Para evitar calquera discriminación hoxe, segundo a legalidade vixente, as institucións incorporan protocolos específicos de actuación para novas identidades de xénero. Neste sentido, no curso explicarase o Protocolo de actuación para os cambios de nome e de mención relativa ao sexo das persoas transexuais, transxénero e interxénero da USC. Tamén se reflexionará, de modo xeral, sobre prácticas lingüísticas inclusivas.
-
MARCO CONCEPTUAL
- Conceptos de sexo, xénero, orientación sexual, identidade de xénero e expresión de xénero.
- Colectivo trans, colectivo intersex, colectivo LGTBIQ+.
-
MARCO NORMATIVO
- Evolución do procedemento de cambio de sexo rexistral e de nome rexistral en España. Regulación xurídica actual do procedemento de cambio de sexo rexistral e de nome rexistral en España.
- Regulación xurídica actual do procedemento de cambio de sexo rexistral e de nome rexistral en España.
-
O PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA OS CAMBIOS DE NOME E DE MENCIÓN RELATIVA AO SEXO DAS PERSOAS TRANSEXUAIS, TRANSXÉNERO E INTERSEXUAIS NA USC.
- Contido do Protocolo.
- Aplicacións prácticas do Protocolo.
Carla Romero Álvarez, Avogada en exercicio