fac. de Dereito, aula de Economía)
Preinscrición
Pechada

Tipos de agrupamento, métodos de ensino e organización de actividades de ensino-aprendizaxe

As modalidades organizativas (sesión expositivas, seminarios, laboratorio...) preestablecidas nas materias e os tipos de agrupamento, condicionan o tipo de traballo a realizar na aula co alumnado, polo que será necesario analizar e reflexionar sobre os métodos de ensino e as propostas de actividades, para en función dos grupos de estudantes, espazos e tempos, traballar os contidos e alcanzar os obxectivos previstos para a nosa materia mellorando os procesos de ensino e aprendizaxe.
Datas
22 de abril ó 2 de maio
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Pechada

Analítica da aprendizaxe do alumnado nas plataformas dixitais

Este curso amosa como a analítica da aprendizaxe permite saber o que fan os estudantes en escenarios dixitais. Preséntanse os catro tipos principais de analítica, introdúcese a alfabetización de datos a través do uso de follas de cálculo e discútese sobre as cuestións éticas e de privacidade. O obxectivo principal é que os mestres nos replantexemos a nosa forma de traballar nas plataformas dixitais e academos competencias clave neste campo.
Datas
22 de abril ó 3 de xuño
Lugar
Campus Norte, Fac. CC Económicas e Empresariais, Aula de informática 7
Preinscrición
Pechada

Introdución á Intelixencia Artificial Xenerativa e chatGPT

O curso consta dunha primeira parte onde se explicarán os fundamentos usados na construción de sistemas conversacionais de IA, o modo en que se entrenan estos sistemas e os servizos que aportan aos seus usuarios/as. Seguidamente, traballarase cunha serie de exemplos prácticos de uso para observar o potencial destas ferramentas, dando soporte a unha gran variedade de tarefas
Datas
22 de abril ó 5 de maio
Lugar
Campus Vida, Fac. de Psicoloxía, Laboratorio docente de psicoloxía do desenvolvemento
Preinscrición
Pechada

Competencias en información para a docencia e a investigación

As competencias en información son un conxunto de coñecementos, habilidades, actitudes e valores que nos van permitir resolver problemas relacionados coa xestión da información. O obxectivo deste curso é traballar as competencias necesarias en todo o ciclo da información científica: analizar as necesidades de información, fontes de información e metodoloxías de busca, organización e avaliación da información, realización dun traballo científico, comunicación científica e avaliación da ciencia. Todo no contexto dun investigador da USC. Así, estruturase en 6 módulos, cada un coa súa correspondente parte práctica, que será a base da avaliación da adquisición destas competencias por parte do alumnado. Ademais inclúe 2 sesión presenciais nas que se afondará na busca e xestión da información e no aumento da visibilidade do persoal investigador.
Datas
21 de abril ó 20 de maio
Lugar
Campus Vida, Fac. Dereito (Salón de Graos) para o alumnado que asista dende Santiago e Campus de Lugo, CACTUS (Sala Conferencias) para o alumnado que asista dende Lugo)
Preinscrición
Pechada

Avaliación de Tarefas no Campus Virtual: uso de rúbricas e guías de avaliación

A actividade Tarefa en Moodle proporciona un espazo no que os estudantes poden enviar os traballos para ser avaliados e recibir comentarios. Ademais de integrarse dentro do Campus Virtual e das diferentes actividades realizadas en cada aula, non só permite aforrar papel, senón que simplifica e estandariza a recepción e avaliación dos traballos, en contraposición ao uso do correo electrónico. Ademais, a actividade Tarefa permite accións máis avanzadas, como realizar correccións cegas, permitir o envío en grupo ou establecer un fluxo de traballo (para que todos os estudantes reciban a cualificación á vez). Entre estas opcións destaca a posibilidade de usar rúbricas e guías de avaliación, ferramentas coas que realizar avaliacións obxectivas e estandarizadas de acordo a criterios específicos ligados aos obxectivos de aprendizaxe.
Datas
10 de abril ó 2 de maio
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Pechada